BDNS (identif.): 352774.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiario
Poderá solicitar estas bolsas o alumnado que reúna os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teña feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) para o curso 2017/18.
Segundo. Obxecto
Establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para o alumnado que curse as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) para o curso 2017/18.
1. As modalidades de bolsa alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.
2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
3. Conforme os requisitos académicos e económicos, se é o caso, as bolsas divídense en dous grupos:
A) Bolsas de matrícula.
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de elaboración e xestión en cociña.
B) Bolsas de excelencia.
2 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para realizar estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se convocan para o curso 2017/18.
Cuarto. Importe
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Sexto. Aboamento e xustificación
Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, o/a beneficiario/a poderá descontar dos prezos da matrícula o tipo de bolsa que lle foi concedido.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia