Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47363

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se modifica a composición da Mesa de Contratación Permanente.

O artigo 320 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, establece que corresponde ao órgano de contratación nomear os membros da Mesa de Contratación.

O artigo 21.4 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público, establece que a designación dos membros da Mesa de Contratación se poderá facer con carácter permanente ou de maneira específica para a adxudicación de cada contrato. Se é permanente, a súa composición deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Para dar cumprimento ao citado Real decreto 817/2009, publicouse o día 3 de xuño de 2013 (DOG núm. 104) a Resolución do 8 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, onde se facía pública a composición e as funcións da Mesa de Contratación Permanente da Xestión Integrada de Vigo.

Con data do 31 de marzo de 2017 publicouse no DOG núm. 64 o Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, que no seu artigo 18.2.2 asigna a función de asistencia ás mesas de contratación ás xefaturas de servizo de auditoría de cada unha das estruturas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde e, de ser o caso, propoñer un funcionario que o substitúa.

En consecuencia, esta xerencia, actuando como órgano de contratación en virtude das competencias delegadas no artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e en aplicación do previsto nos artigos 320 do TRLCSP e 21.4 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio,

ACORDA:

Primeiro. Modificar a Resolución do 8 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se establece e se fai pública a composición e as funcións da Mesa de Contratación Permanente, na súa epígrafe primeira «Composición da Mesa de Contratación», onde se substitúe: «Un interventor da Intervención Territorial da Consellería de Facenda, un subdirector de Recursos Económicos» por «O xefe do Servizo de Auditoría da Xestión Integrada de Vigo ou funcionario que o substitúa, un subdirector de Recursos Económicos ou persoa en quen delegue».

Na epígrafe terceira modifícase: «O capítulo II, título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común» por: «A sección 3ª do capítulo II do título preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público».

Segundo. Publicación e data de efectos

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de setembro de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo