Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41836

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto de 2017, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 38778, no artigo 27.1, onde di: «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante», debe dicir: «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante. Se a persoa solicitante é xurídica, NIF da empresa».

En consecuencia, modifícase tamén o anexo I-A.

Na páxina 38785, no artigo 34.5, onde di: «Para o cálculo do incremento do cadro de persoal neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba», debe dicir: «Para o cálculo do incremento do cadro de persoal neto non se computarán as persoas traballadoras cun contrato temporal cuxas baixas se producisen por propia vontade da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba».

De acordo co exposto, modifícase o anexo II-C para corrixir as causas de baixa que constan no mesmo.

Na páxina 38785, no artigo 34.6, onde di: «Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba», debe dicir: «Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba».

Na páxina 38790, no artigo 38.1, onde di: «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante», debe dicir: «Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas: a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante. Se a persoa solicitante é xurídica, NIF da empresa».

Así mesmo, modifícase tamén o anexo II-A.

Por mor do anterior, modifícanse os anexos II-B e II-D para corrixir as causas de baixa que constan neles.