Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36967

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. Programa de fomento da contratación por conta allea.

BDNS (identif.): 358009.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas e empregadores, con centros de traballo en Galicia, que realicen unha contratación indefinida inicial, unha contratación temporal ou unha transformación en indefinido dun contrato temporal subvencionado ao abeiro deste programa con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Segundo. Obxecto

Incentivar a contratación por conta allea que ten por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse tres millóns catrocentos oitenta e dous catrocentos vinte e catro euros (3.482.424 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral de presentación de solicitudes para o Programa II regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria