Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30193

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 494/2016).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 494/2016, seguido por instancia de María Dolores Hurtado Ventoso contra o Fogasa e Chen Jinxiao, sobre despedimento disciplinario, o Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución:

«A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Carlos Castro Álvarez, en nome e representaci6n de María Dolores Hurtado Ventoso, contra a sentenza ditada pola Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 11 de maio de 2016, no recurso de suplicación número 494/2016, interposto por María Dolores Hurtado Ventoso, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, do 11 de novembro de 2015, no procedemento n° 504/15, seguido por instancia de María Dolores Hurtado Ventoso contra Chen Jinxiao e o Fogasa; con intervención do Ministerio Fiscal, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Chen Jinxiao, en paradoiro ignorado, con último domicilio en Noia (A Coruña), expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza