Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41833

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 19 de abril).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de cincuenta e catro mil cento setenta e sete euros e vinte e seis céntimos (54.177,26 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020, do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

Pontevedra, 23 de agosto de 2017

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO
Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación
das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2017

CIF

Entidade beneficiaria

Líña

Importe concedido

G36380301

Asociación Diagnosticados Cancro Mama (Adicam)

Liña 1

3.000,00 €

G27826999

Asociación de Empresarias de Galicia

Liña 1

3.000,00 €

G36837433

Asociación Mulleres Pedra da Vella

Liña 1

3.000,00 €

G36258903

Asociación Mulleres do Municipio de Silleda

Liña 1

2.170,00 €

G36212959

Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois

Liña 1

1.925,00 €

G36261030

Asociación Mulleres Rurais de Camanzo

Liña 1

2.145,00 €

G36657336

Asociación Mulleres Progresistas de Vigo

Liña 1

3.000,00 €

G36228054

Asociación Mulleres Rurais O Borrizos

Liña 1

1.350,00 €

G36454163

Asociación Mulleres Rurais de Loño

Liña 1

2.100,00 €

G36470458

Asociación de Mulleres Rurais de Sabrexo

Liña 1

2.040,00 €

G36462273

Asociación Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes

Liña 1

2.010,00 €

G36451904

Asociación de Mulleres Rurais A Fátima

Liña 1

1.790,00 €

G36519957

Asociación de Mulleres Rurais A Bugineiras de Nigoi

Liña 1

1.968,00 €

G36522795

Asociación Mulleres Rurais Tabeirós

Liña 1

2.035,00 €

G36599603

Asociación Mulleres Rurais Fervenza do Castelo

Liña 1

1.965,00 €

G36362598

Asociación Mulleres Rurais de Lagartóns

Liña 1

1.810,00 €

G36451912

Asociación Mulleres Rurais A Purísima

Liña 1

2.055,00 €

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

Liña 2

3.000,00 €

G36250512

Asociación Mulleres o Agarimo do Deza

Liña 2

1.480,00 €

G36426625

Asociación Sociocultural Malvela

Liña 2

1.700,00 €

G36222339

Asociación Mulleres Rurais de Codeseda

Liña 2

1.665,00 €

G36528826

Asociación Mulleres Sta. Clara de Ancorados

Liña 2

1.625,00 €

G36505451

Asociación de Mulleres Rurais Santa Cruz de Piloño

Liña 2

1.550,00 €

G27712306

Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo

Liña 2

3.000,00 €

G27728658

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

Liña 2

2.794,26 €