Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16495

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Advertidos erros na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 12 de febreiro de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 9621, no número 1 do artigo 23, onde di: «... nas alíneas a) e b) do artigo 2, ...», debe dicir: «... nos números 1 e 2 do artigo 2, ...».

Na páxina 9627, no número 2 do artigo 32, onde di: «... e finalizará cando remate o prazo de presentación da solicitude única do seguinte ano», debe dicir: «... e finalizará o 31 de maio de 2018».

Na páxina 9658, no anexo III (Zonas de concentración parcelaria en que se admiten referencias identificativas correspondentes a planos de concentración) engádense as seguintes zonas:

Provincia

Concello

Código zona

Nome da zona

15

A Coruña

26

Oza-Cesuras

3

Filgueira de Traba

15

A Coruña

80

Santiso

7

Visantoña