Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30712

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2017 pola que se amplía o crédito para o ano 2017 para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Con data 20 de xaneiro de 2017 publicouse no DOG núm. 14 a Resolución do 29 de decembro de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e anúnciase a convocatoria para o ano 2017.

O artigo 3.1 das bases reguladoras dispón que «As subvencións obxecto desta resolución imputaranse cun crédito de 2.018.123 € á aplicación orzamentaria 04 A2 761A 760.0, proxecto 2016 00002».

Deste crédito total, 1.333.333 euros está cofinanciado nun 75 % por fondos Feader, 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e nun 17,5 % de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán comportar a subvención oportuna.

Nestes casos o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios nos que publicou a convocatoria sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

A incorporación de fondos adicionais na aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0 procedentes da reasignación de créditos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), permiten a ampliación dos fondos inicialmente previstos, sendo, ademais, necesaria esta ampliación á vista das solicitudes de axuda presentadas.

Polo exposto e en virtude das facultades conferidas:

RESOLVO:

Artigo único

Ampliar a dotación orzamentaria que se establece na Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e anúnciase a convocatoria para o ano 2017, nos seguintes importes e aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

Concepto orzamentario

Código do proxecto

Taxa cofinanciamento

Anualidade 2017

Total ampliación

04.A2.761A.760.0

2016 00002

Feader

75 %

958.053,22

1.277.404,29

Fondos propios

17,5 %

223.545,75

Ministerio de Agricultura e Pesca Alimentación e Medio Ambiente

7,5 %

95.805,32

Conforme o exposto, a dotación presupuestaria total para o financiamento desta resolución é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código do proxecto

Taxa cofinanciamento

Anualidade 2017

Total ampliación

04.A2.761A.760.0

2016 00002

Feader

75 %

1.958.053,22

3.295.527,32

Fondos propios

17,5 %

456.879,08

Ministerio de Agricultura e Pesca Alimentación e Medio Ambiente

7,5 %

195.805,02

04.A2.761A.760.0

2016 00002

Fondos propios libres

684.790

Disposición adicional única

Esta modificación orzamentaria non afecta ao prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Resolución do 29 de decembro de 2016.

Disposición última

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia