Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32287

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para realizar estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se convocan para o curso 2017/18.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo das facultades que corresponden ao Estado.

A Axencia Turismo de Galicia está a levar adiante unha política de asistencia económica ás/aos estudantes do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (en diante CSHG), que queda concretada en diversas accións, co obxecto de favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a mobilidade, así como a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico dos/das estudantes que cursen as titulacións do CSHG.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de bolsas e subvencións e no establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, e ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Atendendo a estas consideracións xerais, en virtude das competencias que me foron atribuídas, e por proposta da Axencia Turismo de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), así como efectuar a súa convocatoria para o curso 2017/18.

Segundo. Solicitudes

1. Para poder ser beneficiario das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá xunto cos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 7 das bases reguladoras.

Terceiro. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) A páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://turismo.xunta.gal e a páxina web do CSHG.

b) Os teléfonos 981 54 25 19 e 981 54 25 59 do CSHG e fax número 981 54 25 90.

c) Enderezo electrónico informacion.cshg@xunta.gal

c) Presencialmente.

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención ao presentar os formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico
012@xunta.gal. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico informacion.cshg@xunta.gal

Quinto. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
das bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría
de Galicia para o curso 2017/18

Artigo 1. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto o establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2017/18, código do procedemento TU200A.

Artigo 2. Clases e contías das bolsas

1. As modalidades de bolsa, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:

Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.

Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

3. Conforme os requisitos académicos e económicos, se é o caso, as bolsas divídense en dous grupos:

A) Bolsas de matrícula.

a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.

b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.

c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma de gastronomía e xestión en cociña.

B) Bolsas de excelencia.

2 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.

Artigo 3. Solicitantes

Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2017/18.

Artigo 4. Requisitos xerais

Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:

1. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus sustentadores se encontren traballando en España. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes e queda excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.

2. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior.

3. Matricularse por primeira vez no curso para o que se pide a bolsa.

4. Non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.

5. Optar só por un tipo de bolsa (matrícula ou excelencia).

Artigo 5. Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas

1. Para ter dereito ás bolsas de matrícula serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Para as bolsas de 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.

b) Para as bolsas de diploma de gastronomía e xestión en cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), un ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.

c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta resolución.

2. Para ter dereito ás bolsas de excelencia desta resolución será necesario acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.

Artigo 6. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Anexo III debidamente cuberto e asinado.

– Certificación, que inclúa a nota media dos estudos da persoa solicitante que permitan o acceso á universidade ou tarxeta PAAU, para os que se matriculen no diploma superior en xestión hoteleira; ou do bacharelato (ou equivalente), dun ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, para os que se matriculen no diploma de gastronomía e xestión en cociña.

– Certificado municipal de convivencia.

– Copia do libro de familia.

– Declaración responsable da persoa solicitante en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar.

– Xustificante de orfandade absoluta da persoa solicitante.

– Documentación acreditativa da independencia familiar e económica.

– Título oficial de familia numerosa (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas), só no caso de que non se autorice a súa consulta ou sexa expedido por outra comunidade autónoma.

– Xustificante da condición e grao de discapacidade dos outros membros da unidade familiar expedido por outra comunidade autónoma.

– Xustificante de viuvez, estado de solteiro/a, de separación ou divorcio do/da pai/nai da persoa solicitante.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que debe presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– Consulta de datos de residencia da persoa solicitante.

– Estudos universitarios da persoa solicitante.

– Certificacións de ingresos (IRPF/datos fiscais) da persoa solicitante, maior de 18 anos, no ano 2016.

– Certificacións catastrais literais da persoa solicitante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

– Título de familia numerosa.

– Certificado de discapacidade.

8. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

9. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar ás persoas interesadas a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente, só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 8. Documentación que deben presentar e consulta de datos

1. Os interesados achegarán xunto co formulario normalizado, anexo I (TU200A), a seguinte documentación:

1.1. Para alumnos/as que inicien estudos no CSHG e soliciten bolsa de matrícula:

a) Anexo III.

b) Certificación, que inclúa a nota media dos estudos da persoa solicitante que permitan o acceso á universidade ou tarxeta PAAU, para os que se matriculen no diploma superior en xestión hoteleira; ou do bacharelato (ou equivalente), dun ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, para os que se matriculen no diploma de gastronomía e xestión en cociña.

c) Certificado municipal de convivencia.

d) Copia do libro de familia.

e) Declaración responsable do solicitante en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar.

Se procede, para os casos en que sexa necesario, incluír:

a) Xustificante de orfandade absoluta da persoa solicitante.

b) Documentación acreditativa da independencia familiar e económica

c) Xustificante da condición e grao de discapacidade dos outros membros da unidade familiar expedido por outra comunidade autónoma.

d) Título oficial de familia numerosa (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas), expedido por outra comunidade autónoma.

e) Xustificación de viuvez, estado de solteiro, de separación ou divorcio do pai ou a nai da persoa solicitante.

1.2. Para alumnos/as que inicien estudos no CSHG e soliciten bolsa de excelencia:

a) Certificación dos estudos que permitan o acceso á universidade, ou tarxeta da PAAU, que inclúa a nota media para os que se matriculen no diploma superior en xestión hoteleira.

2. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante e do resto de membros da unidade familiar maiores de 14 anos.

b) Certificado municipal de empadroamento da persoa solicitante.

c) Certificacións de ingresos (IRPF/datos fiscais) da persoa solicitante maior de 18 anos e do resto dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos, do ano 2016.

d) Certificacións catastrais literais da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar.

e) Xustificante da condición e grao de discapacidade dos outros membros da unidade familiar expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Título oficial de familia numerosa (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas), expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Xustificante de estudos universitarios da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar menores de 25 anos e residentes fóra do domicilio familiar, durante o curso 2015/16.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Selección

1. Bolsas de matrícula.

Concederáselle unha bolsa, que consistirá no desconto do importe que o/a alumno/a teña que aboar pola matrícula en réxime externo segundo o tipo (tipo I ou tipo II) da bolsa.

A ordenación e selección farase ordenando todas as solicitudes que cumpran os requisitos, segundo a puntuación obtida pola renda familiar e o seu expediente académico, ata esgotar o número de bolsas destinado para cada modalidade.

Para as seis primeiras puntuacións do diploma superior en xestión hoteleira, as bolsas serán de tipo I e de tipo II para as doce seguintes (50 %). No diploma de gastronomía e xestión en cociña serán de tipo II.

A puntuación por solicitante será o resultado de ponderar a renda familiar nun 60 % e o expediente académico nun 40 %.

A puntuación obtida da renda familiar (A) será segundo os límites de renda do punto 12 do artigo 9.

A puntuación obtida no expediente académico (B) virá dado pola fórmula: (cualificación expediente-5)×4/5.

Para o cálculo das notas do expediente:

Para 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira empregarase a cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso.

Para 1º curso de diploma de gastronomía e xestión en cociña empregarase a cualificación do expediente de bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores.

A puntuación total será o resultado da suma de A e B.

En caso de empate entre dous ou máis solicitantes, procederase ao desempate de acordo co expediente académico dos/das solicitantes afectados/as.

2. Bolsas de excelencia.

A selección farase ordenando todas as solicitudes que cumpran os requisitos, en función da nota da proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica.

A ordenación das solicitudes e a proposta de concesión realizaranse priorizando as solicitudes en atención da maior nota á menor, ata esgotar o número de bolsas destinado para esta modalidade.

Artigo 10. Límites de renda e puntuacións

1. A renda familiar obterase pola agregación das rendas do exercicio 2016 de cada un dos membros computables da familia que obteña ingresos de calquera natureza, calculadas segundo se indica nos parágrafos seguintes e de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Para a determinación da renda dos membros computables que presenten declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas procederase do seguinte xeito:

– Primeiro: sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.

– Segundo: deste resultado restarase a cota resultante da autoliquidación.

3. Para a determinación da renda dos membros computables que obteñan ingresos propios e non presentasen a declaración do IRPF seguirase o procedemento descrito no parágrafo primeiro deste punto anterior e, do resultado obtido, restaranse os pagamentos a conta efectuados.

4. Para o cálculo da renda familiar para efectos de bolsa, son membros computables da familia o pai e a nai, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, se é o caso, o/a solicitante, os irmáns solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar en 31 de decembro de 2016 ou os maiores de idade, cando se trate de persoas con discapacidade, así como os ascendentes dos pais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores co certificado municipal correspondente. No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independentes, tamén se considerarán membros computables o cónxuxe ou, de ser o caso, a persoa que se atope unida por análoga relación, así como os fillos, se os houber.

5. No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co/coa solicitante da bolsa. Terá, non obstante, a consideración de membro computable, de ser o caso, o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación cuxas rendas se incluirán dentro do cómputo da renda familiar.

6. Nos casos en que o/a solicitante alegue que é o único membro da unidade familiar, deberá acreditar con que medios económicos conta. No caso de que os ingresos acreditados resulten inferiores aos gastos soportados, considerados indispensables (vivenda, manutención, etc.), entenderase non probada a independencia, polo que para o cálculo da renda, para efectos da bolsa, computaranse os ingresos correspondentes aos membros computables da familia a que se refire o punto 5 deste artigo. De non xustificar suficientemente estes puntos, a solicitude será obxecto de denegación.

7. Achada a renda familiar para os efectos da bolsa segundo o establecido nos números anteriores, aplicaranse as deducións seguintes:

a) O 50 % de renda computable por cada un dos membros da unidade familiar distinto do sustentador principal e do seu cónxuxe.

b) 500 euros por cada irmán, incluído o/a solicitante, que conviva no domicilio familiar, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral, e 765 euros para familias numerosas de categoría especial, sempre que teñan dereito a este beneficio. Cando sexa o/a propio/a solicitante o/a titular da familia numerosa, as cantidades sinaladas serán computadas en relación cos fillos que a compoñan.

c) 1.811 euros por cada irmán ou fillo do solicitante ou propio solicitante que estea afectado de discapacidade, legalmente cualificada, de grao igual ou superior ao 33 %. Esta dedución será de 2.881 euros cando a discapacidade sexa de grao igual ou superior ao 65 %.

d) 1.176 euros por cada fillo menor de 25 anos que curse estudos universitarios e resida fóra do domicilio familiar, cando sexan dous ou máis os fillos estudantes con residencia fóra do domicilio familiar por razón de estudos universitarios.

e) Incrementaranse os límites de renda media por membro da unidade familiar aplicables nun 20 % cando o/a solicitante sexa orfo/a absoluto/a.

8. A bolsa solicitada será denegada no caso de que a renda media por membro da unidade familiar sexa superior a 14.273 euros.

9. A bolsa solicitada será denegada cando as actividades económicas das que sexan titulares os membros computables da familia teñan un volume de facturación, en 2015, superior a 155.500 euros. Para os efectos do cómputo do dito valor de volume de facturación, deducirase o 50 % do valor dos que pertenzan a calquera membro computable da familia, excluídos os sustentadores principais.

10. Denegarase a bolsa, calquera que sexa a renda familiar calculada segundo o disposto nos artigos anteriores, cando o valor dos elementos indicativos do patrimonio do conxunto de membros computables da familia supere algún ou algúns dos limiares seguintes:

a) A suma dos valores catastrais dos predios urbanos que pertenzan aos membros computables da familia, excluída a vivenda habitual, e aqueles bens que se atopan afectos a actividades económicas realizadas por calquera dos membros computables da unidade familiar, non poderá superar 42.500 euros.

b) A suma dos valores catastrais dos predios rústicos que pertenzan aos membros computables da familia non poderá superar 13.130 euros por cada membro computable.

c) A suma dos rendementos netos reducidos do capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais pertencente aos membros computables da familia, excluíndo as subvencións recibidas para adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual e, no seu caso, a renda básica de emancipación non poderá superar 1.700 euros.

d) Cando sexan varios os elementos indicativos do patrimonio descritos nos puntos anteriores de que dispoñan os membros computables da familia, calcularase a porcentaxe de valor de cada elemento respecto do límite correspondente. Denegarase a bolsa cando a suma das referidas porcentaxes supere 100.

e) Para os efectos do cómputo do valor dos elementos a que se refiren os parágrafos anteriores, deducirase o 50 % do valor dos que pertenzan a calquera membro computable da familia, excluídos os sustentadores principais.

11. A renda media por membro da unidade familiar puntuarase seguindo os seguintes tramos:

Renda media por membro da unidade familiar (en euros)

Puntuación

14.273 ou máis

Excluído

13.831 a 14.272

0

13.389 a 13.830

0,25

12.948 a 13.388

0,5

12.506 a 12.947

0,75

12.065 a 12.505

1

11.623 a 12.064

1,25

11.183 a 11.622

1,5

10.741 a 11.182

1,75

10.300 a 10.740

2

9.858 a 10.299

2,25

9.417 a 9.857

2,5

8.975 a 9.416

2,75

8.534 a 8.974

3

8.093 a 8.533

3,25

7.651 a 8.092

3,5

7.211 a 7.650

3,75

6.769 a 7.210

4

6.328 a 6.768

4,25

5.886 a 6.327

4,5

5.445 a 5.885

4,75

5.003 a 5.444

5

4.562 a 5.002

5,25

4.120 a 4.561

5,5

3.679 a 4.119

5,75

0 a 3.678

6

Artigo 11. Ingresos e gastos. Modelo de declaración responsable

No caso de que non exista información en poder das administracións tributarias da persoa solicitante e dos compoñentes da súa unidade familiar, é necesario realizar unha declaración responsable en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar, incluíndo ademais unha relación de bens mobles e inmobles, xunto cun extracto cos saldos medios mensuais de contas bancarias que posúan os membros da unidade familiar. Esta declaración responsable achegarase xunto coa solicitude (anexo II).

Artigo 12. Transparencia e bo goberno

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 13. Compatibilidade con outras axudas

As bolsas reguladas ao abeiro desta resolución son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

O importe das bolsas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da matrícula do curso solicitado.

Artigo 14. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Turismo de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia Turismo de Galicia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: A Barcia, estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a secretaria.turismo@xunta.gal

Artigo 15. Órganos competentes

A Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da bolsa e correspónde á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia ditar a resolución de concesión.

Artigo 16. Instrución

1. Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, determinarase se reúnen os requisitos establecidos nestas bases para logo expoñer as listas das solicitudes admitidas e excluídas con indicación das causas de exclusión nos taboleiros de anuncios do CSHG. Así mesmo, estas listas tamén poderán ser consultadas na epígrafe de «Titulacións-bolsas e financiamento» do enderezo www.cshg.es

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o/a interesado/a para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderáselle requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 17. Comisión avaliadora

1. A selección dos candidatos será realizada por unha comisión avaliadora integrada por:

Presidente/a: a persoa titular da Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

Secretario/a: a persoa titular do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, que actuará como membro do órgano con voz e voto.

Vogais:

A persoa titular do Departamento de Coordinación Académica do CSHG.

Un/unha asesor/a técnico/a da Axencia Turismo de Galicia.

A persoa titular do Departamento de Márketing do CSHG.

2. Se por calquera causa, no momento en que a comisión avaliadora teña que examinar as solicitudes, algún dos compoñentes non puider asistir, será substituído/a pola persoa que para o efecto nomee a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

3. A Comisión elaborará a acta das súas deliberacións e redactará un informe en que constará:

– A relación de bolsas propostas para as modalidades de matrícula e de excelencia para cada unha das titulacións, de conformidade cos criterios de valoración fixados nestas bases.

– A lista de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia dalgunha delas, por orde de puntuación, segundo as modalidades de bolsas reguladas nestas bases e para cada titulación.

Á vista do informe da comisión avaliadora o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional debidamente motivada, na cal se detallarán as bolsas concedidas, o importe e os beneficiarios, así como as listas de reserva. Esta proposta publicarase na internet, na epígrafe de «Titulacións-bolsas e financiamento» do enderezo www.cshg.es, así como no taboleiro de anuncios do CSHG, e os/as interesados/as poderán formular alegacións nun prazo de 10 días, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Resolución e notificación

1. Examinadas as alegacións, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución definitiva e elevaralla á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

2. A persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, á vista da proposta de resolución, ditará no prazo de 15 días desde a súa elevación a correspondente resolución motivada, que será notificada de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As solicitudes rexeitadas notificaranse individualmente, con indicación das causas da desestimación.

3. O prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta resolución será de cinco meses, contados a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, os interesados poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa e, en todo caso, a obtención concorrente de bolsas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de conformidade cos requisitos establecidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado nos termos previstos no artigo 17.

3. Cando o beneficiario da bolsa poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da bolsa, que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, e ao terse omitido o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da bolsa poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa en contra, se entenderá tacitamente aceptada.

2. A renuncia á bolsa poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo IV, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da citada lei.

3. No caso de que os/as beneficiarios/as non acepten a bolsa, serán substituídos/as polas persoas que figuren na correspondente listaxe de reserva en función da súa puntuación.

Artigo 21. Aboamento e xustificación das bolsas

Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia o/a beneficiario/a poderá descontar dos prezos da matrícula o tipo de bolsa que lle foi concedido.

Artigo 22. Obrigas dos/das solicitantes e beneficiarios/as

Os/as solicitantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios/as de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indicado no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007.

O alumnado que resulte beneficiario destas bolsas comprométese ao cumprimento do establecido nesta convocatoria e na súa resolución, así como a cumprir as seguintes obrigas:

a) Seguir durante o curso académico, con carácter presencial, os estudos en que estea matriculado e non anular a matrícula.

b) Cumprir os requisitos e condicións establecidos para a concesión e gozo da bolsa.

c) Cooperar coa Administración nas actuacións de comprobación que sexa necesario verificar, se procede, do cumprimento e da efectividade das condicións determinantes da concesión da bolsa.

d) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias alegadas na solicitude ou na declaración responsable e de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Axencia Turismo de Galicia.

e) Comunicar á Axencia Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien o custo da matrícula solicitada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da bolsa.

f) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das bolsas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Comunicar por escrito a renuncia á bolsa no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.

h) Subministrar á Axencia Turismo de Galicia, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento pola Axencia Turismo de Galicia das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 23. Duración das bolsas e renovación

a) A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a ao/á que lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido nalgunha das dúas modalidades de bolsa.

b) As bolsas de matrícula concédense durante a totalidade dos cursos dos que se compón a titulación para a que foi concedida, sempre que non exista unha variación substancial da situación económica e o/a alumno/a cumpra os requisitos para o seu mantemento. Enténdese que existe unha variación substancial cando a situación económica en cada un dos anos fiscais seguintes á concesión da bolsa supere en 6.000 euros ou máis a renda media establecida para obter bolsa este ano.

c) Os/as solicitantes que aspiren á renovación da bolsa de matrícula deberán presentar:

1. Certificacións de ingresos (IRPF/datos fiscais) da persoa solicitante maior de 18 anos, no ano 2016, só no caso de que se denegue expresamente o consentimento ao órgano xestor para solicitar as certificacións dos ingresos que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia.

2. Certificacións de ingresos (IRPF/datos fiscais) do resto dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos, no ano 2016, só no caso de que non se autorice a súa consulta no anexo III.

3. Certificado municipal de empadroamento actualizado da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta no anexo II.

4. Certificado municipal de convivencia.

Así mesmo, deberán presentar certificado de empadroamento actualizado, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, para efectos de confirmar que non se produciron variacións no número de integrantes computables da unidade familiar. Téñase en conta que esta documentación deberá ser presentada obrigatoriamente por todos os membros computables da unidade familiar que o 31 de decembro de 2016 teñan unha idade igual ou superior a 18 anos.

d) Os/as alumnos/as beneficiarios da concesión dunha bolsa de matrícula non poderán solicitar un cuarto individual na residencia de estudantes do centro.

e) As bolsas de excelencia académica concederanse pola totalidade dos cursos de que se compoña a titulación para a que foi concedida, sempre e cando o/a alumno/a cumpra os requisitos para o seu mantemento no curso seguinte. O/a alumno/a deberá obter unha media no curso anterior, igual ou superior nun 20 % á nota media ponderada da súa promoción ou curso.

f) A concesión da bolsa para unha titulación non supón, en ningún caso, o seu mantemento se desexa iniciar unha titulación diferente. Non terán dereito á bolsa os/as alumnos/as que desexen matricularse no curso de validación do diploma de gastronomía e xestión en cociña.

g) O/a alumno/a que obteña unha bolsa para cursar unha titulación do CSHG e que, non tendo finalizados os cursos dos que se compón esta, desexe iniciar outra titulación diferente, perdería os dereitos da bolsa que estivo gozando.

h) O/a alumno/a que cause baixa voluntaria implicará a perda da bolsa para reiniciar ese curso e cursar os seguintes.

i) O/a alumno/a que acumule dúas ou máis sancións por faltas graves ou unha moi grave poderá perder a bolsa.

j) A cualificación de stage incompleto ou insatisfactorio supón a perda da bolsa.

k) A non entrega da documentación exixida para acreditar a situación económica e patrimonial da unidade familiar ou a presentación fóra do prazo establecido será motivo de exclusión.

Artigo 24. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Artigo 25. Remisión normativa

É de aplicación o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file