Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria, da obra coa clave AC/17/100.30.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: + 981 54 49 86.

5º. Telefax: + 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http//:www.contratosdegalicia.gal/ (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, proxecto e soporte dixital na copistaría CopyNino; rúa dos Feáns, nº 19, e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña. Teléfono +34 981 58 89 38.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: novo centro de saúde do Milladoiro.

Clave do expediente: AC/17/100.30. (E/041/2017).

Orzamento base de licitación: 2.243.054,01 € (IVE excluído). IVE: 471.041,34 €. Importe total: 2.714.095,35 €.

Prazo de execución: 17 meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http//:www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=206486 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Véxase a epígrafe H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo I.2 A) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura do sobre B e do sobre C: terá lugar na data e hora que serán anunciadas no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/ con dous días hábiles de antelación ao da realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo hai que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/.

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: serán conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas