Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (148/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de compostela, fago saber que no procedemento ordinario 148/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Lorena Couto Cerqueira contra a empresa Protección Castellana, S.L.U., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 148/2015, seguidos por instancia de Lorena Couto Cerqueira, asistida polo letrado Pedro Blanco Lobeiras, contra a entidade Protección Castellana, S.L.U., e Fogasa que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade.

Decido:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Lorena Couto Cerqueira, asistida polo letrado Pedro Blanco Lobeiras, contra a entidade Protección Castellana, S.L.U., e Fogasa que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 674,29 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Protección Castellana, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza