Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38141

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2017 pola que se amplía o prazo máximo de execución dos proxectos no exercicio 2017 e o prazo para a solicitude de anticipo establecidos na Resolución do 16 de febreiro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 1 de marzo de 2017, publicouse a Resolución do 16 de febreiro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).

No punto cuarto do Resolvo establécese tanto que, para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 15 de setembro de 2017, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 29 de setembro de 2017 como que para aqueles proxectos que prevexan anticipo do 60 % do importe da axuda, o beneficiario deberá presentar a solicitude de anticipo como máximo o 31 de agosto de 2017 para o exercicio 2017 e como máximo o 31 de marzo de 2018 para o exercicio 2018.

Dado que está pendente a resolución da convocatoria e a proximidade do prazo máximo establecido para a solicitude do anticipo en 2017 faise preciso ampliar ambos os prazos.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Artigo 1

Ampliar o prazo máximo de execución dos proxectos para o exercicio 2017 ata o 15 de novembro de 2017 e o prazo máximo para presentar a solicitude de cobramento ata o 29 de novembro de 2017; e para aqueles proxectos que prevexan anticipo do 60 % do importe da axuda, ampliar o prazo para presentar a solicitude de anticipo como máximo ata o 30 de outubro de 2017 para o exercicio 2017 e como máximo ata o 31 de maio de 2018 para o exercicio 2018, previstos no punto cuarto do Resolvo da Resolución do 16 de febreiro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica