Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 51044

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da modificación número 6 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da corporación, na sesión extraordinaria do 31.8.2017, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número seis do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Laracha para a recualificación de dúas parcelas dotacionais contida no proxecto redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L., e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado, por un prazo máximo de dous anos, que se extinguirá, en todo o caso, coa aprobación definitiva da modificación conforme o artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, desenvolvido polo artigo 86.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e expoñer e publicar o resumo executivo da súa delimitación, segundo o disposto no artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, desenvolvido no artigo 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Lugar de exposición do expediente: Servizo Municipal de Urbanismo (segundo andar da casa do concello).

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 22 de setembro de 2017

José Manuel López Varela
Alcalde

ANEXO

Ámbito de suspensión de licenzas

missing image file

missing image file

Parcela con referencia catastral 1865905NH3916N e parcela con referencia catastral 865904NH3916N