Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (657/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 657/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Salvador Manuel González Tuñas contra Rutas Coruña, S.L. e Fogasa sobre reclamación de cantidade -P. ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Salvador Manuel González Tuñas, contra a entidade Rutas Coruña, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Rutas Coruña, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 3.557,29 € brutos por diferenzas salariais e salarios percibidos entre setembro de 2015 e maio de 2016, e a compensación económica polas vacacións non gozadas, no ano 2016, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €».

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rutas Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza