Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (554/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 554/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Méndez García contra Servicios y Mantenimientos 2013, S.L. sobre reclamación de cantidade -P. ordinario, ditouse sentenza aclarada, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda formulada por José Ramón Méndez García contra Servicios y Mantenimientos 2013, S.L., e condeno a demandada a que aboe a cantidade de 3.007,30 € por diferenzas salariais e 563,3 € por vacacións á parte demandante polos conceptos reclamados no presente litixio, cos xuros moratorios do artigo 29 do ET».

Así o pronuncio, mando e asino.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Servicios y Mantenimientos 2013, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza