Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (221/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 221/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Iglesias Mallo contra SS Fernández Concesionario, S.L., con citación do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza co número 376/2017 o 1 de setembro cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 221/2015, seguidos por instancia de Rubén Iglesias Mallo, representado e asistido polo letrado Sr. Carballo Calvar, contra SS Fernández Concesionario, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, sendo citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome da súa maxestade o rei, dito a presente sentenza, con base nos seguintes:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Rubén Iglesias Mallo contra SS Fernández Concesionario, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 4.655,28 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais, que comportan 3.146,58 euros, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización, que comporta 1.508,70 euros, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza