Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de información pública do expediente expropiatorio do IES Agra de Leborís.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 10 de agosto de 2017, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para os efectos da obtención dos terreos afectados polo Plan especial de ampliación de dous equipamentos educativos na actuación denominada Ampliación das instalacións do IES Agra de Leborís, na Laracha, parroquia de Torás, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, cos documentos sinalados no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 292 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 22 de setembro de 2017

José Manuel López Varela
Alcalde