Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31244

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Resolución do 13 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento IN200A).

BDNS (identif.): 352117.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 13 de xuño de 2017, da Direccion Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento IN200A).

Cuarto. Importe

Destínase un total de 10.000,00 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

– Premio Artesanía de Galicia 2017:

Dotación de 6.000 € e trofeo acreditativo.

– Premio Traxectoria 2017:

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

– Premio Bolsa Eloy Gesto 2017:

Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iniciase a partir das 8.00 horas do 2 de novembro de 2017 e remata ás 14.30 horas do 17 de novembro de 2017.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo