Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47359

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2017 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenio de colaboración subscrito por Augas de Galicia durante
o segundo cuadrimestre do ano 2017

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Primeira addenda ao acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade, a través do Laboratorio de Saúde Pública, para o control da calidade das augas subterráneas dentro do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

Reaxustar a distribución de anualidades do acordo ao ritmo previsto de realización dos traballos

Non supón incremento económico sobre o acordo inicial

29.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cervo para a execución de actuación de renovación da rede de abastecemento de auga potable na urbanización Riocovo, Cervo (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Lobios para a execución da actuación de mellora do abastecemento en Lobios (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ortigueira para a execución da actuación de saneamento e depuración no Baleo, concello de Ortigueira (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Sober para a execución da actuación de saneamento e depuración en Ferrón, A Igrexa e O Pinar, concello de Sober (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cedeira para a execución da actuación de mellora do saneamento de Cedeira (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a execución da actuación de mellora do saneamento da parroquia de Tenorio, concello de Cotobade (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o concello de Coirós para a execución da actuación da nova rede de saneamento en puntos do rural do Concello de Coirós (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Paradela para a execución da actuación de captación e redes de distribución das parroquias de Cortes e San Juan de Loio, concello de Paradela (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Friol para a execución de actuación de abastecemento de auga ao núcleo de Prado, concello de Friol (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

30.5.2017

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Monterrei para a execución da actuación de mellora no pozo de bombeo de augas residuais en Vilaza, concello de Monterrei (Ourense)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do pozo de bombeo de augas residuais de Vilaza, concello de Monterrei (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

58.150,00

1.6.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o concello da Gudiña para a execución da actuación de abastecemento da Gudiña, concello da Gudiña (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

7.6.2017

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Veiga para a execución das actuacións de melloras de abastecemento e saneamento en diferentes núcleos rurais do concello da Veiga, concello da Veiga (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Reducir o importe do convenio e o prazo de vixencia e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Supón unha redución económica sobre o convenio inicial de 12.400,00 €

29.6.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Peroxa para a execución da actuación de saneamento e depuración en Toubes e Cinco Nogueiras, concello da Peroxa (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

7.7.2017

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Tordoia para a execución da actuación de saneamento no Castro, Bardaos, concello de Tordoia (A Coruña)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento no Castro, Bardaos, concello de Tordoia (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

60.500,00

11.7.2017

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Melide para a execución da actuación de mellora do saneamento na parroquia de Santa María, concello de Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

13.7.2017

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do concello de Ferrol

Determinar as condicións que rexerán a encomenda de xestión para a explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración das instalacións descritas no convenio

Sen custo económico

1.8.2017

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Fundación Ingeniería Civil de Galicia (FICG) para a realización dunha estratexia de internacionalización e consolidación da presenza no exterior do sector galego da auga

Ampliar o orzamento e o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das actividades

80.955,00

8.8.2017

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a execución da actuación de mellora da rede de saneamento na rúa San Lázaro en Mondoñedo, concello de Mondoñedo (Lugo)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da rede de saneamento na rúa San Lázaro en Mondoñedo, concello de Mondoñedo (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

25.898,95

31.8.2017

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Aranga para a execución da actuación de saneamento do sector industrial, solo urbanizable de tipo industrial 2 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Aranga (A Coruña)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento do sector industrial SUBle-I2 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Aranga (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

60.474,37

31.8.2017