Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40546

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 11 de agosto de 2017 pola que que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación de persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores.

BDNS (Identif.): 359761.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias, por medio desta experiencia piloto, as empresas pertencentes aos sectores da Industria 4.0 e agroalimentario que estean interesadas en colaborar coa dita experiencia para acollerse a unha liña de axuda de contratación e formación no mesmo posto de traballo. A conformidade de participación manifestarase na mesma solicitude. Estas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, deben contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a experiencia piloto dun programa de contratación xuvenil nos sectores de actividade vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario.

Por medio desta convocatoria, as empresas que soliciten participar nesta experiencia piloto terán a posibilidade de obter axudas para a formación e contratación por conta allea de persoas mozas como parte deste programa piloto de contratación xuvenil.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de agosto de 2017 pola que que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación de persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores.

Cuarto. Importe da orde de convocatoria

Para os contratos formalizados ata o 30 de setembro de 2017 o importe é de 1.500.000 euros.

Para os contratos formalizados desde o 1 de outubro de 2017 ata o 15 de decembro de 2017 o importe é de 2.000.000 euros, con cargo ao orzamento da Comunidade Autónoma para o ano 2018.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

As solicitudes de participación neste programa piloto, así como os bonos de contratación e formación, deberanse presentar no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.

O prazo de presentación rematará o 15 de decembro 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria