Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16496

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

A disposición adicional décimo segunda, punto 1, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.

O título III do citado Real decreto 276/2007, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, regula o sistema de ingreso, o título IV os accesos entre os corpos de funcionarios docentes, e o título V, o procedemento de adquisición de novas especialidades.

Aprobada polo Decreto 29/2018, do 22 de febreiro (DOG núm. 51, do 13 de marzo), a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.

– Convocatoria do procedemento de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

– Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional.

– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres.

TÍTULO I
Procedementos de ingreso e acceso

Base primeira. Normas xerais

1.1. Prazas convocadas.

Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 1.050 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 30 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, 160 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional e 705 prazas no corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (código de procedemento ED001A), coa desagregación por especialidades e quendas que a seguir se indican:

Ingreso
Corpo de profesores de ensino secundario

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

004

Lingua Castelá e Literatura

5

70

75

005

Xeografía e Historia

5

60

65

006

Matemáticas

11

142

153

007

Física e Química

5

83

88

008

Bioloxía e Xeoloxía

4

56

60

011

Inglés

4

46

50

018

Orientación Educativa

3

32

35

019

Tecnoloxía

5

60

65

053

Lingua Galega e Literatura

5

70

75

108

Intervención Sociocomunitaria

1

19

20

110

Organización e Xestión Comercial

2

23

25

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

1

14

15

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

1

14

15

118

Procesos Sanitarios

2

20

22

125

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

2

23

25

Total

56

732

788

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

203

Estética

1

19

20

205

Instalación e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos

1

19

20

216

Operacións e Equipamentos de Produción Agraria

1

17

18

219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

1

15

16

220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

3

37

40

221

Procesos Comerciais

2

22

24

226

Servizos de Restauración

2

20

22

Total

11

149

160

Corpo de mestres

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

031

Educación Infantil

8

102

110

032

Lingua Estranxeira: Inglés

4

46

50

033

Lingua Estranxeira: Francés

4

46

50

034

Educación Física

4

51

55

035

Música

2

33

35

036

Pedagoxía Terapéutica

5

70

75

037

Audición e Linguaxe

6

84

90

038

Educación Primaria

17

223

240

Total

50

655

705

Acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1
Corpo de profesores de ensino secundario

Código/especialidade

A2- A1

Reserva persoas con discapacidade A2-A1

Total

004

Lingua Castelá e Literatura

23

2

25

005

Xeografía e Historia

20

2

22

006

Matemáticas

48

4

52

007

Física e Química

27

2

29

008

Bioloxía e Xeoloxía

20

1

21

011

Inglés

17

1

18

018

Orientación Educativa

11

1

12

019

Tecnoloxía

20

2

22

053

Lingua Galega e Literatura

21

2

23

108

Intervención Sociocomunitaria

6

6

110

Organización e Xestión Comercial

7

1

8

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

5

5

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

5

5

118

Procesos Sanitarios

6

6

125

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

7

1

8

Total

243

19

262

Acceso desde o subgrupo A1 ao subgrupo A1
Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Código/especialidade

A1-A1

Reserva persoas con discapacidade A1-A1

Total

011

Inglés

28

2

30

Total

28

2

30

Os códigos dos corpos son os seguintes:

Mestres: 0597.

Profesores de ensino secundario: 0590.

Profesores técnicos de formación profesional: 0591.

Profesores de escolas oficiais de idiomas: 0592.

1.2. Normativa aplicable.

A estes procedementos selectivos seranlles de aplicación a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa; o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea; o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei; o Decreto 29/2018, do 22 de febreiro (DOG núm. 51, do 13 de marzo), polo que se aproba a oferta de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; o Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social; a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta convocatoria.

1.3. Lugares de realización das probas para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores técnicos de formación profesional.

As probas selectivas que se convocan para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores técnicos de formación profesional terán lugar nas localidades que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

1.4. Lugares de realización das probas para o corpo de mestres.

As probas selectivas que se convocan para o corpo de mestres terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sen prexuízo de que non se realicen probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas, en función do número de solicitantes. Na resolución pola cal se nomeen os tribunais sinalarase a localidade ou localidades en que se deberán realizar as probas.

O feito de matricularse nunha provincia determinada e superar o proceso selectivo non lle atribúe ao persoal aspirante un dereito a ser destinado nela, senón que, unha vez ingresado e chamado a exercer, a Administración educativa poderao destinar, dentro da comunidade autónoma, a calquera provincia, de acordo co procedemento de adxudicación de destinos de carácter provisional e as normas que regulan o concurso de traslados.

Cando se nomeen tribunais en máis dunha provincia, os tribunais números 1 de cada especialidade recaerán nas localidades de Pontevedra ou Vigo.

1.5. Criterios de distribución do persoal aspirante aos tribunais.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a distribución do persoal aspirante de cada especialidade, cando sexa o caso, en proporción ao número de tribunais, respectando, no caso de mestres e sempre que sexa posible, a localidade que o citado persoal consignase na súa solicitude de participación. A asignación de aspirantes por tribunal iniciarase polo persoal aspirante cuxo primeiro apelido se inicie pola letra G e, de ser necesario, polas letras inmediatamente seguintes.

Cando non sexa posible a localidade solicitada, será asignado a outra localidade o persoal aspirante cuxo primeiro apelido se inicie pola letra G e, de ser necesario, polas letras inmediatamente seguintes.

Sen prexuízo do establecido na base 7.2, o persoal aspirante pola quenda de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 e de ingreso pola reserva de discapacidade poderá ser asignado a un tribunal específico ou ao tribunal número 1 da especialidade correspondente.

O persoal aspirante polo procedemento de adquisición doutra especialidade poderá ser distribuído entre todos os tribunais dunha mesma especialidade.

1.6. Asignación de prazas aos tribunais.

Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal as prazas da quenda libre e, se é o caso, as que queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade do sistema de ingreso serán atribuídas a cada tribunal por resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos en proporción ao número de aspirantes das quendas libres que acudiron ao acto de presentación establecido na base 10.7 da presente orde e, se é o caso, aspirantes da quenda da reserva de persoas con discapacidade que superaron a fase de oposición e non entraron na lista de persoas aprobadas do concurso-oposición por esta quenda. De existir empate nos restos dos cocientes, a adxudicación das prazas iniciarase polo tribunal que resulte do sorteo que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, de ser necesario, os seguintes.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade da quenda A2-A1 acumularanse ás prazas xerais da quenda A2-A1.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda A2-A1 non se acumularán á quenda libre.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade da quenda A1-A1 acumularanse ás prazas xerais da quenda A1-A1.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda A1-A1 non se acumularán á quenda libre.

Base segunda. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante

Para ser admitido aos procesos selectivos convocados nesta orde, o persoal aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ter nacionalidade española ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.

Así mesmo, poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do/da cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

b) Ter feitos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación forzosa.

c) Posuír as titulacións que, para cada corpo, se especifican nesta base. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 967/2014, do 21 de novembro (BOE do 22 de novembro), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE, do Consello, de 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro).

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.

e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

f) Non ter antecedentes no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira a ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade a cal se refire o título II desta orde, no cal o persoal funcionario de carreira poderá participar.

h) Acreditar o coñecemento do galego.

i) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.

2.2. Requisitos específicos para participar no procedemento de acceso.

2.2.1. Ao corpo de profesores de ensino secundario, ás prazas reservadas para o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2.

a) Posuír a titulación que para o ingreso no corpo se exixe no punto 2.3.1.a) desta convocatoria.

b) Ter prestado, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, servizos no seu corpo de orixe durante un mínimo de seis anos como persoal funcionario.

2.2.2. Ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, as prazas reservadas para o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A1.

a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.

b) Ser persoal funcionario de carreira dun dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, clasificado no subgrupo A1, nivel de complemento de destino 24.

2.3. Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre, que inclúe a quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade.

2.3.1. Para o corpo de profesores de ensino secundario.

Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:

a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, nas especialidades de Tecnoloxía, Intervención Sociocomunitaria, Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos, Organización e Xestión Comercial, Procesos Sanitarios e Sistemas Electrotécnicos e Automáticos serán admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan unha das titulacións que se relacionan no anexo VIII da presente orde.

b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirá este requisito quen posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.

– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivese cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

2.3.2. Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional.

a) Posuír o título de doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente, ou título de diplomatura universitaria, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia, ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades de Estética e de Servizos de Restauración serán admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, posúan unha das titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia que se relacionan no anexo IX da presente orde.

Así mesmo, o título de técnico superior ou de técnico especialista declárase equivalente aos exixidos para o ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional cando a persoa titulada exercese como persoal interino en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, na especialidade docente á cal pretenda acceder e durante un período mínimo de dous anos antes do 31 de agosto de 2007.

b) Posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirá este requisito quen posúa o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Nas especialidades de Estética e Servizos de Restauración, aquelas persoas que, por razóns da súa titulación, non poidan acceder aos estudos de máster a que se refire o Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, deberán acreditar a formación equivalente á formación pedagóxica e didáctica regulada pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro, modificada pola Orde ECD/1058/2013, do 7 de xuño.

Estará dispensado da posesión do citado título ou, cando sexa o caso, da formación equivalente ao máster de Formación Pedagóxica e Didáctica o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

– Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de aptitude pedagóxica ou o certificado de cualificación pedagóxica.

– Posuír o título de mestre/a, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a de ensino primario, licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivese cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

Ademais, nas especialidades de Estética e de Servizos de Restauración estarán dispensados da posesión do citado título aquelas persoas que, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, teñan impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados, nas ensinanzas de formación profesional.

2.3.3. Para o corpo de mestres.

Posuír ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:

– Título de mestre/a ou o título de grao en mestre/a de educación infantil ou de educación primaria.

– Título de profesor/a de educación xeral básica.

– Título de mestre/a de ensino primario.

2.4. Requisitos específicos para participar pola quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade en todos os corpos.

2.4.1. De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e o Decreto 29/2018, do 22 de febreiro (DOG nº 51, do 13 de marzo), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes, resérvase o 7 % das prazas ás cales poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacidade, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de discapacidade de, polo menos, o 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado.

2.4.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade co persoal aspirante de ingreso, ou da quenda A2-A1, ou da quenda A1-A1 sen prexuízo das adaptacións previstas na base 7.11 desta convocatoria.

2.4.3. Se na realización das probas se lle presentan dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do persoal aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente, conforme o previsto no punto 2.4.1 desta base.

2.5. Prazo en que se deben reunir os requisitos.

Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

2.6. Incompatibilidades.

2.6.1. O persoal aspirante que concorra pola reserva de persoas con discapacidade non poderá presentarse á mesma especialidade pola quenda libre.

2.6.2. O persoal aspirante que opte polo procedemento de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 non poderá concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre.

2.6.3. Ningunha persoa aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou accesos entre corpos de persoal funcionario docente.

Base terceira. Solicitudes e pagamento dos dereitos

3.1. Solicitudes.

As solicitudes deberán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

As titulacións exixidas pola base segunda desta orde como requisito específico para o ingreso aos corpos de persoal funcionario docente, así como as funcións que desenvolve este persoal presupoñen que as persoas aspirantes posúen capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do que establece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data da presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.

3.2. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

3.2.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) No caso de non dispor do título, certificación académica que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.

Deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñaría en que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. Ademais do título, deberán achegar a certificación académica aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria coa especialidade ou mención nalgún idioma estranxeiro e licenciatura ou grao en Tradución e Interpretación.

b) Documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.

Cando en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas ou, cando sexa o caso, da formación equivalente, se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009 ou, cando sexa o caso, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente polo subdirector xeral de Recursos Humanos.

Noutro caso, xustificarase do seguinte xeito:

– Se se trata dun centro público, mediante certificación en que conste a data de inicio e fin, nivel do ensino impartido e a especialidade, expedida pola secretaría do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.

– Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación en que conste a data de inicio e fin, nivel do ensino impartido e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente.

c) Celga IV, validación do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4), curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega feita polo órgano competente, o título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español: diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura en Filoloxía Hispánica ou Románica ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.

e) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:

– Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios:

– Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación.

g) Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española:

– O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo do punto 2.1.a) que resida en España, deberá presentar unha copia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.

– O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo do punto 2.1.a) deberá presentar unha copia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración responsable ou promesa da persoa con que existe este vínculo de que non está separada de dereito do seu/da súa cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

3.2.2. Non será necesario achegar nin a titulación alegada nin a formación pedagóxica e didáctica nin o documento xustificativo do coñecemento do galego ou, se é o caso, do castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixesen nos procedementos selectivos convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polas Ordes do 17 de marzo de 2014, 11 de marzo de 2015, 4 de abril de 2016 ou 7 de abril de 2017 sempre que a persoa interesada outorgue o seu consentimento expreso para que sexan consultados ou obtidos os ditos documentos segundo o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos, DOUE do 4 de maio). Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3.2.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3.3. Comprobación de datos.

3.3.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos segundo o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos, DOUE do 4 de maio):

a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación, agás os de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e as titulacións de licenciatura ou enxeñaría nos cales se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións.

c) Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación.

d) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Acreditación da condición de familia numerosa, só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditación da condición de discapacidade, só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación e non estea percibindo prestación ou subsidio por desemprego.

3.3.2. No caso de que as persoas interesadas non expresen o seu consentimento, deberán achegar os documentos.

3.3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3.4. Obriga de participación.

De conformidade co previsto no punto décimo segundo da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, o persoal interino ou substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia estará obrigado a participar no procedemento selectivo para ingreso nalgún corpo da función pública docente, que se convoque neste ano por calquera das especialidades ofertadas, agás que non se convoquen prazas de ningunha da ou das súas especialidades nesta convocatoria. No suposto de que o dito persoal se presente a procedementos selectivos convocados por outras administracións educativas, deberá achegar á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos certificación de ter realizado a proba, con anterioridade ao 20 de xullo de 2018.

De non participar no procedemento selectivo ou de retirarse deste decaerá dos seus dereitos unicamente nas listas das especialidades convocadas e, se é o caso, da lista de orientación do corpo de mestres.

3.5. Solicitudes cursadas no estranxeiro.

As solicitudes efectuadas polas persoas que residan no estranxeiro e que non dispoñan de certificado electrónico ou do sistema de usuario e clave Chave365 deberán cursarse no prazo sinalado no punto 3.7 a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento dos dereitos de exame realizarase de acordo co establecido no punto 3.8 desta convocatoria.

3.6. Requirimento para emendas.

O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, efectuarase mediante a resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.

3.7. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

3.8. Importe e pagamento dos dereitos de exame.

O pagamento do importe dos dereitos de exame realizarase de forma electrónica.

Os códigos que se deben empregar son os seguintes:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: código 07.

Delegación de Servizos Centrais: código 13.

Servizo de Secretaría Xeral: código 01.

Taxa denominación: inscrición nos procesos de selección de persoal de Administración xeral da Comunidade Autónoma: código 300302.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

– Corpo:

Profesores de ensino secundario: 41,56 €.

Profesores de escolas oficiais de idiomas: 41,56 €.

Profesores técnicos de formación profesional: 35,78 €.

Mestres: 35,78 €.

Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame:

a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

b) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Non será obrigatorio presentar o xustificante de pagamento das taxas que será verificado pola propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Base cuarta. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, agás o establecido en relación coas programacións didácticas, a documentación acreditativa dos méritos da fase de concurso e as reclamacións contra o baremo provisional que deberán entregarse ao tribunal.

Base quinta. Notificacións

5.1. As notificacións daquelas resolucións e actos administrativos que non sexan obxecto de publicación de acordo co establecido nesta orde practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

5.2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5.3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Base sexta. Admisión de persoal aspirante

6.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal, mediante resolución asinada electronicamente, a lista provisoria de persoas admitidas e excluídas, por corpos, reservas e, se é o caso, especialidades. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e os catro últimos díxitos do número de documento nacional de identidade do persoal aspirante, e se está exento ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega e de lingua castelá. Así mesmo, na quenda de promoción interna, nas especialidades específicas de formación profesional, expresarase a exención ou non do exercicio práctico. No caso do persoal aspirante excluído, especificarase a causa de exclusión.

6.2. Reclamación contra a lista provisoria.

Contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá formular por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal

6.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución asinada electronicamente pola que se aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución publicarase na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal.

O feito de figurar na relación de persoal admitido non prexulga que se lle recoñeza ao persoal interesado a posesión dos requisitos exixidos nos procedementos que se convocan mediante esta orde. Cando, da documentación que debe presentarse no caso de seren aprobados, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, o persoal interesado decaerá de todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación nestes procedementos.

6.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas o persoal interesado poderá formular por medios electrónicos recurso de alzada ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal, segundo o disposto no artigo 122 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame seranlles reintegrados, por petición do persoal interesado, ao persoal aspirante que fose excluído definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomaren parte nas devanditas probas.

Base sétima. Órganos de selección

7.1. Tribunais.

A selección do persoal aspirante será realizada polos tribunais nomeados para o efecto, sen prexuízo do previsto nos puntos 8.3 e 9.2 desta orde respecto aos tribunais de valoración das probas previas de coñecemento do castelán e da lingua galega.

7.2. Nomeamento.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá ao nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo, e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse nomear todos os tribunais que se xulguen necesarios.

Naquelas especialidades en que o número de aspirantes o aconselle, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá nomear tribunais específicos que valorarán o proceso selectivo das prazas reservadas para as persoas con discapacidade, acceso e o procedemento de adquisición doutras especialidades previsto no título II desta orde.

7.3. Composición dos tribunais.

Os tribunais estarán constituídos, de acordo co disposto no artigo 7 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, por persoal funcionario de carreira en activo dos corpos docentes correspondentes ou do corpo de inspectores.

Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberán ser titulares da especialidade obxecto do proceso selectivo e tenderase á paridade entre profesoras e profesores. Non obstante, cando a porcentaxe de mulleres sexa superior ao de homes manterase esa porcentaxe na composición dos tribunais.

En todo caso, os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ao do corpo ao cal opta o persoal aspirante.

Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:

Prazas do corpo de profesores de ensino secundario:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.

Prazas do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira dos corpos de catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, da especialidade correspondente, e que teñan o seu destino actual nesta.

Prazas do corpo de profesores técnicos de formación profesional:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de profesores técnicos de formación profesional, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.

Prazas do corpo de mestres:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de mestres, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.

Se, con posterioridade, tivese que substituírse algunha persoa titular ou suplente do tribunal, a titular será substituída pola correspondente suplente ou, no seu defecto, nas que a sigan segundo a orde en que figuren na disposición que as nomeou. Se non puidese actuar a persoa suplente número catro pasaríase á suplente número 1.

De non poder actuar tampouco os/as vogais do tribunal suplente número 1 de cada tribunal a substitución realizarase cos/coas vogais do tribunal suplente número 2, pola mesma orde establecida no parágrafo anterior.

De non poder actuar tampouco os/as suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética da especialidade, empezando pola letra G a que se fai mención no último parágrafo do punto 2 da base décima da presente convocatoria.

Quedarán exentos da participación no sorteo o persoal funcionario de carreira que preste servizos na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas xefaturas territoriais.

7.4. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal designarase polo mesmo procedemento, cando sexa posible, dous tribunais suplentes.

7.5. Sorteo público.

O sorteo público terá lugar o día 22 de maio de 2018, ás nove horas, na Sala de Xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, San Caetano, s/n.

7.6. Constitución dos tribunais.

7.6.1. Logo da convocatoria do presidente ou presidenta constituiranse os tribunais no prazo máximo de cinco días desde a súa publicación no DOG. Será precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular ou, se é o caso, do ou da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.

Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario ou secretaria o ou a vogal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

7.6.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez constituídos os tribunais só poderán actuar os membros presentes no acto de constitución e abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións. Non obstante, se chegado o momento da actuación dos tribunais, estes non puidesen actuar polo menos con tres membros, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará as medidas oportunas necesarias co fin de garantir o dereito do persoal aspirante á participación no proceso selectivo.

7.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos/das vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no/na vogal suplente respectivo do tribunal suplente número 1 ou, na súa falta, nos/nas que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Se non puidese constituírse así o tribunal acudirase, pola mesma orde, aos/ás vogais do tribunal suplente número 2.

7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2014 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro, as que teñan permiso sindical a tempo total ou aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2018 e que continúen durante o período en que lle correspondería actuar como membro do tribunal.

7.7. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e o artigo 59.2 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

7.8. Categoría dos tribunais e comisións da avaliación da fase de prácticas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), estes tribunais considéranse incluídos na categoría primeira.

7.9. Indemnizacións por razón do servizo.

Os tribunais terán dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na normativa vixente.

7.10. Funcións dos tribunais.

Os tribunais con plena autonomía funcional serán responsables da obxectividade do procedemento e garantirán o cumprimento das bases da convocatoria.

Correspóndelles aos tribunais:

a) A elaboración dos exercicios a que se refiren as bases décima segunda e décimo terceira.

b) A determinación dos criterios de actuación.

c) A determinación e publicidade dos criterios de avaliación, antes do inicio da primeira parte da proba ou da primeira parte da primeira proba.

d) A valoración dos méritos da fase de concurso.

e) A cualificación das distintas probas da fase de oposición.

f) A agregación das puntuacións da fase de concurso ás adxudicadas na fase de oposición, a ordenación do persoal aspirante e a elaboración das listas do persoal aspirante que superou ambas as fases.

g) A declaración do persoal aspirante que superou as fases de concurso e oposición e resulte seleccionado, a publicación das listas correspondentes, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

h) A elaboración do expediente administrativo cubrindo os modelos que lles sexan facilitados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Deberán facer uso das aplicacións informáticas que se poñan á súa disposición, mantendo actualizados os datos para aseguraren o desenvolvemento do procedemento.

A actuación dos tribunais axustarase en todo o proceso ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7.11. Adaptación de tempo e medios.

As persoas con discapacidade que desexen solicitar adaptación de tempo e medios para realizar os exercicios deberán marcar o recadro correspondente e manifestarán, no espazo establecido para esta finalidade na propia solicitude, a discapacidade que padecen e a petición concreta que realizan. Así mesmo, deberán achegar coa solicitude e por medios electrónicos a documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade de adaptación.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que o persoal aspirante con discapacidade goce de similares oportunidades para a realización das probas que o resto do persoal participante. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización, conforme as instrucións dadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará a cada persoa interesada a adaptación ou adaptacións autorizadas.

Base oitava. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española

8.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán de acordo co establecido na base 3.2.1.d) deberán realizar unha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 8 de xuño de 2018, ás 17.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo 5, Santiago de Compostela).

8.2. O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) (BOE do 8 de novembro), modificado polo Real decreto 264/2008, do 22 de febreiro.

8.3. Tribunal de valoración.

A valoración da proba realizaraa un tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos composto por:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais, designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua Castelá e Literatura, e que teñan o seu actual destino nesta.

Da mesma maneira designaranse dous tribunais suplentes.

8.4. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba de «apto/a» ou «non apto/a». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuase, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/oposicions e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base novena. Acreditación do coñecemento do galego

9.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido na base 3.2.1.c) deberán realizar unha proba.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, terá lugar o día 8 de xuño de 2018, ás 18.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo 5, Santiago de Compostela) e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo IV e nunha tradución do castelán para o galego.

9.2. Tribunais de valoración.

A valoración da proba a realizará o tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, composto por:

– Unha presidencia, designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais, designados/as por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua e Literatura Galegas, e que estean destinados nesta.

Da mesma maneira designaranse dous tribunais suplentes.

9.3. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba de «apto/a» e «non apto/a». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas como «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuasen, así como no páxina web http://www.edu.xunta.es/oposicions e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base décima. Comezo e desenvolvemento do procedemento selectivo

10.1. Comezo.

O procedemento selectivo dará comezo o día 23 de xuño de 2018.

10.2. Orde de actuación.

En primeiro lugar, realizará a primeira proba o persoal aspirante polo sistema de ingreso libre.

A continuación, a actuación do persoal aspirante, cando non sexa simultánea, será realizada pola seguinte orde:

a) Se é o caso, aspirantes que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade, pola orde que se establece no último parágrafo desta base.

b) Persoal aspirante que concorra pola quenda de prazas reservadas a funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2, por orde alfabética, de acordo coas normas do último parágrafo desta base sen prexuízo do establecido para a parte práctica na base décimo quinta da presente convocatoria.

c) Persoal aspirante que concorra pola quenda de prazas reservadas para persoas con discapacidade, de acordo coas normas do último parágrafo desta base.

d) Restantes aspirantes.

A orde de actuación do persoal aspirante iniciarase alfabeticamente por quen teña como inicial do primeiro apelido a letra G, conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2018, e publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 26 de xaneiro de 2018. Os tribunais que non conten con persoal aspirante cuxo apelido empece pola letra indicada iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

10.3. Citación do persoal aspirante.

10.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/oposicions para a realización da proba, de ser o caso, da acreditación do coñecemento do castelán, da proba de coñecemento da lingua galega, do acto de presentación e as dúas partes que integran a primeira proba prevista na base décimo segunda e seguintes desta convocatoria, con cinco días hábiles de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos.

10.3.2. O persoal aspirante será convocado para cada parte de cada proba en único chamamento e será excluído do proceso selectivo quen non compareza, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

10.3.3. Unha vez comezado o procedemento selectivo, os tribunais deberán facer públicos os sucesivos chamamentos ao persoal aspirante nos locais en que teñan lugar as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/oposicions, con 24 horas, como mínimo, de antelación.

10.4. Identificación do persoal aspirante.

O tribunal poderá requirir en calquera momento o persoal aspirante para que acredite a súa identidade.

10.5. Exclusión do persoal aspirante.

Se en calquera momento do proceso selectivo os tribunais teñen coñecemento de que algunha persoa aspirante non posúe algún dos requisitos exixidos por esta convocatoria, despois de audiencia á persoa interesada, deberán propoñer a súa exclusión ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas pola persoa aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os efectos que procedan.

Así mesmo, os tribunais teñen a facultade de poder excluír do procedemento selectivo a aquela persoa aspirante que leve a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización dos exercicios.

Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá formular recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

10.6. Idiomas modernos.

Todas as probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

10.7. Acto de presentación.

O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos celebrarase o día 23 de xuño de 2018, ás 9.00 horas. Este acto de presentación, que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do castelán e da lingua galega, ten carácter persoalísimo e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.

As persoas aspirantes que non asistan ao dito acto decaerán nos seus dereitos e serán excluídas do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente, será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non se estea adscrito.

Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe facultativo se deduce a imposibilidade de asistir ao acto de presentación ou á realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.

Neste acto de presentación os tribunais identificarán as persoas aspirantes, que deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que consideren convenientes e aclararán as dúbidas suscitadas para o mellor desenvolvemento do procedemento selectivo.

Base décimo primeira. Sistema de selección

11.1. Sistema selectivo.

O sistema de ingreso e acceso na función pública docente será o de concurso-oposición. No sistema de ingreso existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

11.2. Temarios.

– Corpo de profesores de ensino secundario:

Nas especialidades de Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Orientación Educativa e Tecnoloxía: anexo III da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro).

Na especialidade de Intervención Sociocomunitaria, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos, Procesos de Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos, Procesos Sanitarios e Sistemas Electrónicos e Automáticos: anexo I da Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE núm. 38, do 13 de febreiro).

Na especialidade de Lingua Galega e Literatura: Orde do 1 de marzo de 1995 (DOG núm. 56, do 21 de marzo).

– Corpo de profesores técnicos de formación profesional: anexo II da Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE núm. 38, do 13 de febreiro).

– Corpo de mestres:

Anexo I da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE núm. 226, do 21 de setembro).

Para a especialidade de Educación Primaria: Orde ECI/592/2007, do 12 de marzo (BOE núm. 64, do 15 de marzo).

– Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

Anexo VI da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE núm.  226, do 21 de setembro).

11.3. Fase de concurso.

11.3.1. Presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran no persoal aspirante ata finalizar o prazo de presentación de solicitudes sinalado no punto 7 da base terceira, conforme o baremo que se inclúe como anexo II e III desta convocatoria, segundo se trate de persoal aspirante ao ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres ou acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

A alegación dos méritos deberá efectuarse a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions debendo imprimirse o documento que relaciona os méritos.

A documentación acreditativa dos méritos alegados, na forma que se establece no anexo II e III desta orde, xunto co documento que os relaciona, só deberá presentala ante o propio tribunal o persoal aspirante a ingresar nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres que superen a primeira proba, o persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario ou ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas que supere a proba, no prazo que estableza o propio tribunal ao publicar no taboleiro de anuncios da sede de actuación e no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/oposicions, a resolución que faga pública a relación do persoal aspirante que superou a primeira proba.

No caso do persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario pola quenda de promoción do subgrupo A2 ao subgrupo A1 relacionará todos os méritos que alegue debendo acreditar documentalmente unicamente aqueles méritos que non consten na base de datos de profesorado.

Así mesmo, o persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de profesores de escolas oficiais de idiomas pola quenda de promoción do subgrupo A1 a outro corpo do mesmo subgrupo relacionará todos os méritos que alegue debendo acreditar documentalmente unicamente aqueles méritos que non consten na base de datos do profesorado.

Independentemente da data de presentación ante o tribunal da citada documentación, todos os méritos alegados deben posuírse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

A documentación acreditativa dos méritos de cada aspirante quedará baixo a custodia da presidencia do tribunal, que a entregará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez finalizado o procedemento selectivo, xunto co expediente administrativo.

11.3.2. Puntuación provisional da fase de concurso e prazo de reclamacións.

A valoración dos méritos realizaraa o tribunal tendo en conta o disposto no anexo II e III segundo se trate de aspirantes da quenda libre dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres, ou da quenda de acceso para persoal docente do subgrupo A2 ao A1, ou para o acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A1.

A puntuación provisional da fase de concurso, por epígrafes, publicarase no taboleiro de anuncios da sede de actuación do tribunal e, para os efectos informativos, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/oposicions. Contra ela poderá presentarse reclamación perante o propio tribunal, mediante escrito dirixido ao tribunal, no prazo de tres días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

11.3.3. Puntuación definitiva.

Resoltas as reclamacións contra a resolución provisional, o tribunal fará pública a puntuación definitiva da fase de concurso no taboleiro de anuncios da sede de actuación e no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/oposicions. Soamente é preceptivo publicar a puntuación definitiva da fase de concurso do persoal aspirante que supere a fase de oposición.

11.3.4. Recurso de alzada.

Contra a resolución que fará publica as puntuacións definitivas da fase de concurso poderase formular recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Base décimo segunda. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, tanto pola quenda libre como pola reserva de persoas con discapacidade

Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos específicos, científicos e técnicos da especialidade docente a que opta o persoal aspirante, así como a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

12.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de Inglés deberá desenvolver as probas neste idioma.

12.2. As dúas partes que integran a primeira proba poderán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

12.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente a que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

12.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios que poderán ser por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo V desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade a que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

12.3.2. Parte B: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo persoal aspirante de entre cinco temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.

O persoal aspirante disporá de dúas horas para a realización desta parte da primeira proba.

Ao efectuarse a primeira e segunda parte da proba por escrito, procederase á súa lectura conxunta e a cualificación de cada parte realizarase por separado.

12.3.3. Cualificación da primeira proba.

A primeira parte e a segunda parte da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos, e ponderarase do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de polo menos o 25 % do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios do local onde se realizou e no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que a superaron.

12.4. Segunda proba.

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos. No caso das especialidades propias da formación profesional, a programación axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas.

Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os seguintes currículos:

No caso das especialidades con competencia docente na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato: Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das especialidades específicas de formación profesional, os publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na Comunidade Autónoma.

A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro en que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Parte B: preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada pola persoa aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, a persoa aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por ela mesma, da súa programación. No segundo caso, a persoa aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por ela mesma, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citade unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensinanza e aprendizaxe que se van a formular na aula e os seus procedementos de avaliación.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia a utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.)

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final da exposición.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte minutos e, a continuación, realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

12.5. Segunda proba na especialidade de Orientación Educativa.

Parte A: presentación e defensa dun plan anual do departamento de orientación dun centro.

O plan anual fará referencia ao plan de orientación do centro e incluirá, polo menos, os seguintes aspectos: xustificación baseada no contexto, obxectivos, planificación xeral e definición de accións prioritarias, estratexias de intervención e criterios de avaliación do plan. Este plan anual corresponderase cun curso escolar e deberá organizarse en programas específicos de intervención. En calquera caso un plan anual deberá contar, como mínimo, con seis programas específicos de intervención, que deberán estar numerados e terán as mesmas características establecidas para a programación didáctica. Deberán entregalo ao tribunal o persoal aspirante que supere a primeira proba, no centro en que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións das persoas que superaron a citada proba.

Parte B: preparación e exposición oral dun programa específico de intervención.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dun programa de intervención específico. A preparación e exposición oral diante do tribunal dun programa específico de intervención poderá estar relacionado co plan anual de departamento presentado polo aspirante ou elaborado a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá o contido dun programa específico de intervención de entre tres extraídos ao chou por el mesmo do seu plan anual do departamento de orientación. No segundo caso, o persoal aspirante elixirá o contido do programa específico de intervención dun tema de entre tres extraídos por el mesmo do temario oficial da especialidade.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación do plan de actuación específico e poderá utilizar o material que xulgue oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non excederá unha páxina e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa do plan anual do departamento de orientación dun centro, a exposición do plan de actuación específico e posterior debate diante do tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan anual do departamento de orientación dun centro, que non poderá exceder os vinte minutos, e a continuación realizará a exposición do plan de actuación específico, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

12.6. Cualificación da segunda proba.

Esta segunda proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, de acordo cos criterios contidos nas rúbricas que se publican como anexos X, XI e XII segundo corresponda. O persoal aspirante deberá alcalzar, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

A primeira parte e a segunda parte da segunda proba ponderarase do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

12.7. Cualificación da fase de oposición.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran cando ambas fosen superadas.

12.8. Cualificación do tribunal.

A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculalas con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.

Base décimo terceira. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de mestres tanto pola quenda libre como pola reserva de persoas con discapacidade

13.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de Lingua estranxeira: Inglés ou Francés, deberá desenvolver as probas neste idioma.

13.2. As dúas partes que integran a primeira proba deberán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

13.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente a que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

13.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo V desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade a que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

13.3.2. Parte B: consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante de entre tres temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.

O persoal aspirante disporá de dúas horas para a realización desta parte da primeira proba.

No suposto de que a primeira parte da proba se realice por escrito, procederase á súa lectura conxunta coa segunda e a cualificación de cada parte realizarase por separado.

13.3.3. Cualificación da primeira proba.

A primeira parte e a segunda parte da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos, ponderándose do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de, polo menos, o 25 por 100 do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios do local onde se realizou e no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que a superaron.

13.4. Segunda proba nas especialidades de Educación Infantil, Lingua Estranxeira: Francés, Lingua estranxeira: Inglés, Música, Educación Física e Educación Primaria. Proba de aptitude pedagóxica.

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha área relacionado coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse, no caso de educación infantil, os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e, nas restantes especialidades, os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.

Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os currículos aprobados polo Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e para a especialidade de Educación Infantil, o Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e para a especialidade de idioma estranxeiro: Francés, o Real decreto 126/2014, do 28 de febreiro (BOE núm. 52, do 1 de marzo).

A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro en que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Parte B: preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o persoal aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citada unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, as competencias, os seus contidos, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables e as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica, e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final da exposición.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

13.5. Segunda proba nas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Proba de aptitude pedagóxica.

No caso de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, esta segunda proba terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da súa función de asesoramento e orientación educativa. Consistirá na presentación dun plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo e na elaboración e exposición oral dun programa de intervención.

Parte A: o plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo deberá conter, como mínimo, seis programas de intervención e basearse na normativa vixente e nas necesidades do alumnado, do centro e do contexto, e recollerá obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporalización das accións, avaliación e propostas de mellora. Neste plan deberá prestarse especial relevancia á actuación do persoal aspirante como profesor de apoio.

O plan de apoio para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que terá as mesmas características establecidas para a programación didáctica, deberán entregalo ao tribunal aqueles que superen a primeira proba, no centro en que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións daqueles que superaron a citada proba.

Parte B: elaboración diante do tribunal e exposición oral dun programa de intervención relacionado co plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo presentado polo persoal aspirante, ou elaborado a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá ao chou un programa de intervención con alumnado con necesidade específica de apoio educativo (alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, TDAH, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar). No segundo caso, o aspirante elixirá o contido do programa de intervención dun tema de entre tres elixidos ao chou por el mesmo, do temario oficial da especialidade.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación do programa de intervención e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible de dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non excederá unha páxina e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.

O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha hora para a defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, a exposición do programa de intervención e posterior debate diante do tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, que non poderá exceder os vinte minutos e, a continuación, realizará a exposición do programa de intervención, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

13.6. Cualificación da segunda proba.

Esta segunda proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, de acordo cos criterios contidos nas rúbricas que se publican como anexos X e XIII segundo corresponda. O persoal aspirante deberá alcanzar, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

A primeira parte e a segunda parte da segunda proba ponderarase do seguinte xeito:

– Parte A: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

– Parte B: a cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

13.7. Cualificación da fase de oposición.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran cando ambas fosen superadas.

13.8. Cualificación do tribunal.

A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal. Deberase calcular con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.

Base décimo cuarta. Acceso á fase de concurso

A cualificación final da fase de oposición expresarase en números de cero a dez, e será necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

Base décimo quinta. Fase de oposición no procedemento selectivo de acceso a corpo de grupo superior

A proba consistirá na exposición ante o tribunal dun tema da especialidade a que se opte, elixido por cada aspirante entre oito, extraídos ao chou polo tribunal, dos correspondentes ao temario do corpo e especialidade a que se presentan.

No caso de que haxa concordancia entre a titulación académica coa que se opta e a especialidade a que aspira, o tema será elixido de entre nove extraídos ao chou polo tribunal. Enténdese que hai concordancia para cada especialidade cando se posúa unha das titulacións que se relacionan no anexo VII.

O persoal aspirante disporá de dúas horas e trinta minutos para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora, e nesta atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos que se vaian empregar. Nesta exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión dunha extensión máxima dunha páxina que deberá ser entregado ao tribunal cando remate esta.

Para as especialidades de Intervención Sociocomunitaria, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos, Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos, Procesos Sanitarios e Sistemas Electrotécnicos e Automáticos a proba estará dividida en dúas partes, unha de contido práctico e outra consistente na exposición oral dun tema coas mesmas características especificadas no parágrafo anterior. As características da parte práctica da proba serán as establecidas no anexo V da presente convocatoria e levarase a cabo o mesmo día e a mesma hora que o persoal aspirante que se presenten polo sistema de ingreso. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.

Quedará exento de realizar esta parte práctica da proba o persoal aspirante que pertenzan ao corpo de profesores técnicos de formación profesional dunha especialidade da mesma familia profesional para a que principalmente teñan atribuída a competencia docente os especialistas de Intervención Sociocomunitaria, Organización e Xestión Comercial, Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos, Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos, Procesos Sanitarios e Sistemas Electrotécnicos e Automáticos, segundo proceda.

A proba valorarase de cero a dez puntos e o persoal aspirante deberá obter, polo menos, cinco puntos para superala. Para a súa superación atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos do persoal aspirante.

Base décimo sexta. Fase de oposición no procedemento selectivo de acceso ao corpo do mesmo subgrupo e nivel del complemento de destino

1. Aspirantes que opten á mesma especialidade da que son titulares no seu corpo de orixe.

A proba consistirá na exposición, seguida dun debate, ambos orais, dunha programación didáctica elaborada pola persoa aspirante conforme o establecido na base décimo segunda. 12.4 parte A, da presente convocatoria.

As programacións versarán sobre os currículos recollidos no Decreto 239/2008, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de idiomas.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo de vinte minutos para a exposición da programación didáctica e o debate non excederá os quince minutos.

A proba valorarase de cero a dez puntos e os aspirantes deberán obter, polo menos, cinco puntos para superala.

2. Aspirantes que opten a unha especialidade distinta da que son titulares no seu corpo de orixe.

A proba estará dividida en dúas partes, unha de contido práctico e outra consistente na exposición oral dun tema da especialidade a que se opte, elixido polo aspirante entre nove, extraídos ao chou polo tribunal.

O persoal aspirante disporá de dúas horas e trinta minutos para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora, e nesta atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos que se vaian empregar. Nesta exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión dunha extensión máxima dunha páxina que deberá ser entregado ao tribunal cando remate esta.

As características da parte práctica da proba serán as establecidas no anexo V da presente convocatoria. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.

A proba valorarase de cero a dez puntos e o persoal aspirante deberá obter, polo menos, cinco puntos para superala.

Base décimo sétima. Forma de cubrir as prazas de reserva

Os tribunais, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta convocatoria pola reserva de persoas con discapacidade, axustaranse ás seguintes normas:

a) Se houber un número suficiente de persoal aspirante que cumpra os requisitos mínimos para aprobar, entre o persoal aspirante que concorra ás prazas reservadas para persoas con discapacidade, a totalidade destas prazas adxudicaráselles ás persoas que participen por esta quenda, calquera que sexa a súa puntuación.

b) As persoas que concorran ás prazas reservadas para persoas con discapacidade e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan o número de prazas asignadas ao tribunal para esta reserva, concorrerán á formación da lista de persoas aprobadas do tribunal en igualdade de condicións que os das prazas libres ou de promoción interna, segundo corresponda, coa súa puntuación e tal e como se determina na base décimo oitava.

c) No caso de que existan prazas da reserva de persoas con discapacidade que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes con puntuación mínima requirida, estas acumuláranse ás libres ou de acceso, segundo corresponda, e serán distribuídas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo co procedemento establecido na base primeira, epígrafe 6.

d) No caso de que existan prazas da quenda de promoción do subgrupo A2 ao subgrupo A1 que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes con puntuación mínima requirida, estas non se acumularán as prazas da quenda libre.

Base décimo oitava. Superación do procedemento selectivo

18.1. Persoal seleccionado polo procedemento de acceso ao subgrupo A1 desde corpos docentes do mesmo subgrupo e nivel de complemento de destino e de acceso ao subgrupo A1 desde corpos docentes do subgrupo A2 e pola quenda de reserva deste procedemento.

a) Resultará seleccionado o persoal candidato que, obtendo un mínimo de cinco puntos na proba e ao ser ordenado segundo a suma das puntuacións alcanzadas no concurso e na proba, obteñan un número igual ou inferior ao número de prazas asignadas ao procedemento polo que participan.

Para a obtención da puntuación global, o tribunal ponderará un 55 % a puntuación obtida na fase de oposición e un 45 % a puntuación obtida na fase de concurso, resultando a puntuación global da suma de ambas as fases unha vez realizadas as ponderacións mencionadas.

b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

1. Maior puntuación na proba.

2. Maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que aparecen nesta convocatoria.

3. Maior puntuación en cada unha das subepígrafes do baremo, pola orde en que aparecen nesta convocatoria.

4. No caso de que persista o empate, o desempate dirimirase a través da realización dunha proba por escrito sobre cuestións breves referentes ao temario da especialidade. De ser o caso, o persoal aspirante será convocado para esta proba polo tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

18.2. Persoal seleccionado para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación e profesional e mestres pola quenda libre e quenda de reserva de persoas con discapacidade.

Obtida a cualificación da fase de oposición, os tribunais avaliarán definitivamente a fase de concurso do persoal aspirante que superou a fase de oposición, resultando seleccionado para pasar á fase de prácticas o persoal aspirante que, unha vez ordenado segundo a puntuación global da fase de oposición e concurso, teña un número de orde igual ou menor que o número total de prazas asignadas ao tribunal.

De conformidade co establecido nos artigos 25 e 47 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, a ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será do 60 % da fase de oposición e un 40 % da fase de concurso.

As prazas que puidesen quedar vacantes nalgún tribunal serán asignadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos á persoa que superou a fase de oposición e que teña maior puntuación na fase de concurso-oposición, unha vez efectuadas as ponderacións pertinentes, do tribunal da mesma especialidade que proceda segundo o sistema de distribución de prazas establecido na base 1.6 desta convocatoria.

18.3. Criterios de desempate.

No caso de que se produzan empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación na fase de oposición.

b) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes aparecen nesta convocatoria.

c) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.

d) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas parecen nesta convocatoria.

e) En caso de persistir o empate, este dirimirase a través da realización dunha proba que se realizará por escrito sobre cuestións breves referidas ao temario da especialidade. Esta proba será elaborada, organizada e avaliada polo tribunal correspondente. As persoas aspirantes serán convocadas para esta proba polo propio tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

18.4. Orde de relación.

Os tribunais confeccionarán a correspondente relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición ata o número máximo de prazas que lle foron asignadas a cada un deles, ordenados de acordo co establecido nas bases anteriores.

Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais en que se celebraron as probas, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/oposicions outorgándose un prazo de dous días hábiles para reclamar contra posibles erros.

Contra as listas definitivas as persoas interesadas poderán formular, de conformidade co disposto nos artigos 112 e 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos.

18.5. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas asignadas a cada un deles. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno dereito.

18.6. O persoal aspirante que supere no mesmo corpo os procedementos selectivos convocados por esta consellería e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou noutra comunidade autónoma con competencias en materia educativa, se optasen polo posto de traballo correspondente ao ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, deberán presentar instancia neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, xunto coa copia de renuncia ao outro posto de traballo, no prazo de dez días hábiles, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de aspirantes seleccionados. De non realizar esta opción, a aceptación do primeiro nomeamento como funcionario en prácticas entenderase como renuncia tácita aos restantes.

18.7. Publicación da lista de persoas aprobadas.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/oposicions as listas únicas de aprobados por especialidade, segundo se detalla nos puntos anteriores, e tendo en conta que figurarán en primeiro lugar as persoas aprobadas pola quenda do subgrupo A2 ao subgrupo A1, e que as persoas aprobadas pola reserva de persoas con discapacidade incluíranse, de acordo coa súa puntuación, entre as persoas aprobadas polo sistema de acceso ou de ingreso, segundo corresponda.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas dará lugar a que se declare aprobada a persoa que, se é o caso, lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base décimo oitava.

18.8. Publicación das cualificacións do restante persoal aspirante.

Ao rematar o procedemento selectivo, os tribunais publicarán na páxina web http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que non está incluído na relación de persoas aprobadas.

Base décimo novena. Presentación de documentos

19.1. No prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de persoas aprobadas no Diario Oficial de Galicia, o persoal aspirante aprobado deberá presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:

a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Traballo e Benestar Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

b) Declaración responsable de que non foron separados ou separadas mediante expediente disciplinario, do servizo do corpo a que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados ou inhabilitadas para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo VI a esta convocatoria que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo VI que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de denegar expresamente a consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

19.2. Excepcións.

Quen teña a condición de persoal funcionario de carreira e estea en situación de servizo activo estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, e deberá presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependan, na cal se consignen de forma expresa os seguintes datos: corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se están en servizo activo.

Cando as certificacións ou follas de servizos se refiran a persoal funcionario que superou o proceso selectivo polos procedementos de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino ou a outro corpo docente de grupo superior, serán expedidas polo subdirector xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e incorporadas de oficio ao correspondente expediente.

19.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

19.4. Quen, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presente a documentación ou se do exame dela se deduce que carece dalgún dos requisitos xerais establecidos na base segunda, non poderá ser nomeado persoal funcionario de carreira, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Base vixésima. Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas

20.1. Destino provisional e nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas.

As persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de non se incorporaren aos citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo, serán nomeados funcionarios ou funcionarias en prácticas.

A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas terá efectividade da data que se determine na resolución pola que se publique a adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2018/19.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para a realización do período de prácticas, o persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de dous días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de persoas aprobadas polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

20.2. Destino definitivo.

O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo polo sistema de ingreso deberá obter o seu primeiro destino definitivo nun dos centros directamente xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e está obrigado, para estes efectos, a participar nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.

20.3. O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo de acceso aos corpos do subgrupo A1 ao A1 e A1 desde corpos do subgrupo A2 regulados na presente orde, estará exento da realización da fase de prácticas e nos supostos en que a adxudicación de destinos se realice atendendo á puntuación obtida nos procedementos selectivos, terán prioridade, na obtención destes, sobre o persoal aspirante que ingresen pola quenda libre da convocatoria do mesmo ano.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o persoal aspirante seleccionado no procedemento selectivo de acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A1 ou A2 que estea ocupando con carácter definitivo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, prazas do corpo e especialidade a que accede, poderá optar por permanecer nestas.

O persoal aspirante que, aínda estando exento da realización da fase de prácticas, optase por incorporarse como funcionario ou funcionaria en prácticas ao destino asignado, quedará eximido da avaliación delas, permanecendo nesta situación ata a aprobación dos expedientes dos procedementos selectivos e o seu posterior nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira.

20.4. Réxime xurídico-administrativo do persoal aspirante nomeado funcionario ou funcionaria en prácticas.

Desde o nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas ata o nomeamento como persoal funcionario de carreira, o réxime xurídico-administrativo das persoas opositoras será o de persoal funcionario en prácticas, sempre que estea desempeñando un posto docente ou un posto da Inspección educativa. En todo caso, a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.

20.5. Aprazamento da fase de prácticas.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa xustificada e por petición da persoa interesada, conceder o aprazamento da fase de prácticas.

20.6. Exencións á realización da fase de prácticas.

Estarán exentos da avaliación da fase de prácticas aquelas persoas aspirantes que acrediten unha experiencia dun ano como persoal funcionario de carreira dun corpo docente.

20.7. Opción da remuneración do persoal funcionario en prácticas.

O persoal aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo e que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira, persoal interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lles corresponda, poderán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Na falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.

Base vixésimo primeira. Fase de prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres

21.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a comprobación de que o persoal aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia. Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan, conforme o procedemento que estableza a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ben en postos vacantes ben en substitucións, con desempeño de función docente con plena validez académica.

A duración da fase de prácticas será de catro meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas, e a flexibilización poderá afectar tanto a duración como a temporalización.

21.2. Constitución das comisións cualificadoras.

En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada pola xefatura da inspección provincial, que exercerá a súa presidencia; dous/dúas inspectores/as de Educación e dous/dúas directores/as de centros, designados/as pola xefa ou xefe territorial.

21.3. Profesor ou profesora titora da fase de prácticas.

O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dun profesor ou profesora experimentada do mesmo corpo, preferentemente da especialidade correspondente, designada pola comisión cualificadora da provincia.

21.4. Funcións do titor ou titora.

As funcións do/da profesor/a titor/a consistirán en asesorar, informar e avaliar o persoal funcionario en prácticas sobre a organización e funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordinación didáctica, sobre a programación didáctica da materia ou dos módulos profesionais, a programación de aula e a avaliación do alumnado. Ao final do período de prácticas, o/a profesor/a titor/a emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.

O profesorado que tutele as prácticas do persoal aspirante seleccionado nos concursos-oposición de ingreso aos corpos docentes terán un recoñecemento de 50 horas de formación pola función desenvolvida.

21.5. Actividades de formación.

Formando parte da fase de prácticas, o persoal aspirante seleccionado pola quenda de ingreso libre e reserva de persoas con discapacidade deberán realizar un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso, que será programado polo Servizo de Formación do Profesorado, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lles permita ao persoal funcionario en prácticas desenvolver correctamente en galego as súas funcións e tarefas.

21.6. Avaliación do profesorado en prácticas.

As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe seralle entregado ao remate da fase de prácticas á comisión cualificadora.

A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos polo/a profesor/a titor/a, a dirección do centro, o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o inspector ou a inspectora responsable do centro e do informe presentado pola propia persoa aspirante.

A presidencia da comisión cualificadora, en caso de informes desfavorables, disporá que o inspector ou inspectora de educación do centro en que presta servizos o funcionario ou a funcionaria que está realizando as prácticas visite o dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O informe da inspección engadirase aos do/da director/a e profesor/a titor/a para que, xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario ou a funcionaria en prácticas, sirvan para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.

21.7. A comisión cualificadora trasladaralle ao director xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de funcionarios e funcionarias en prácticas coa cualificación obtida.

21.8. Cualificación da fase de prácticas.

As prácticas cualificaranse como apto/a ou non apto/a.

21.9. Persoas aspirantes non aptas na fase de prácticas.

As persoas aspirantes cualificadas de non aptas na fase de prácticas poderán repetila, incorporándose no curso seguinte co persoal seleccionado da seguinte promoción, ocupando, nesta promoción, o número de orde seguinte ao da última persoa seleccionada na súa especialidade. No caso de que non houbese convocatoria do seu corpo e especialidade, efectuará igualmente as prácticas no curso seguinte. As persoas que non se incorporen ou sexan declaradas non aptas por segunda vez, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionarios ou funcionarias de carreira.

Base vixésimo segunda. Nomeamento de funcionarias e funcionarios de carreira

22.1. Proposta de nomeamento como funcionarias e funcionarios de carreira.

Rematada a fase de prácticas e verificado que as persoas que a superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado no correspondente corpo ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para o nomeamento e expedición dos títulos de funcionarias e funcionarios de carreira, con efectividade do 1 de setembro de 2019.

22.2. Destino definitivo en Galicia.

De acordo co previsto no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberá obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.

TÍTULO II
Procedemento de adquisición doutras especialidades

Base vixésimo terceira

Convócase procedemento para que o persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres poidan adquirir unha nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:

23.1. Normas xerais.

As especialidades que poderán adquirirse nos corpos citados anteriormente mediante o procedemento regulado neste título serán as mesmas que as convocadas para o procedemento de ingreso libre.

A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas no punto 1.2 desta orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ao disposto neste título.

23.2. Requisitos das persoas candidatas.

Para poderen participar neste procedemento, as persoas candidatas deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira do corpo correspondente, con destino no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Reunir os requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.

23.3. Solicitudes e pagamento dos dereitos.

As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base terceira desta convocatoria.

23.4. Órganos de selección.

Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles a que se refire a base sétima desta convocatoria e exercerán respecto deste procedemento as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.

23.5. Comezo e desenvolvemento das probas.

O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base décima desta convocatoria.

23.6. Sistema de selección.

Para todas as especialidades:

A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade a que se opta, elixido pola persoa aspirante de entre cinco extraídos ao chou polo tribunal, nas especialidades dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional e de entre tres extraídos ao chou polo tribunal, nas especialidades do corpo de mestres.

A persoa candidata disporá de dúas horas para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora.

– Nas especialidades de idiomas modernos a exposición realizarase nesta lingua.

– Nas especialidades específicas de formación profesional a proba constará ademais dunha parte práctica. As características da parte práctica serán as establecidas no anexo V da presente convocatoria e levarase a cabo o mesmo día e a mesma hora que o persoal aspirante que se presente polo sistema de ingreso. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.

23.7. Cualificación da proba.

Os tribunais cualificarán a proba a que se refire o punto anterior de apto/a ou non apto/a e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con apto/a.

23.8. Publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado polo órgano convocante que a persoa aspirante que obtivo a cualificación de apto/a reúne os requisitos exixidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declara apto ao persoal aspirante, coa indicación da nova especialidade adquirida.

23.9. Exención da fase de prácticas.

O persoal que adquira unha nova especialidade por este procedemento estará exento da fase de prácticas.

23.10. Dereito preferente.

A adquisición dunha nova especialidade non supón a perda da anterior ou anteriores que se puidesen posuír. Quen teña adquirida máis dunha especialidade poderá acceder a prazas correspondentes a calquera delas a través dos mecanismos establecidos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario docente.

Quen adquira unha nova especialidade por este procedemento nos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional terá preferencia, por unha soa vez, con ocasión de vacante, para ser adscrito ou adscrita a prazas da nova especialidade adquirida no centro en que tivese destino definitivo, de conformidade co establecido no artigo 16.1.d) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal.

Base vixésimo cuarta. Inclusión nas listas de interinidades e substitucións

Accederán ás listas de interinidades e substitucións da especialidade a que se presenten, ademais daquelas persoas aspirantes que superen a primeira proba, aquelas persoas aspirantes que para cada especialidade posúan unha das titulacións que a continuación se relacionan.

No caso de non superar a primeira proba ou non posuír o requisito de titulación de acordo co establecido no parágrafo anterior, tamén poderán acceder ás listas de interinidades e substitucións das especialidades de Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Tecnoloxía e Lingua Galega e Literatura do corpo de profesores de ensino secundario, aquelas persoas aspirantes que estean habilitadas para impartiren docencia no ensino privado en Galicia nas materias correspondentes.

Corpo de profesores de ensino secundario

Especialidades

Titulación

Lingua Castelá e Literatura

Licenciatura en:

– Filoloxía Románica.

– Filoloxía Hispánica.

– Lingüística e ter cursado Lingua Española e Literatura Española.

– Teoría da Literatura e Literatura Comparada e ter cursado Lingua Española e Literatura Española.

– Filosofía e Letras, sección Filoloxía Hispánica.

– Filosofía e Letras, sección Filoloxía Románica.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado/a para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Lingua Castelá e Literatura.

Xeografía e Historia

Licenciatura en:

– Xeografía.

– Historia.

– Historia da Arte.

– Humanidades.

– Antropoloxía Social e Cultural.

– Filosofía e Letras, sección Xeografía e Historia.

– Historia e Ciencias da Música.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado/a para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Xeografía e Historia.

Matemáticas

Licenciatura en:

– Matemáticas.

– Informática.

– Física.

– Ciencias e Técnicas Estatísticas.

Enxeñaría superior.

Arquitectura.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado/a para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Matemáticas.

Física e Química

Licenciatura en:

– Física.

– Química.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

Enxeñaría en:

– Química.

– Aeronáutica.

– Industrial.

– de Telecomunicación.

– de Camiños, Canais e Portos.

– Naval e Oceánica.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado/a para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Física e Química.

Bioloxía e Xeoloxía

Licenciatura en:

– Ciencias Biolóxicas.

– Ciencias Xeolóxicas.

– Bioloxía

– Xeoloxía.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencias do Mar.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

– Farmacia.

– Veterinaria.

Enxeñaría:

– Agrónoma.

– de Minas.

– de Montes.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado/a para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Bioloxía e Xeoloxía.

Inglés

Licenciatura en:

– Filoloxía Inglesa.

– Tradución e Interpretación, sempre que se cursase inglés como primeira lingua estranxeira.

– Lingüística, sempre que se cursase inglés como primeira lingua estranxeira.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado/a para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Inglés.

Orientación Educativa

Licenciatura en:

– Psicoloxía.

– Pedagoxía.

– Filosofía e Ciencias da Educación, sección Psicoloxía ou Ciencias da Educación ou Pedagoxía.

– Filosofía e Letras, sección Pedagoxía ou Psicoloxía.

– Psicopedagoxía.

Títulos de grao correspondentes.

Tecnoloxía

Enxeñaría.

Arquitectura.

Enxeñaría Técnica.

Arquitectura Técnica.

Licenciatura en:

– Ciencias (sección Físicas).

– Ciencias Físicas.

– Física.

– Ciencias Químicas.

– Química.

– Marina Civil.

– Máquinas Navais.

– Náutica e Transporte Marítimo.

– Radioelectrónica Naval.

– Ciencias do Mar.

Diplomatura en:

– Máquinas Navais.

– Navegación Marítima.

– Radioelectrónica Naval.

Grao en:

– Enxeñaría.

– Física.

– Química.

– Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.

– Arquitectura.

– Arquitectura Técnica.

– Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto.

– Óptica e Optometría.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencias do Mar.

Estar habilitado/a para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Tecnoloxía.

Lingua Galega e Literatura

Licenciatura en Filoloxía Galega.

Licenciatura en Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-Portugués.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado/a para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Lingua Galega e Literatura.

Intervención Sociocomunitaria

Licenciatura en:

– Pedagoxía.

– Psicoloxía.

– Psicopedagoxía.

– Socioloxía.

– Antropoloxía Social e Cultural.

Diplomatura en:

– Educación Social.

– Traballo Social.

– Mestre, en todas as súas especialidades.

Grao en:

– Terapia Ocupacional.

– Logopedia.

– Socioloxía.

– Psicoloxía.

– Educación Social.

– Pedagoxía.

– Traballo Social.

– Educación Infantil.

– Educación Primaria.

Organización e Xestión Comercial

Licenciatura en:

– Administración e Dirección de Empresas.

– Ciencias Empresariais.

– Economía.

– Ciencias Económicas e Empresariais.

– Ciencias Actuariais e Financeiras.

– Dereito.

– Investigación e Técnicas de Mercado.

– Publicidade e Relacións Públicas.

Diplomatura en:

– Ciencias Empresariais.

Grao en:

– Xestión en Pequenas e Medianas Empresas.

– Comercio.

– Consultoría e Xestión da Información.

– Administración e Dirección de Empresas.

– Dereito.

– Economía.

– Ciencias Empresariais.

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

Arquitectura.

Enxeñaría:

– Industrial.

– Aeronáutica.

– de Telecomunicación.

– Naval e Oceánica.

– Agrónoma.

– de Minas.

– Xeolóxica.

Licenciatura en Máquinas Navais.

Diplomatura en Máquinas Navais.

Enxeñaría Técnica:

– Industrial, en todas as súas especialidades.

– Aeronáutica, en todas as súas especialidades.

– Obras Públicas, en todas as súas especialidades.

– de Telecomunicación, en todas as súas especialidades.

– Naval, en todas as súas especialidades.

– Agrícola, en todas as súas especialidades.

– de Minas, en todas as súas especialidades.

Grao en Enxeñaría:

– Electrónica Industrial e Automática.

– Eléctrica.

– Propulsión e Servizos do Buque.

– Tecnoloxías Industrias.

– Mariña.

– Mecánica.

– Agrícola e do Medio Rural.

– Civil.

– Industrias Agroalimentarias.

– Procesos Químicos Industriais.

– Química.

– Agraria.

– Enerxía.

– Tecnoloxías de Telecomunicación.

– Química Industrial.

– Naval e Oceánica.

Grao en:

– Arquitectura.

– Arquitectura Naval.

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

Licenciatura en:

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Bioquímica.

– Química.

– Ciencias Ambientais.

– Odontoloxía.

– Veterinaria.

Grao en Enxeñaría:

– Procesos Químicos Industriais.

– Química.

Grao en:

– Terapia Ocupacional.

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Veterinaria.

– Química.

Procesos Sanitarios

Licenciatura en:

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

– Odontoloxía.

– Veterinaria.

Diplomatura en Enfermaría.

Grao en:

– Terapia Ocupacional.

– Enfermaría.

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Veterinaria.

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

Licenciatura en:

– Física.

– Radioelectrónica Naval.

Enxeñaría:

– Aeronáutica.

– Automática e Electrónica Industrial.

– Electrónica.

– Industrial.

– Minas.

– Naval e Oceánica.

– Telecomunicación.

Diplomatura en Radioelectrónica Naval

Enxeñaría Técnica en:

– Aeronáutica, especialidade en Aeronavegación.

– Informática de Sistemas.

– Industrial, especialidade en Electricidade.

– Industrial, especialidade en Electrónica Industrial.

– Telecomunicacións, en todas as súas especialidades.

Grao en Enxeñaría:

– Informática.

– Electrónica Industrial e Automática.

– Eléctrica.

– Tecnoloxías Industriais.

– Mecánica.

– Enerxía.

– Tecnoloxías de Telecomunicación.

Grao en Física.

NOTA. As titulacións indicadas corresponden ao Catálogo de títulos universitarios oficiais e ás sucesivas incorporacións a este. Tamén son equivalentes para os efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro).

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

Especialidades

Titulacións

Estética

Licenciatura en:

– Bioloxía.

– Bioquímica.

– Farmacia.

– Medicina.

– Química.

Diplomatura en:

– Fisioterapia.

– Enfermaría.

– Podoloxía.

– Terapia Ocupacional.

Grao en:

– Enfermaría.

– Fisioterapia.

– Podoloxía.

– Bioloxía.

– Farmacia.

– Medicina.

– Química.

– Terapia Ocupacional.

Grao en Enxeñaría:

– Procesos Químicos e Industrias.

– Química.

– Técnico especialista en Estética.

– Técnico superior en Estética.

– Técnico superior en Estética Integral e Benestar.

Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos

Licenciatura en:

Arquitectura.

Enxeñaría:

– Industrial.

– Aeronáutica.

– Naval e Oceánica.

– Agrónoma.

– de Minas.

Licenciatura en Máquinas Navais.

Diplomatura en Máquinas Navais.

Arquitectura Técnica.

Enxeñaría Técnica en:

– Industrial, en todas as súas especialidades.

– Aeronáutica, en todas as súas especialidades.

– Forestal, especialidade en Industrias Forestais.

– Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias.

– Agrícola, especialidade en Mecanización e Construcións Rurais.

– de Minas, en todas as súas especialidades.

– Naval, especialidade en Propulsión e Servizos do Buque.

Grao en Arquitectura.

Grao en Arquitectura Técnica.

Grao en Arquitectura Naval.

Grao en Enxeñaría:

– Electrónica Industrial e Automática.

– Edificación.

– Eléctrica.

– Propulsión e Servizos do Buque.

– Tecnoloxías industrias.

– Mariña.

– Mecánica.

– Agrícola e do Medio Rural.

– Industrias Agroalimentarias.

– Procesos Químicos Industriais.

– Agraria.

– Recursos Mineiros e Enerxéticos.

– Química industrial.

– Naval e Oceánica.

Operacións e Equipamentos de Produción Agraria

Licenciatura en:

– Bioloxía.

– Biotecnoloxía.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Xeoloxía.

– Química.

– Veterinaria.

Enxeñaría:

– Agrónoma.

– de Montes.

Enxeñaría Técnica:

– Agrícola, en todas as súas especialidades.

– Forestal, en todas as súas especialidades.

Grao en Enxeñaría:

– Agraria.

– Agrícola e Agroalimentaria.

– Agrícola e do Medio Rural.

– Industrias Agroalimentarias.

Grao en:

– Bioloxía.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Química.

– Veterinaria.

– Nutrición Humana e Dietética.

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

Licenciatura en:

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Bioquímica.

– Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Ciencias Ambientais.

– Odontoloxía.

– Química.

– Veterinaria.

Diplomatura en:

– Enfermaría.

– Fisioterapia.

– Terapia ocupacional.

Grao en:

– Terapia ocupacional.

– Enfermaría.

– Fisioterapia.

– Nutrición Humana e Dietética

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Química.

– Veterinaria.

Grao en Enxeñaría:

– Procesos Químicos Industriais.

– Química.

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

Licenciatura en:

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

– Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Odontoloxía.

– Veterinaria.

Diplomatura en:

– Enfermaría.

– Terapia ocupacional.

Grao en:

– Terapia ocupacional.

– Enfermaría.

– Nutrición Humana e Dietética.

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Veterinaria.

Procesos Comerciais

Licenciatura en:

– Administración e Dirección de Empresas.

– Ciencias Actuariais e Financeiras.

– Ciencias e Técnicas Estatísticas.

– Economía.

– Investigación e Técnicas de Mercado.

– Publicidade e Relacións Públicas.

Enxeñaría en Informática.

Diplomatura en:

– Biblioteconomía e Documentación.

– Ciencias Empresariais.

– Xestión e Administración Pública.

Enxeñaría Técnica en:

– Informática de Xestión.

– Informática de Sistemas.

Grao en:

– Ciencias Empresariais.

– Comercio.

– Consultoría e Xestión da Información.

– Administración e Dirección de Empresas.

– Economía.

– Información e Documentación.

– Dirección e Xestión Pública.

Grao en Enxeñaría Informática.

Servizos de Restauración

Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.

Diplomatura en Turismo.

Grao en:

– Turismo.

– Nutrición Humana e Dietética.

– Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.

Técnico superior en Restauración.

Técnico especialista en Hostalaría.

Técnico superior en Dirección de Servizos de Restauración.

Técnico superior en Dirección de Cociña.

NOTA. As titulacións indicadas corresponden ao Catálogo de títulos universitarios oficiais e ás sucesivas incorporacións a este. Tamén son equivalentes para os efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro)

Corpo de mestres

Especialidades

Titulación

Educación Infantil

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación infantil.

Mestra/mestre, especialidade de Educación Infantil (Real decreto 1440/1991).

Diplomatura en profesorado de Educación Xeral Básica, especialidade Preescolar, especialidade en Educación Preescolar ou en Pedagoxía Preescolar das licenciaturas de Filosofía e Letras (sección Ciencias da Educación) ou de Filosofía e Ciencias da Educación (sección Ciencias da Educación).

Educación Primaria

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria.

Mestre/a, especialidade de Educación Primaria (Real decreto 1440/1991).

Mestre/a (Real decreto 1440/1991) en calquera das súas especialidades.

Diplomatura en profesorado de Educación Xeral Básica en calquera das súas especialidades.

Mestre/a de primeiro ensino (plan de estudos de 1967).

Mestre/a de ensino primario (plan de estudos de 1950).

Música

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en música.

Mestre/a, especialidade de Educación Musical (Real decreto 1440/1991).

Título superior de música da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou da Lei 1/1990, do 3 de outubro, ou titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia.

Licenciatura en Musicoloxía ou en Historia e Ciencia da Música.

Título profesional de música da Lei orgánica 1/1990 ou da Lei orgánica 2/2006.

Educación Física

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en educación física.

Título de graduado ou graduada no ámbito da actividade física e do deporte.

Mestre/a especialista de Educación Física (Real decreto 1440/1991).

Licenciatura en Educación Física.

Diplomatura en Educación Física.

Lingua estranxeira: Inglés

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa a mención en lingua estranxeira: inglés.

Títulos de graduado ou graduada no ámbito da lingua estranxeira no idioma inglés.

Mestre/a, especialidade de Lingua estranxeira: Inglés (Real decreto 1440/1991).

Diplomatura en profesorado de Educación Xeral Básica, especialidade de Filoloxía Inglesa.

Certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude da escola oficial de idiomas no idioma inglés.

Licenciatura en Filoloxía Inglesa.

Licenciatura ou diplomatura polas facultades ou escolas universitarias de idiomas (tradución e interpretación) no idioma inglés.

Lingua estranxeira: Francés

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa a mención en lingua estranxeira: francés.

Títulos de graduado ou graduada no ámbito da lingua estranxeira no idioma francés.

Mestre/a, especialidade de Lingua estranxeira: Francés (Real decreto 1440/1991).

Diplomatura en profesorado de Educación Xeral Básica, especialidade de Filoloxía Francesa.

Certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude da escola oficial de idiomas no idioma francés.

Licenciatura en Filoloxía Francesa.

Licenciatura ou diplomado/a polas facultades ou escolas universitarias de idiomas (tradución e interpretación) no idioma francés.

Pedagoxía Terapéutica

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en pedagoxía terapéutica, en educación especial ou en atención á diversidade.

Mestre/a, especialidade de Educación Especial (Real decreto 1440/1991).

Diplomatura en profesorado de Educación Xeral Básica, especialidade de Educación Especial.

Licenciatura en Psicopedagoxía.

Licenciatura en Filosofía e Letras, sección de Pedagoxía, subsección de Educación Especial ou equiparación correspondente, de acordo co disposto na Orde do 7 de novembro de 1983 (BOE do 11 de novembro).

Audición e Linguaxe

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en audición e linguaxe.

Mestre/a, especialidade en audición e linguaxe (Real decreto 1440/1991).

Diplomatura en Logopedia.

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de logopedia.

Disposición adicional única. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Profesorado, co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxp@edu.xunta.es

Disposición derradeira primeira. Recursos

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada potestativamente en reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

I. Experiencia docente previa: máximo 7 puntos.

1.1. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do corpo a que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

0,700 puntos

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou, na súa falta, certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da dirección, na cal debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

1.2. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distintos corpos a que opta a persoa aspirante, en centros públicos dependentes de administracións educativas.

0,350 puntos

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou, na súa falta, certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da dirección, no cal debe constar a data de toma de posesión e cesamento e a especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia deles, en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

1.3. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo a que opta a persoa aspirante, noutros centros.

0,150 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, na cal conste a data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel educativo ou etapa educativa ou copia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

1.4. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distinto nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo a que opta a persoa aspirante, noutros centros.

0,100 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, na cal conste data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel ou etapa educativa ou copia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

Enténdese por centros públicos os centros a que se refire o capítulo II do título IV da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrados na rede pública de centros creados e sostidos polas administracións educativas.

Para os efectos desta epígrafe terase en conta un máximo de dez anos, cada un dos cales deberá ser avaliado nunha soa das subepígrafes anteriores.

Non será necesario xustificar os méritos das subepígrafes 1.1 e 1.2 cando os servizos fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

II. Formación académica: máximo 5 puntos.

2.1. Expediente académico no título alegado, sempre que o título alegado se corresponda co nivel de titulación exixido con carácter xeral para ingreso no corpo (doutoramento, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, para corpos docentes do subgrupo A1, ou diplomatura universitaria, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica para corpos docentes do subgrupo A2); valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico, do modo que a continuación se indica:

Escala de 0 a 10 puntos:

Desde 6,00 ata 7,50

Desde 7,51 ata 10

1,000 punto

1,500 puntos

Certificación académica persoal orixinal ou copia, na cal consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado, con indicación expresa da nota media.

Escala en créditos, de 1 a 4:

Desde 1,50 a 2,25

Desde 2,26 a 4

1,000 punto

1,500 puntos

2.2. Posgraos, doutoramento e premios extraordinarios:

2.2.1. Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados ou título oficial de máster (Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro; BOE do 30 de outubro), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente sempre que non sexan requisito para o ingreso na función pública docente.

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título ou, se é o caso, do pagamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

2.2.2. Por posuír o título de doutoramento:

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título de doutoramento ou, se é o caso, do pagamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

2.2.3. Por obter premio extraordinario no doutoramento:

0,500 puntos

Documento xustificativo

2.3. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as alegadas como requisito para o ingreso na función pública docente, valoraranse da forma seguinte:

2.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría.

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica en que se acredite a súa superación.

No caso de persoas aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A2, non se valorará por esta epígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que presente a persoa aspirante.

No caso de persoas aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A1, non se valorará por esta epígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fosen necesarios superar para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura que presente a persoa aspirante.

2.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.

1,000 punto

Certificación académica ou copia do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de estudos correspondentes ao segundo ciclo, certificación académica en que se acredite a súa superación.

No caso de persoas aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, os estudos que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura que presente a persoa aspirante.

Valorarase nesta epígrafe posuír o título de grao.

2.4. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

a) Por cada título profesional de Música ou Danza:

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

b) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas.

0,500 puntos

c) Por cada título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

0,200 puntos

d) Por cada título de técnico superior de formación profesional.

0,200 puntos

e) Por cada título de técnico deportivo superior.

0,200 puntos

III. Outros méritos: máximo 2 puntos.

3.1. Dominio de linguas estranxeiras.

3.1.1. Nivel C1 ou superior.

Por cada certificado oficial de recoñecemento dunha lingua estranxeira, que acredite un nivel de coñecemento de idiomas, expedido por centros oficiais, segundo a clasificación do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER).

1 punto

Copia do título correspondente co certificado de acreditación dunha lingua estranxeira clasificado polo Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER)

3.1.2. Por cada título estranxeiro do nivel equivalente ao nivel B2 (nivel avanzado), sempre que non se acreditase o título equivalente da escola oficial de idiomas da epígrafe 2.4.b) no mesmo idioma.

0,50 puntos por cada título

3.2. Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo polo que se presente, ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, por institución sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades estean expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Copia do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase, ademais, acreditar dun xeito fidedigno o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

3.3. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na subepígrafe 3.2.

Puntuarase con 0,1 puntos por cada 5 horas. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de horas inferiores a 5. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Copia do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase, ademais, acreditar dun xeito fidedigno o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa

Disposición complementaria primera

Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados e xustificados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Disposición complementaria segunda

Para os efectos do punto 1 non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente e considerarase que educación infantil e educación primaria son a mesma etapa educativa.

Os servizos prestados como persoal laboral docente de Relixión baremaranse na epígrafe 1.1 ,1.2, 1.3 e 1.4 segundo o corpo en que preste servizos.

Os servizos prestados como mestre en escolas infantís, no primeiro ciclo de educación infantil, baremaranse na epígrafe 1.3 ou 1.4 a partir do curso académico 2008/09.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificados expedidos polos ministerios de educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, en que deberán constar o tempo de prestación de servizos e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite o nivel educativo ou este non coincida co da convocatoria, entenderanse como servizos prestados en diferente nivel educativo. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos para o castelán ou galego.

Disposición complementaria terceira

Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións: na epígrafe 1.1, 0,059 puntos; na epígrafe 1.2, 0,030 puntos; na epígrafe 1.3, 0,013 puntos; na epígrafe 1.4, 0,009 puntos.

Disposición complementaria cuarta

A experiencia docente na universidade baremarase pola epígrafe 1.4.

Disposición complementaria quinta

A nota media da certificación académica persoal deberá estar calculada conforme o disposto no Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro (BOE núm. 224, do 18 de setembro). No caso de que non se remita a certificación académica persoal e, na súa falta, se presente copia do título ou da certificación do pagamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE núm. 190, do 6 de agosto), considerarase que a persoa aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Para os efectos de valoración do expediente académico do título alegado, o persoal aspirante que obteña o título no estranxeiro presentará certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título, que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas en toda a carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se pode obter, de acordo co sistema académico correspondente, para os efectos de determinar a súa equivalencia coas cualificacións españolas.

Non se valorará a nota media do expediente académico das titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia.

Disposición complementaria sexta

En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Disposición complementaria sétima

Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica ou o máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.

Disposición complementaria oitava

De conformidade co artigo sexto da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e de perfeccionamento.

Disposición complementaria novena

Nas certificacións dos cursos organizados polas universidades deberá figurar a sinatura da súa reitoría ou vicerreitoría competente. Non son válidas as certificacións asinadas polos departamentos ou polas persoas relatoras destes.

Disposición complementaria décima

Teranse en conta as horas que figuren nas certificacións ou diplomas das actividades de formación. No caso de que figuren horas e créditos, prevalecerán as horas sobre os créditos.

Disposición complementaria décimo primeira

As persoas aspirantes non poderán ter máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos.

ANEXO III
Baremo para a valoración de méritos para o acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A1 e do subgrupo A2

Méritos

Puntos

Documentos xustificativos

I. Traballo desenvolvido: máximo 5.5 puntos.

1.1. Por cada ano como persoal funcionario do corpo desde o que se aspira ao acceso que exceda os seis exixidos como requisito, cando sexa o caso

0,500 puntos

Folla de servizos certificada pola xefatura provincial.

* Por esta subepígrafe (1.1) non poderán obter máis de 4,000 puntos.

1.2. Desenvolvemento de funcións específicas:

a) Por cada ano de exercicio na función inspectora.

0,300 puntos

Copia do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

b) Por cada ano de exercicio da dirección dun centro público.

0,300 puntos

c) Por cada ano de exercicio dunha vicedirección, xefatura de estudos, secretaría, administración ou como profesor/a delegado/a nas seccións de formación profesional e outros cargos directivos.

0,200 puntos

d) Por cada ano de servizos como cargo directivo na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Ministerio de Educación ou departamentos de educación das restantes comunidades autónomas, con competencias en materia educativa, con categoría de xefatura de servizo ou nivel equivalente ou superior.

0,300 puntos

e) Por cada ano de titor ou titora.

0,200 puntos

Certificación da dirección do centro.

f) Por cada ano de exercicio dunha coordinación pedagóxica, coordinación de ciclo/departamento, xefatura de departamento, xefatura de división, xefatura de departamento de normalización.

0,200 puntos

Certificación da dirección do centro co visto e prace da Inspección educativa.

* Por esta subepígrafe (1.2) non se poderán obter máis de 2,500 puntos.

II. Cursos de formación e perfeccionamento superados: máximo 3 puntos.

2.1. Por cada curso de formación e perfeccionamento cunha duración non inferior a 30 horas, recibido ou impartido, convocado por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente.

0,300 ata 1,500 puntos

Copia do certificado de asistencia. De non figurar o número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante en que se faga constar a duración en horas.

2.2. Por cada curso de formación e perfeccionamento cunha duración non inferior a 100 horas, recibidos ou impartidos, convocados por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente.

0,600 ata 1,500 puntos

Copia do certificado de asistencia. De non figurar o número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante en que se faga constar a duración en horas.

III. Outros méritos: 3 puntos.

3.1. Méritos académicos:

Ata 1,500 puntos

a) Por posuír o título de doutoramento.

0,750 puntos

Certificación académica ou copia do título de doutoramento.

b) Por premio extraordinario ou de honra na titulación alegada para ingreso no corpo.

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título alegado en que conste tal cualificación.

c) Por premio extraordinario de doutoramento.

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título alegado en que conste tal cualificación.

d) Por título de licenciatura ou de grao distinto do alegado para ingreso no corpo, así como polo certificado-diploma de estudos avanzados (Real decreto 778/1998, do 30 de abril), título oficial de máster (Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro), suficiencia investigadora e calquera outro título equivalente, e lectura da tese de licenciatura.

0,500 puntos

Certificación académica ou copia do título correspondente.

e) Por outro título de grao medio.

0,300 puntos

Certificación académica ou copia do título correspondente.

f) Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

Certificación académica ou copia do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do pagamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

f.1) Por cada título profesional de Música ou Danza.

0,500 puntos

f.2 ) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas.

0,500 puntos

f.3) Por cada título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

0,200 puntos

f.4) Por cada título de técnico superior de formación profesional.

0,200 puntos

f.5) Por cada título de técnico deportivo superior.

0,200 puntos

Non se valorarán as da formación profesional específica, no caso de seren as alegadas como requisito para ingreso na función pública docente ou, se e o caso, se son necesarias para a obtención do título alegado.

3.2. Publicacións e méritos artísticos:

Ata 1,500 puntos

a) Por publicacións de carácter didáctico sobre a disciplina obxecto do concurso ou directamente relacionadas coa organización escolar.

Ata 0,750 puntos

No referente a materiais publicados en soportes especiais como vídeos, CD-Rom, etc. será necesario achegar a documentación impresa que poida acompañar estas publicacións (portadas, folletos explicativos dos obxectivos e contidos, impresións, etc.). No caso das publicacións que só se dan en formato electrónico presentarase un informe oficial no cal o organismo emisor certificará que a publicación aparece na base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os/as autores/as, a revista, o volume, o ano e a páxina inicial e final.

Os exemplares correspondentes.

Por autor ou autora.

0,150 puntos

Por coautor/a ou grupo de autores/as.

0,050 puntos

Por artigo ou revista.

0,020 puntos

b) Por publicacións de carácter científico sobre a disciplina obxecto do concurso.

Ata 0,750 puntos

No referente a materiais publicados en soportes especiais como vídeos, CD-Rom, etc. será necesario achegar a documentación impresa que poida acompañar estas publicacións (portadas, folletos explicativos dos obxectivos e contidos, impresións, etc.).

No caso das publicacións que só se dan en formato electrónico presentarase un informe oficial no cal o organismo emisor certificará que a publicación aparece na base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os/as autores/as, a revista, o volume, o ano e a páxina inicial e final.

Os exemplares correspondentes

Por autor ou autora.

0,150 puntos

Por coautor/a ou grupo de autores/as.

0,050 puntos

Documentos xustificativos destes.

Por artigo ou revista.

0,020 puntos

Disposición complementaria primera

Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Disposición complementaria segunda

Para os efectos do punto 1.2 non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificados expedidos polos ministerios de educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, en que deberán constar o tempo de prestación de servizos e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite o nivel educativo ou este non coincida co da convocatoria, entenderanse como servizos prestados en diferente nivel educativo. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos para o castelán ou galego.

Disposición complementaria terceira

Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións: na epígrafe 1.1, 0,0417 puntos; na epígrafe 1.2, alíneas a), b) e d), 0,025 puntos; na epígrafe 1.2, alíneas c), e) e f), 0,0167.

Disposición complementaria cuarta

En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Disposición complementaria quinta

Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica ou o máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas.

Disposición complementaria sexta

De conformidade co artigo sexto da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e de perfeccionamento.

Disposición complementaria sétima

Teranse en conta as horas que figuren nas certificacións ou diplomas das actividades de formación. No caso de que figuren horas e créditos, prevalecerán as horas sobre os créditos.

Disposición complementaria oitava

As persoas aspirantes non poderán ter máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos

ANEXO IV

• Lingua galega.

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: status legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ao verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

ANEXO V

O exercicio práctico a que fai referencia a base 12.3.1 desta orde de convocatoria axustarase ao seguinte:

Os tribunais proporán dúas opcións de proba práctica das cales a persoa aspirante escollerá unha, que pola súa vez poderá constar de varias partes.

Os tribunais poderán pedir a xustificación do traballo desde o punto de vista técnico e didáctico.

A xustificación didáctica pódese referir á localización do contido práctico nos currículos, á relación con outros contidos, ás capacidades ou os coñecementos previos que ten que ter o alumnado para o desenvolvemento das actividades profesionais, aos recursos necesarios e aos criterios e os instrumentos de avaliación.

O tribunal dará a coñecer ás persoas opositoras, de ser o caso, os medios técnicos e a documentación de apoio necesaria para o seu desenvolvemento.

O tribunal valorará, ademais do resultado correcto, se as persoas opositoras posúen as capacidades de tipo instrumental necesarias, e terá en conta o procedemento seguido ou descrito por estas persoas para a realización das probas prácticas.

Corpo de profesores de ensino secundario

• Lingua Castelá e Literatura.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Un comentario filolóxico dun texto anterior ao século XVIII.

2. Un comentario literario dun texto dun autor do Século de Ouro.

3. Un comentario lingüístico dun texto dun autor dos séculos XIX ou XX.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder as tres horas.

• Xeografía e Historia.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Confección e interpretación de mapas históricos e xeográficos.

2. Comentario de textos históricos.

3. Elaboración e comentario de gráficos e diagramas.

4. Comentario de obras de arte.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder as tres horas.

• Matemáticas.

Consistirá na resolución de:

– Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder as tres horas.

• Física e Química.

Consistirá na resolución de:

– Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder as tres horas.

• Bioloxía e Xeoloxía.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos.

2. Resolución de problemas ou cuestións de xenética, bioquímica e ecoloxía.

3. Interpretación de mapas e cortes xeolóxicos.

4. Exposición de elementos (aspectos materiais, temporais, desenvolvemento, seguridade) que configuran a realización dunha práctica de laboratorio.

• Inglés.

Consistirá na realización de:

1. Exercicio consistente en respostas a preguntas formuladas sobre o uso funcional da lingua e a cuestións acordes cos procedementos da área sobre aspectos lingüísticos, literarios ou socioculturais, a partir dun texto en prosa en lingua inglesa (novela, ensaio ou artigo xornalístico).

2. Exercicio de redacción sobre un tema de actualidade.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder as tres horas.

• Orientación Educativa.

Consistirá na resolución de supostos prácticos relacionados con contidos do temario e que deberán versar sobre algunha ou varias das seguintes materias: orientación profesional, avaliación psicopedagóxica e ditame de escolarización, atención á diversidade, apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe e apoio ao plan de acción titorial.

• Tecnoloxía.

Consistirá na resolución de:

– Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder as tres horas.

• Lingua Galega e Literatura.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Comentario filolóxico dun texto da Idade Media.

2. Comentario lingüístico dun texto dos séculos XIX, XX e XXI.

3. Comentario literario dun texto dos séculos XIX, XX e XXI.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder as tres horas.

• Intervención Sociocomunitaria.

Cada unha das opcións de proba consistirá na formulación e/ou na análise de actividades de ensino e aprendizaxe, e no deseño dun proxecto de intervención en que se desenvolvan, polo menos, as epígrafes de definición de obxectivos, formulación metodolóxica e secuencia de actividades, selección de materiais e recursos, e avaliación, que deberán estar relacionadas cos seguintes ámbitos:

– Promoción da igualdade de xénero.

– Proxecto de mediación comunicativa.

– Animación cultural e/ou turística.

– Desenvolvemento comunitario.

– Proxecto de dinamización dun espazo de lecer, previamente definido.

– Intervención social nun ámbito previamente definido.

– Desenvolvemento de habilidades básicas necesarias para a autonomía persoal e social.

– Desenvolvemento e adquisición de hábitos de autonomía persoal.

– Proxecto de colaboración entre as familias e a escola infantil.

– Proxecto educativo para un centro de educación formal ou de educación no formal, dirixido aos/ás nenos/as.

– Intervención educativa, referida á práctica psicomotriz.

– Intervención educativa.

• Organización e Xestión Comercial.

Cada unha das opcións de proba consistirá na formulación e/ou na análise de actividades de ensino e aprendizaxe, e na realización de probas prácticas ou simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso, relacionados cos ámbitos seguintes:

– Empresa e empresario/a. Viabilidade e posta en marcha da empresa.

– Contabilidade e fiscalidade das empresas de servizos comerciais e do transporte.

– Análise económica e financeira do patrimonio e dos resultados da empresa.

– Xestión dos recursos humanos da empresa.

– Técnicas de venda dos produtos e/ou os servizos á clientela.

– Realización das operacións de venda e de atención á clientela.

– Selección e negociación de provedores, e xestión de compras.

– Negociación da venda, control e formación e perfeccionamento do equipo de vendas.

– Obtención, proceso e organización da información na investigación comercial.

– Tratamento informático da información obtida e análise estatística.

– Establecemento de políticas de márketing e control da acción publicitaria.

– Márketing dixital, xestión de webs e sistemas de comunicación dixitais.

– Relacións públicas e organización de eventos.

– Técnicas de comunicación publicitaria. Medios e soportes de comunicación.

– Administración e xestión dun pequeno establecemento comercial.

– Planificación dunha investigación comercial, selección da canle de distribución e promoción do produto en operacións de comercio internacional.

– Negociación de operacións de compravenda de mercadorías a nivel internacional.

– Xestión administrativa nas operacións de importación e exportación, e de introdución e expedición de mercadorías, e formalización da documentación correspondente.

– Selección do medio de financiamento e dos medios de pagamento máis adecuados para transaccións internacionais. Formalización e xestión da documentación.

– Financiamento e medios de pagamento no comercio internacional. Formalización e xestión da documentación.

– Determinación de riscos financeiros das operacións internacionais e a súa cobertura.

– Organización do servizo de tráfico dunha empresa de transporte terrestre e control das mercadorías e dos vehículos.

– Planificación do servizo de liñas regulares e transporte discrecional no servizo de transporte terrestre.

– Organización e comercialización dos servizos de transporte de mercadorías e de viaxeiros/as.

– Control de establecementos, industrias, actividades, produtos e servizos dentro do ámbito do consumo. Inspeccións de consumo.

– Plans de atención ás persoas consumidoras e usuarias de bens e servizos: defensa das persoas consumidoras; servizo de atención a persoas consumidoras e a clientes/as.

– Organización e xestións de plans formativos e campañas de información en materia de consumo.

• Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos.

Cada unha das opcións de proba consistirá na realización de varios exercicios relacionados coas diferentes epígrafes dun proxecto dunha ou varias instalacións típicas dun edificio ou equipamentos da devandita instalación, relacionados con:

– Estudo das condicións previas do proxecto.

– Diagrama de principio e planos xerais e de detalle das instalacións.

– Cálculo de redes.

– Estudo e selección de equipamentos.

– Regulación e posta a punto dos equipamentos e das instalacións.

– Planificación de montaxes.

– Plan de mantemento a partir de condicións establecidas.

– Diagnóstico de avarías e mantemento correctivo.

– Posibles melloras da eficiencia das instalacións.

– Estudo económico dun proxecto proposto.

• Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos.

Cada unha das opcións de proba consistirá na resolución dun suposto práctico proposto polo tribunal, debidamente caracterizado, relativo ao traballo dun equipo interdisciplinar que vai desenvolver un proxecto de educación sanitaria, que poderá centrarse en:

– Planificación das fases da intervención, establecendo un cronograma de traballo e os indicadores de avaliación do funcionamento do equipo.

– Realización de diagramas dos servizos e/ou das unidades hospitalarias, describindo a súas relacións e as súas dependencias, tanto internas como xerais ou do contorno.

– Realización de descricións macroscópicas, identificacións, etc., sobre modelos anatómicos que representan sistemas, aparellos ou órganos.

– Identificación de estruturas anatómicas en estudos reais radiolóxicos, ecográficos, tomográficos e de resonancia magnética nuclear.

– Descrición da metodoloxía de xestión de residuos radioactivos para un suposto concreto (vial con isótopos radioactivos, papel contaminado, etc.).

– Descrición de medidas de protección radiolóxica para o persoal sanitario e para os/as pacientes na realización de exploracións radiolóxicas.

– Descrición e identificación do material necesario para a obtención e a recollida de diferentes tipos de mostras biolóxicas humanas, así como do método que cumpra utilizar en cada caso.

– Realización de operacións básicas de laboratorio: medidas de masa e volume, disgregación e separación, preparación de solucións e disolucións, etc.

– Determinación de parámetros fisicoquímicos dunha mostra: temperatura, pH, densidade, etc.

– Realización de determinacións analíticas en diferentes mostras (biolóxicas, aire, etc.), utilizando os aparellos e os reactivos apropiados a cada técnica, obtendo analitos cuantificados.

– Identificación de moléculas utilizando técnicas de separación (cromatografía, electroforese, etc.).

– Realización de análises microscópicas de mostras urinarias.

• Procesos Sanitarios.

Cada unha das opcións de proba consistirá na resolución dun suposto práctico proposto polo tribunal, debidamente caracterizado, relativo ao traballo dun equipo interdisciplinar que vai desenvolver unha actuación de enfermaría ou un proxecto de educación sanitaria, que poderá centrarse en:

– Planificación das fases de acordo coas persoas destinatarias.

– Establecemento do cronograma de traballo e de indicadores de avaliación do funcionamento do equipo.

– Descrición macroscópica dunha mostra anatomopatolóxica.

– Lectura e descrición microscópica dunha mostra anatomopatolóxica, identificando a técnica básica de tinguidura e as características celulares máis sobresalientes.

– Valoración do estado nutricional dun paciente a partir duns datos presentados, recollidos durante a súa exploración.

– Planificación xeral dunha pauta do tratamento dietético para un caso proposto cunha patoloxía dada.

– Codificación dun documento-tipo (historia clínica, etc.) baseándose nunha norma concreta.

• Sistemas Electrotécnicos e Automáticos.

Cada unha das opcións de proba consistirá na realización de varios exercicios relacionados coas diferentes epígrafes dun proxecto dunha ou varias instalacións típicas dun edificio ou equipamentos da devandita instalación, relacionados con:

– Configuración de sistemas de regulación cun número limitado de lazos. Elaboración de especificacións de cadernos de carga. Cálculos. Selección de tecnoloxías, equipamentos e dispositivos.

– Montaxe, conexión e posta a punto dunha instalación eléctrica doméstica e/ou industrial.

– Realización da montaxe de automatismos simples con tecnoloxías pneumática e electropneumática, e/ou hidráulica e electrohidráulica.

– Realización e posta en marcha dun automatismo simple gobernado por un autómata programable, elaborando o programa de control adecuado.

– Diagnóstico e localización de avarías en instalacións co equipamento de medida adecuado, restablecendo o funcionamento.

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

En todas as probas prácticas correspondentes ás especialidades deste corpo, os tribunais, logo de que finalice a proba, valorarán a xustificación achegada polas persoas aspirantes do traballo realizado desde o punto de vista técnico e didáctico.

• Estética.

Cada unha das opcións de proba consistirá na realización de dúas ou máis prácticas que, pola súa vez, poderán constar de varias partes, entre as seguintes:

– Resolución de exercicios relacionados cos aparellos, os materiais e os produtos utilizados na especialidade, incluíndo a identificación do principio de funcionamento, utilización, contraindicacións, mantemento e control de calidade.

– Aplicación de técnicas e tratamentos de manicura e pedicura.

– Realización de escultura de uñas.

– Aplicación de técnicas de depilación e de hixiene, faciais e corporais.

– Elaboración protocolos dos tratamentos que se vaian realizar, aplicando técnicas de electroestética.

– Elaboración protocolos para a técnica de microimplantación de pigmentos e aplicación esta técnica.

– Aplicación de técnicas de maquillaxe.

– Deseño da maquillaxe de caracterización de efectos especiais, seleccionando procedementos, técnicas e recursos.

– Deseño do tipo de prótese que cumpra utilizar en función do resultado do proceso de caracterización que haxa que obter. Identificación do tipo de material adecuado e selección das técnicas máis idóneas para a fabricación das próteses, a partir do deseño da personaxe e do proceso de caracterización.

– Realización da obtención dos moldes, as técnicas de modelaxe ou escultura, e as técnicas de baleirado, con destreza e seguridade, en función da personaxe que cumpra realizar.

– Selección da técnica de masaxe, drenaxe, etc. en función do tipo de alteración estrutural ou funcional detectada na circulación sanguínea, da presenza de estados de tensión psicolóxica ou neuromuscular, da tipoloxía das anomalías estéticas e dos criterios do persoal facultativo en tratamentos estéticos preoperatorios e postoperatorios, e tamén das demandas, as necesidades ou as preferencias da clientela.

– Aplicación as técnicas de masaxe facial e corporal, drenaxe linfática manual, masaxe circulatoria manual, reflexoloxía podal, aromaterapia, cromoterapia e outros, segundo as demandas, as necesidades ou as preferencias da clientela e en función do protocolo establecido.

A aplicación de calquera das técnicas tense que realizar con destreza e nas condicións de seguridade e hixiene adecuadas.

• Instalación e Mantemento de Equipamentos Térmicos e de Fluídos.

Cada unha das opcións de proba consistirá na realización de dúas ou máis prácticas que, pola súa vez, poderán constar de varias partes, entre as seguintes:

– Montaxe de tubaxes: realización, baixo medidas, dun tramado de tubos que abranga curvados, derivacións, ensanchamentos, unións soldadas e unións abucinadas, montando nun dos tramos unha válvula obús para toma de presión.

– Nunha instalación frigorífica, substitución dun elemento, recuperación do gas refrixerante, inspección das válvulas do compresor e regulación de termóstatos e presóstatos. Cálculo e dimensión dun condensador ou un evaporador.

– Nunha instalación de calor, regulación do queimador e análise de combustión, regulación e axuste dun grupo de presión de combustible.

– En instalacións frigoríficas, de calor ou de acondicionamento de aire, realización de balances térmicos de instalacións e análises de rendementos; realización da regulación da instalación, deseño e mecanización dos elementos dun cadro eléctrico.

– Ante un esquema ou plano dunha instalación frigorífica, selección dos diámetros de tubaxes e cálculo das caídas de presión en cada tramo.

– Localización de avarías: trucaxe da instalación, para conseguir os síntomas da avaría que se debe localizar; identificación dos síntomas da avaría, explicación das posibles causas, realización dun plan de intervención para a reparación e posta en marcha da instalación.

• Operacións e Equipamentos de Produción Agraria.

Cada unha das opcións de proba consistirá na realización de dúas ou máis prácticas que, pola súa vez, poderán constar de varias partes, entre as seguintes:

– Realización do plan de produción de cultivos dunha leira.

– Organización do parque agrícola dunha explotación agraria.

– Cálculo da carga gandeira dunha explotación e definición das razas que se deben explotar.

– Planificación da implantación e a conservación dun xardín dunha zona periurbana.

– Realización, organización e control do mantemento, a reparación e o funcionamento das instalacións, a maquinaria e os equipamentos dunha empresa agraria.

– Realización e organización de labores e operacións de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiro.

– Realización e organización de labores en cultivos herbáceos intensivos e/ ou extensivos, en froiteiras e cítricos, en cultivos arbóreos e arbustivos extensivos.

– Realización e organización das tarefas de implantación e conservación de xardíns e zonas verdes.

– Realización e organización dun proxecto de xardinaría de interiores e das tarefas de floraría.

– Realización e organización dun proxecto para a implantación de árbores e arbustos no monte e/ou o mantemento, a conservación, o inventario e defensa das masas forestais.

– Realización e organización dun proxecto para a produción gandeira.

– Realización e organización dun proxecto para a produción agrogandeira ecolóxica.

• Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico.

Cada unha das opcións de proba consistirá na realización de dúas ou máis prácticas que, pola súa vez, poderán constar de varias partes, entre as seguintes:

– Dispensa de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

– Realización de fórmulas maxistrais.

– Determinación de parámetros habituais físicos, químicos, bioquímicos, hematolóxicos, inmunolóxicos e microbiolóxicos en mostras de sangue.

– Realización dunha análise física, química e microbiolóxica de augas e alimentos.

– Resolución de supostos de exploración radiolóxica.

– Elaboración de próteses completas, parciais acrílicas e metálicas, seguindo as indicacións da prescrición.

• Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

Cada unha das opcións de proba consistirá na realización de dúas ou máis prácticas que, pola súa vez, poderán constar de varias partes, entre as seguintes:

– Preparación de plans de coidados para pacientes.

– Preparación de plans de prevención de infeccións nosocomiais.

– Selección de material e posicións para unha determinada exploración ou instrumentación en consulta odontoestomatolóxica.

– Procesamento de mostras de anatomía patolóxica.

– Toma de mostras de alimentos e análise de determinación de características fisicoquímicas e microbiolóxicas.

– Aplicación de tratamentos fisicoquímicos de conservación, hixienización e rexeneración dun alimento.

– Tratamento de documentación sanitaria.

– Exploración de hixiene bucodental: metodoloxía e selección de material.

• Procesos Comerciais.

Cada unha das opcións de proba consistirá na resolución de exercicios e supostos, e/ou na realización de casos ou simulacións relacionados cos seguintes ámbitos:

– Investigación de mercados; técnicas de obtención da información, e de análise e tratamento estatístico dos datos.

– Realización de actividades de promoción do punto de venda.

– Planificación de actuacións de merchandising no establecemento comercial: promoción do produto, organización do punto de venda, comunicación e información.

– Definición e montaxe dun escaparate.

– Organización de campañas de promoción e publicidade.

– Organización, xestión e control do proceso de loxística comercial: almacenaxe e distribución nacional e internacional de mercadorías.

– Xestión de existencias e control de inventarios.

– Distribución do almacén, funcionamento e expedición de mercadorías.

– Análise, selección e cálculo de custos no transporte internacional de mercadorías.

– Definición de rutas de transporte internacional de mercadorías.

– Formalización da documentación de transporte e seguro no transporte nacional e internacional de mercadorías.

– Xestión administrativa das operacións de transporte de mercadorías e de viaxeiros/as.

– Organización do sistema informático e dos procedementos de protección da información.

– Mantemento operativo dos elementos informáticos; operatividade nun sistema de rede e nun sistema de teleproceso.

– Aplicacións informáticas para o procesamento de textos e a creación de documentos, follas de cálculo, bases de datos, xeración de presentacións gráficas e integración entre aplicacións e documentos.

– Transmisión e obtención de información a través da internet.

– Ferramentas de comercio electrónico, administración de páxinas web, tendas virtuais e sistemas de comunicación dixital.

– Planificación e deseño de medios e materiais publicitarios e informativos.

– Planificación e xestión do servizo de atención ás persoas consumidoras.

– Organización e xestión dos centros documentais: arquivos, bibliotecas e centros de documentación.

• Servizos de Restauración.

Cada unha das opcións de proba consistirá na realización de dúas ou máis prácticas que, pola súa vez, poderán constar de varias partes, entre as seguintes:

– Planificación dos recursos humanos e materiais necesarios para un determinado servizo.

– Montaxe de diferentes servizos; presentación dun prato de distribución e xustificación.

– Realización de operacións de servizos en diferentes modalidades.

– Preparación e presentación de bebidas, e realización da ficha técnica de elaboración.

– Avaliación e descrición, por medio da degustación, das características dunha bebida alcohólica, as súas condicións de conservación e o seu servizo.

– Elaboración dun prato á vista da clientela.

– Proposta de menús para casos específicos.

Corpo de mestres

O exercicio práctico a que fai referencia a base 13.3.1 da presente orde de convocatoria versará nas especialidades do corpo de mestres sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

• Educación Infantil.

1. Etapas máis significativas no desenvolvemento do neno de 0 a 6 anos.

2. Correntes pedagóxicas e psicolóxicas e influencia na educación infantil.

3. Conceptos básicos que debe dominar o neno, previos á lecto-escritura.

4. Metodoloxía sobre a prelectura e a preescritura.

5. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

• Lingua estranxeira: Inglés.

Versará sobre a lectura comprensiva dun texto neste idioma con preguntas e respostas por escrito referidas ao texto.

• Lingua estranxeira: Francés.

Versará sobre a lectura comprensiva dun texto neste idioma con preguntas e respostas por escrito referidas ao texto.

• Educación Física.

Resolución dun ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal. Estes supostos versarán sobre o temario e/ou sobre os bloques dos contidos da educación física na educación primaria.

• Música.

Constará de dúas partes:

a) Escrita, que deberá incluír:

1. Composición dunha peza vocal e instrumental para utilizar na aula, sobre un texto dado polo tribunal.

2. Composición libre dunha peza musical, xustificando a súa adaptación ao estado madurativo do alumnado.

3. Análise dun fragmento musical de tipo folclórico.

b) De interpretación:

4. Lectura dun fragmento musical seleccionado polo tribunal.

5. Interpretación, coa voz ou cun instrumento achegado polo persoal opositor, dun fragmento musical sobre unha partitura seleccionada polo tribunal.

• Pedagoxía Terapéutica.

1. Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

2. Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

3. Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares e ampliación e desenvolvemento destas.

4. Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

5. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

• Audición e Linguaxe.

1. Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

2. Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

3. Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares e ampliación e desenvolvemento destas.

4. Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

5. Bases anatómicas, fisiolóxicas e neurolóxicas da linguaxe.

6. A estimulación precoz na adquisición e desenvolvemento da linguaxe.

7. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

8. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

• Educación Primaria.

1. Diferentes aspectos das programacións didácticas de educación primaria e a súa aplicación na aula.

2. Titoría, orientación e medidas de atención á diversidade.

3. Incorporación das TIC na programación didáctica da aula para fomentar o desenvolvemento da competencia dixital.

4. Proxecto lector do centro: actuacións para a biblioteca de centro, biblioteca de aula, propostas de animación á lectura, fomento da escritura.

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

• Inglés.

A partir dunha audición na lingua pola que se oposita proposta polo tribunal:

– Resumo da información que contén.

– Resposta ás cuestións que o tribunal formule ao respecto.

A partir dun texto escrito en prosa actual de carácter non exclusivamente literario proposto polo tribunal:

– Análise do texto tendo en conta: tipo e xénero textual, funcións comunicativas (principais e secundarias) e recursos estilísticos.

– Resposta ás cuestións que o tribunal formule ao respecto.

Unha tradución inversa dun texto actual literario ou xornalístico e unha tradución directa dun texto actual literario ou xornalístico proposto polo tribunal.

missing image file

ANEXO VII

Código especialidade

Especialidade

Titulación concordante

004

Lingua Castelá e Literatura

Licenciatura en:

– Filoloxía Románica.

– Filoloxía Hispánica.

– Lingüística e ter cursado Lingua Española e Literatura Española.

– Teoría da Literatura e Literatura Comparada e ter cursado Lingua Española e Literatura Española.

– Filosofía e Letras, sección Filoloxía Hispánica.

– Filosofía e Letras, sección Filoloxía Románica.

Títulos de grao correspondentes.

005

Xeografía e Historia

Licenciatura en:

– Xeografía.

– Historia.

– Historia da Arte.

– Humanidades.

– Antropoloxía Social e Cultural.

– Filosofía e Letras, sección Xeografía e Historia.

– Historia e Ciencias da Música.

Títulos de grao correspondentes.

006

Matemáticas

Licenciatura en:

– Matemáticas.

– Informática.

– Física.

– Ciencias e Técnicas Estatísticas.

Enxeñaría Superior.

Arquitectura.

Títulos de grao correspondentes.

007

Física e Química

Licenciatura en:

– Física.

– Química.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

Enxeñaría en:

– Química.

– Aeronáutica.

– Industrial.

– de Telecomunicación.

– de Camiños, Canais e Portos.

– Naval e Oceánica.

Títulos de grao correspondentes.

008

Bioloxía e Xeoloxía

Licenciatura en:

– Ciencias Biolóxicas.

– Ciencias Xeolóxicas.

– Bioloxía

– Xeoloxía.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencias do Mar.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

– Farmacia

– Veterinaria.

Enxeñaría:

– Agrónoma.

– de Minas.

– de Montes.

Títulos de grao correspondentes.

011

Inglés

Licenciatura en:

– Filoloxía Inglesa.

– Tradución e Interpretación, sempre que se cursase inglés como primeira lingua estranxeira.

– Lingüística, sempre que se cursase inglés como primeira lingua estranxeira.

Títulos de grao correspondentes.

018

Orientación Educativa

Licenciatura en:

– Psicoloxía.

– Pedagoxía.

– Filosofía e Ciencias da Educación, sección Psicoloxía ou Ciencias da Educación ou Pedagoxía.

– Filosofía e Letras, Sección Pedagoxía ou Psicoloxía.

– Psicopedagoxía.

Títulos de grao correspondentes.

019

Tecnoloxía

Enxeñaría.

Arquitectura.

Enxeñaría Técnica.

Arquitectura Técnica.

Licenciatura en:

– Ciencias (sección Físicas).

– Ciencias Físicas.

– Física.

– Ciencias Químicas.

– Química.

– Marina Civil.

– Máquinas Navais.

– Náutica e Transporte Marítimo.

– Radioelectrónica Naval.

– Ciencias do Mar.

Diplomatura en:

– Máquinas Navais.

– Navegación Marítima.

– Radioelectrónica Naval.

Grao en:

– Enxeñaría.

– Física.

– Química.

– Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.

– Arquitectura.

– Arquitectura Técnica.

– Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto.

– Óptica e Optometría.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencias do Mar.

053

Lingua Galega e Literatura

Licenciatura en Filoloxía Galega.

Licenciatura en Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-Portugués.

Títulos de grao correspondentes.

108

Intervención Sociocomunitaria

Licenciatura en:

– Pedagoxía.

– Psicoloxía.

– Psicopedagoxía.

– Socioloxía.

– Antropoloxía Social e Cultural.

Diplomatura en:

– Educación Social.

– Traballo Social.

– Mestre, en todas as especialidades.

Grao en:

– Terapia Ocupacional.

– Logopedia.

– Socioloxía.

– Psicoloxía.

– Educación Social.

– Pedagoxía.

– Traballo Social.

– Educación Infantil.

– Educación Primaria.

110

Organización e Xestión Comercial

Licenciatura en:

– Administración e Dirección de Empresas.

– Ciencias Empresariais.

– Economía.

– Ciencias Económicas e Empresariais.

– Ciencias Actuariais e Financeiras.

– Dereito.

– Investigación e Técnicas de Mercado.

– Publicidade e Relacións Públicas.

Diplomatura en:

– Ciencias Empresariais.

Grao en:

– Xestión en Pequenas e Medianas Empresas.

– Comercio.

– Consultoría e Xestión da Información.

– Administración e Dirección de Empresas.

– Dereito.

– Economía.

– Ciencias Empresariais.

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

Arquitectura.

Enxeñaría:

– Industrial.

– Aeronáutica.

– de Telecomunicación.

– Naval e Oceánica.

– Agrónoma.

– de Minas.

– Xeolóxica.

Licenciatura en Máquinas Navais.

Diplomatura en Máquinas Navais.

Enxeñaría Técnica:

– Industrial, en todas as súas especialidades.

– Aeronáutica, en todas as súas especialidades.

– Obras Públicas, en todas as súas especialidades.

– de Telecomunicación, en todas as súas especialidades.

– Naval, en todas as súas especialidades.

– Agrícola, en todas as súas especialidades.

– de Minas, en todas as súas especialidades.

Grado en Enxeñaría:

– Electrónica Industrial e Automática.

– Eléctrica.

– Propulsión e Servizos do Buque.

– Tecnoloxías Industrias.

– Mariña.

– Mecánica.

– Agrícola e do Medio Rural.

– Civil.

– Industrias Agroalimentarias.

– Procesos Químicos Industriais.

– Química.

– Agraria.

– Enerxía.

– Tecnoloxías de Telecomunicación.

– Química Industrial.

– Naval e Oceánica.

Grao en:

– Arquitectura.

– Arquitectura Naval.

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

Licenciatura en:

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Bioquímica.

– Química.

– Ciencias Ambientais.

– Odontoloxía.

– Veterinaria.

Grao en Enxeñaría:

– Procesos Químicos Industriais.

– Química.

Grao en:

– Terapia Ocupacional.

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Veterinaria.

– Química.

118

Procesos Sanitarios

Licenciatura en:

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

– Odontoloxía.

– Veterinaria.

Diplomatura en Enfermaría.

Grao en:

– Terapia ocupacional.

– Enfermaría.

– Medicina.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Veterinaria.

125

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

Licenciatura en:

– Física.

– Radioelectrónica Naval.

Enxeñaría:

– Aeronáutica.

– Automática e Electrónica Industrial.

– Electrónica.

– Industrial.

– Minas.

– Naval e Oceánica.

– Telecomunicación.

Diplomatura en Radioelectrónica Naval.

Enxeñaría Técnica en:

– Aeronáutica, especialidade en Aeronavegación.

– Informática de Sistemas.

– Industrial, especialidade en Electricidade.

– Industrial, especialidade en Electrónica Industrial.

– Telecomunicacións, en todas as súas especialidades.

Grao en Enxeñaría:

– Informática.

– Electrónica Industrial e Automática.

– Eléctrica.

– Tecnoloxías Industriais.

– Mecánica.

– Enerxía.

– Tecnoloxías de Telecomunicación.

Grao en Física.

ANEXO VIII
Corpo de profesores de ensino secundario

Especialidades

Titulacións

Tecnoloxía

Enxeñaría Técnica.

Arquitectura Técnica.

Diplomatura en Máquinas Navais.

Diplomatura en Navegación Marítima.

Diplomatura en Radioelectrónica Naval.

Intervención Sociocomunitaria

Mestre/a, en todas as sús especialidades.

Diplomatura en Educación Social.

Diplomatura en Traballo Social.

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

Diplomatura en Máquinas Navais.

Enxeñaría Técnica Areonáutica, en todas as súas especialidades.

Enxeñaría Técnica Industrial, en todas as súas especialidades.

Enxeñaría Técnica en Telecomunicación, en todas as súas especialidades.

Enxeñaría Técnica en Obras Públicas, en todas as súas especialidades.

Enxeñaría Técnica Naval, en todas as súas especialidades.

Enxeñaría Técnica Agrícola, en todas as súas especialidades.

Enxeñaría Técnica de Minas, en todas as súas especialidades.

Organización e Xestión Comercial

Diplomatura en Ciencias Empresariais.

Procesos Sanitarios

Diplomatura en Enfermaría.

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos.

Diplomatura en Radioelectrónica Naval.

Enxeñaría Técnica Areonáutica, especialidade de Aeronavegación.

Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas.

Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Electricidade, especialidade en Electrónica Industrial.

Enxeñaría Técnica en Telecomunicación, en todas as súas especialidades.

NOTA. As titulacións indicadas corresponden ao Catálogo de títulos universitarios Oficiais e ás sucesivas incorporacións a este. Tamén son equivalentes para os efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro)

ANEXO IX

Especialidades

Titulacións

Estética

Técnico superior en Estética.

Técnico especialista en Estética.

Técnico superior en Estética Integral e Benestar.

Servizos de Restauración

Técnico superior en Restauración.

Técnico especialista en Hostalaría.

Técnico superior en Dirección de Servizos de Restauración.

ANEXO X
RÚBRICA DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN – A (PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA)

Corpo:

Especialidade:

Data:

Hora:

Tribunal nº:

Nome:

Membro:

P

V1

V2

V3

V4

A. Contextualización da programación/contribución ao desenvolvemento das competencias clave.

Non hai.

Mínima referencia á materia dentro do currículo ou a un centro.

Xustifica a inclusión da materia no currículo sen referirse a ningún centro en concreto.

Xustifica a inclusión da materia no currículo; ademais refírese a un centro en concreto e refire a contribución ás competencias.

Xustifica a inclusión da materia no currículo, refírese a un centro e mostra situacións reais sobre as que deben existir actuacións por parte do docente e concreta competencias clave.

B. Coherencia entre obxectivos, contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe.

Non hai coherencia. Limítase a copiar os obxectivos, contidos e criterios do DCB/decreto.

Hai indicios de coherencia entre os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación e os estándares.

Hai coherencia entre os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e estándares e atópanse detallados nas unidades didácticas.

C. Procedementos, criterios e instrumentos de cualificación.

Non hai.

Referencias anecdóticas a procedementos de avaliación.

Referencias anecdóticas a procedementos de avaliación e a criterios de cualificación.

Diferencia os procedementos e os instrumentos de avaliación dos estándares, presentados dun modo moi xenérico.

Referencias claras a procedementos de avaliación, instrumentos de avaliación dos estándares, concreción dos criterios de cualificación (ou indicadores/rúbricas) e definición de mínimos para a cualificación positiva.

D. Metodoloxía, actividades, recursos e temporalización.

Non hai.

Hai e son moi xerais e/ou xenéricas.

A metodoloxía fai referencia a diversos métodos e uso de materiais e relaciónase cos obxectivos e contidos das unidades didácticas pero non é correcto o tempo estimado para o curso.

A metodoloxía fai referencias concretas a diversos métodos e uso de materiais, relaciónase cos obxectivos e contidos das unidades didácticas e coas competencias e están temporalizadas de xeito correcto.

A metodoloxía é precisa e variada, hai uso variado de materiais, atópase desagregada por unidades didácticas, relaciónanse cos obxectivos e contidos das unidades, e cos estándares. As actividades están ben temporalizadas.

E. Medidas de atención á diversidade e ao ACNEAE e NEE.

Non hai.

Hai, pero con referencias moi xenéricas (presenta alumnado tipo para xustificar).

Hai, pero non diferencia entre atención á diversidade, ACNEAE, alumnado con materias pendentes e alumnado con NEE e non veñen desagregadas nas unidades didácticas. Propón proba de avaliación inicial.

Propón avaliación inicial e diferencia os tipos de atención. Fai referencias concretas a diversas situacións, desagregadas nas UD.

Propón avaliación inicial e propón actividades de seguimento para atender os distintos tipos de atención (RE, NEAE, repetidores, pendentes, ACIS…), ten referencias concretas a diversas situacións, desagregada por unidades didácticas e hai actividades especificamente deseñadas.

F. Outras epígrafes: plan lector, transversalidade, actividades complementarias e extraescolares.

Non hai.

Existe plan lector, e elementos transversais moi xenéricos.

Existe plan lector desenvolvido con lecturas e elementos transversais concretados para o curso. Constan ACE.

Existe plan lector desenvolvido con lecturas, elementos transversais concretados para o curso, así como en cada unidade.

Existe plan lector desenvolvido con lecturas, temporalización e avaliación, elementos transversais en cada unidade e avaliación en cada unidade e referencia á proposta de ACE.

G. Avaliación da programación.

Non hai.

Hai, pero moi xenérica.

Hai, pero centrada só nos resultados académicos.

Hai, e céntrase nos obxectivos e procesos de ensino/aprendizaxe.

Hai, céntrase nos obxectivos e procesos de ensino/aprendizaxe e prevé a participación do alumnado.

Hai mecanismos de revisión, avaliación e modificación da PD en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.

H. Calidade da defensa/exposición oral.

Claridade expositiva (linguaxe xestual incluída). Fluidez. Mantén contacto visual.

Estrutura da defensa e control do tempo. Responde con solvencia ás preguntas do tribunal.

Grao de interiorización da PD. Dominio e credibilidade transmitida. Personalización e concreción desta xustificando na realidade concreta do propio centro.

Utilización do documento, guión e materiais (anexos) unicamente como soporte (non lectura destes).

Adecuación á normativa en vigor.

PUNTUACIÓN TOTAL

RÚBRICA DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN – B (UNIDADE DIDÁCTICA)

Corpo:

Especialidade:

Data:

Hora:

Tribunal nº:

Nome:

Membro:

P

V1

V2

V3

V4

A. Coherencia entre os obxectivos, contidos, estándares e criterios de cualificación e indicadores.

Non hai coherencia. Limítase a copiar os obxectivos, contidos e criterios do DCB/decreto.

Ten obxectivos, contidos, criterios e estándares, pero sen adaptarse ao curso e/ou características do alumnado. Existe pouca coherencia entre eses elementos.

Son suficientes, ben formulados, hai coherencia entre os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación e os estándares, pero non concreta mínimos nin indicadores nin considera a diversidade do alumnado

Son suficientes e completos, están ben formulados, son coherentes entre si, definen mínimos e indicadores, teñen en conta a diversidade do alumnado e atópanse detallados e totalmente relacionados coas actividades.

B. Metodoloxía, actividades e temporalización.

Non hai ou as referencias son moi xerais ou xenéricas.

Ten metodoloxía, pero as actividades non son coherentes coa metodoloxía, cos obxectivos e os contidos e estándares, aínda que están temporalizadas.

Ten unha metodoloxía clara, é coherente. As actividades son apropiadas para o curso e a temporalización é correcta.

Ten unha metodoloxía clara e variada. Existe coherencia cos obxectivos, contidos, estándares e criterios de cualificación. As actividades son apropiadas para o curso e a temporalización é correcta.

Ten unha metodoloxía clara e variada. Existe coherencia cos obxectivos, contidos, estándares e criterios de cualificación. As actividades son apropiadas para o curso e a temporalización é correcta. Ademais, existen actividades propias para alumnos con NEE e/ou necesidades específicas de apoio educativo.

C. Medidas de atención á diversidade e ACNEAE e NEE.

Non hai.

Hai, pero con referencias moi xenéricas (presenta un alumnado tipo para xustificar).

Hai, pero non diferencia os tipos de atención á diversidade, ACNEAE e NEE e aparecen desenvolvidas na unidade didáctica.

Diferencia os tipos de atención e fai referencias concretas a diversas situacións pero as actividades non son as axeitadas.

Diferencia os tipos de atención, ten referencias concretas a diversas situacións e conta con actividades especificamente deseñadas.

D. Procedementos e instrumentos de avaliación.

Non hai ou son insuficientes. Non diferencia entre procedementos e instrumentos.

Diferencia entre procedementos e instrumentos pero non son coherentes coa formulación dos obxectivos e/ou contidos, estándares, criterios de avaliación e cualificación e actividades.

Diferencia entre procedementos e instrumentos. Presenta variedade de instrumentos de avaliación e son coherentes cos obxectivos, contidos, estándares e criterios de cualificación e actividades propostos.

Diferencia entre procedementos e instrumentos. Presenta variedade de instrumentos de avaliación, son coherentes cos obxectivos, contidos, estándares e criterios de cualificación e actividades propostos e teñen en conta a diversidade.

Diferencia entre procedementos e instrumentos. Presenta variedade de instrumentos de avaliación, son coherentes cos obxectivos, contidos, estándares e criterios de cualificación e actividades propostos, están adaptados á diversidade do alumnado, prevén medidas de recuperación/reforzo e teñen en conta as situacións de apoio educativo e NEE.

E. Calidade da defensa/exposición oral.

Claridade expositiva (linguaxe xestual incluída). Fluidez. Mantén contacto visual.

Estrutura da defensa e control do tempo. Responde con solvencia as preguntas do tribunal.

Grao de interiorización da UD. Dominio e credibilidade transmitida. Personalización e concreción desta, xustificándoa na realidade concreta do propio centro.

Utilización do documento, guión e materiais (anexos) unicamente como soporte (non lectura destes).

Adecuación á normativa en vigor.

CUALIFICACIÓN TOTAL

CUALIFICACIÓN TOTAL DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN

PARTE

Cualificacións

Ponderación

Resultado

GLOBAL

A – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

X 0,4

B – UNIDADE DIDÁCTICA

X 0,6

ANEXO XI
RÚBRICA DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN – A (PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA)

Corpo:

591

Especialidade:

Data:

Hora:

Tribunal nº:

Nome:

Membro:

P

V1

V2

V3

V4

A. Concreción do currículo en relación coa súa adecuación ás características do ámbito produtivo.

Non hai.

Describe a importancia do módulo dentro do ciclo formativo.

Describe a importancia do módulo dentro do ciclo formativo e refírese a un centro educativo en concreto.

Describe a importancia do módulo dentro do ciclo formativo refírese a un centro educativo en concreto e ao ámbito produtivo.

Describe a importancia do módulo dentro do ciclo formativo, refírese a un centro educativo en concreto e ao ámbito produtivo. Describe situacións reais sobre as que deban existir actuacións por parte do docente.

B. Relación de unidades didácticas, secuencia e temporalización.

Non hai coherencia na distribución do currículo en unidades didácticas.

Hai algún indicio de coherencia na distribución do currículo en unidades didácticas.

Hai coherencia na distribución do currículo en unidades didácticas.

Hai coherencia na distribución do currículo en unidades didácticas, e as duracións e descricións das unidades didácticas son axeitadas.

Hai coherencia na distribución do currículo en unidades didácticas, e as duracións e descricións das unidades didácticas son axeitadas. Crea subcriterios de avaliación, subcontidos, etc.

C. Actividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación.

Non hai coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas.

Hai algún indicio de coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas.

Hai coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas.

Hai coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas. As duracións, descricións e obxectivos específicos das actividades son axeitados.

Hai coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas. As duracións, descricións e obxectivos específicos das actividades son axeitados. Crea subcriterios de avaliación, subcontidos, etc. para a especificación das actividades ou os instrumentos de avaliación aplicables en cada actividade.

D. Relación de tarefas de cada actividade, recursos e resultados ou produtos.

Non hai tarefas de alumnado, profesorado ou avaliación.

Hai tarefas e son moi xerais ou xenéricas.

Hai tarefas e son moi xerais ou xenéricas. Especifica os recursos e resultados ou produtos da actividade.

Hai tarefas de profesorado/alumnado/avaliación ben detalladas e axustadas ao currículo establecido para esa actividade.

Hai tarefas de profesorado/alumnado/avaliación ben detalladas e axustadas ao currículo establecido para esa actividade. Especifica os recursos e resultados ou produtos da actividade.

E. Criterios de cualificación e avaliación positiva.

Non hai instrumentos de avaliación asociados aos criterios de avaliación.

Hai instrumentos de avaliación asociados aos criterios de avaliación, pero non son os axeitados.

Os instrumentos de avaliación son axeitados aos criterios de avaliación. Indícanse os criterios de avaliación mínimos exixibles e o seu peso na unidade didáctica.

Os instrumentos de avaliación son axeitados aos criterios de avaliación. Indícanse os criterios de avaliación mínimos exixibles e o seu peso na unidade didáctica. Os criterios de cualificación e avaliación positiva son xenéricos e non se corresponden cos instrumentos indicados por cada criterio de avaliación.

Os instrumentos de avaliación son axeitados aos criterios de avaliación. Indícanse os criterios de avaliación mínimos exixibles e o seu peso na unidade didáctica. Os criterios de cualificación e avaliación positiva están detallados e correspóndense cos instrumentos indicados por cada criterio de avaliación.

F. Procedementos para a recuperación das partes non superadas e para a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de avaliación continua.

Non hai.

Existe, de xeito xenérico, un procedemento para definir as actividades de recuperación ou ben un procedemento para definir a proba extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua.

Existe, de xeito xenérico, un procedemento para definir as actividades de recuperación e un procedemento para definir a proba extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua.

Existe, de xeito detallado, un procedemento para definir as actividades de recuperación ou ben un procedemento para definir a proba extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua.

Existe, de xeito detallado, un procedemento para definir as actividades de recuperación e un procedemento para definir a proba extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua.

G. Procedemento sobre o seguimento da programación e a avaliación da propia práctica docente.

Non hai

Hai, pero moi xenérica.

Hai, pero centrada só nos resultados académicos.

Hai e céntrase nos obxectivos e procesos de ensino e aprendizaxe.

Hai, céntrase nos obxectivos e procesos de ensino e aprendizaxe e prevé a participación do alumnado.

Hai mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.

H. Medidas de atención á diversidade.

Non hai.

Hai un procedemento para a realización da avaliación inicial e/ou medidas de reforzo educativo moi xerais.

Hai un procedemento para a realización da avaliación inicial. Hai medidas de reforzo educativo, pero con referencias moi xenéricas. Indica un exemplo dun/dunha alumno/a que precisa medidas de atención.

Hai un procedemento para a realización da avaliación inicial. Hai medidas de reforzo educativo. Indica un exemplo dun/dunha alumno/a que precisa medidas de atención. Propón actividades de seguimento para atender os distintos tipos de atención.

Hai un procedemento para a realización da avaliación inicial. Hai medidas de reforzo educativo. Indica un exemplo dun/dunha alumno/a que precisa medidas de atención. Propón actividades de seguimento para atender os distintos tipos de atención. Hai actividades especificamente deseñadas para este alumnado.

I. Aspectos transversais.

Non hai.

Existe unha programación da educación en valores ou actividades complementarias e extraescolares.

Existe unha programación da educación en valores e actividades complementarias e extraescolares.

Existe unha programación da educación en valores e actividades complementarias e extraescolares. Trátanse aspectos sobre: igualdade de xénero, prevención de riscos laborais, ambiente, etc.

Existe unha programación da educación en valores e actividades complementarias e extraescolares. Trátanse aspectos sobre: igualdade de xénero, prevención de riscos laborais, ambiente, etc. Existe ademais unha coordinación con outros módulos profesionais do ciclo formativo.

J. Medidas de atención á diversidade.

Claridade expositiva (linguaxe xestual incluída). Fluidez.

Estrutura da defensa e control do tempo.

Grao de interiorización da PD. Dominio e credibilidade transmitida. Personalización e concreción desta xustificando na realidade concreta do propio centro.

Mantén contacto ocular.

Utiliza o documento escrito unicamente como soporte (como axuda e non de base).

Ilustración da exposición con material e recursos pertinentes. (Anexos).

PUNTUACIÓN TOTAL DA PARTE A DA SEGUNDA PROBA

RÚBRICA DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN – B (UNIDADE DIDÁCTICA)

Corpo:

591

Especialidade:

Data:

Hora:

Tribunal nº:

Nome:

Membro:

P

V1

V2

V3

V4

A. Coherencia entre os resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos asociados á unidade didáctica.

Non hai coherencia entre os elementos curriculares especificados para esa unidade didáctica.

Hai algún indicio de coherencia entre os elementos curriculares especificados para esa unidade didáctica.

Hai coherencia entre os elementos curriculares especificados para esa unidade didáctica.

Hai coherencia entre os elementos curriculares especificados para esa unidade didáctica, e a duración e descrición da unidade didáctica son axeitados.

Hai coherencia entre os elementos curriculares especificados para esa unidade didáctica, e a duración e descrición da unidade didáctica son axeitados. Crea subcriterios de avaliación, subcontidos, etc. para un maior detalle do currículo a tratar na unidade didáctica.

B. Coherencia entre os resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos asociados ás actividades.

Non hai coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas.

Hai algún indicio de coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas.

Hai coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas.

Hai coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas. As duracións, descricións e obxectivos específicos das actividades son axeitados.

Hai coherencia entre a distribución dos elementos curriculares asociados á unidade didáctica e as actividades definidas. As duracións, descricións e obxectivos específicos das actividades son axeitados. Crea subcriterios de avaliación, subcontidos, etc. para a especificación das actividades ou os instrumentos de avaliación aplicables en cada actividade.

C. Relación de tarefas de cada actividade, recursos e resultados ou produtos.

Non hai tarefas de alumnado, profesorado ou avaliación.

Hai tarefas e son moi xerais ou xenéricas.

Hai tarefas e son moi xerais ou xenéricas. Especifica os recursos e resultados ou produtos da actividade.

Hai tarefas de profesorado/alumnado/avaliación ben detalladas e axustadas ao currículo establecido para esa actividade.

Hai tarefas de profesorado/alumnado/avaliación ben detalladas e axustadas ao currículo establecido para esa actividade. Especifica os recursos e resultados ou produtos da actividade.

D. Avaliación.

Non hai instrumentos de avaliación asociados aos criterios de avaliación.

Hai instrumentos de avaliación asociados aos criterios de avaliación, pero non son os axeitados.

Hai instrumentos de avaliación asociados aos criterios de avaliación, en xeral son os axeitados.

Os instrumentos de avaliación son axeitados aos criterios de avaliación. Indícanse os criterios de avaliación mínimos exixibles e o seu peso na unidade didáctica.

Os instrumentos de avaliación son axeitados aos criterios de avaliación. Indícanse os criterios de avaliación mínimos exixibles e o seu peso na unidade didáctica. Crea subcriterios de avaliación para aplicar varios instrumentos de avaliación para un criterio de avaliación dado.

E. Defensa da unidade didáctica.

Claridade expositiva (linguaxe xestual incluída). Fluidez. Mantén contacto ocular.

Estrutura da defensa e control do tempo.

Grao de interiorización da PD. Dominio e credibilidade transmitida. Personalización e concreción desta xustificando na realidade concreta do propio centro.

Ilustración da exposición con material e recursos pertinentes (anexos).

Referencia á normativa actualizada.

CUALIFICACIÓN TOTAL DA PARTE B DA SEGUNDA PROBA

CUALIFICACIÓN TOTAL DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN

PARTE

Cualificacións

Ponderación

Resultado

GLOBAL

A – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

X 0,4

B – UNIDADE DIDÁCTICA

X 0,6

ANEXO XII
RÚBRICA DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN – A (PLAN DE ORIENTACIÓN)

Corpo:

590

Especialidade:

Orientación educativa (018)

Data:

Hora:

Tribunal nº:

Nome:

Membro:

P

V1

V2

V3

V4

A. Xustificación baseada no contexto.

– Concepto de orientación educativa.

– Definición do plan de orientación.

– Análise do contexto: referida ao propio centro e aos adscritos: etapas educativas, alumnado, profesorado, recursos (internos e externos ...).

– Ámbitos de actuación do plan de orientación: plan de acción titorial, plan de atención á diversidade, plan de orientación académica e profesional.

– Relación do plan de orientación cos documentos do centro (PE, PXAD, Plan de convivencia, PAT ...) e cos programas ou protocolos.

– Concepto de orientación escasamente definido.

– Definición incompleta do plan de orientación.

– As características do contexto/centro/alumnado/familia son moi globais e/ou escasas.

– Non relaciona ou faino escasamente o plan de orientación cos documentos/plans/programas/protocolos do centro.

– Os conceptos definidos e as características son imprecisas ou inexistentes.

– As referencias aos documentos/plans/programas/protocolos do centro son escasas ou inexistentes.

Total

B. Identificación de necesidades.

– Identifica e determina as necesidades relacionadas co alumnado, profesorado, familias, centros adscritos e contexto.

– A identificación de necesidades realízase para cada ámbito de intervención: plan de acción titorial, plan de atención á diversidade, plan de orientación académica e profesional.

– Só identifica as necesidades de forma global e/ou sen atender aos ámbitos de intervención.

– Non identifica as necesidades ou faino de forma vaga e imprecisa e sen especificar os ámbitos de intervención.

Total

C. Obxectivos xerais e específicos.

– Establece os obxectivos xerais e específicos do plan de orientación.

– Os obxectivos son coherentes coas necesidades detectadas.

– Os obxectivos fan referencia ao alumnado, profesorado, centro e contexto.

– Os obxectivos están ben formulados e inclúen os tres ámbitos de actuación: plan de acción titorial, plan de atención á diversidade, plan de orientación académica e profesional.

– Os obxectivos xerais e específicos están relacionados de forma vaga e imprecisa coas necesidades detectadas.

– Os obxectivos xerais e específicos están relacionados de forma imprecisa co alumnado, profesorado, centro e contexto.

– Os obxectivos xerais e específicos están escasamente relacionados cos tres ámbitos de intervención.

– Os obxectivos xerais e específicos non están relacionados coas necesidades detectadas nin cos ámbitos de intervención do plan de orientación.

Total

D. Planificación xeral e definición das liñas de actuación prioritarias.

– Planificación xeral coherente coas necesidades detectadas e cos obxectivos formulados.

– Vinculación cos plans, protocolos, proxectos e programas que se desenvolven no centro.

– Concreción das liñas de actuación prioritarias, acordes coas necesidades detectadas e cos obxectivos propostos.

– Contidos acordes cos obxectivos propostos e coa planificación xeral e as actuacións prioritarias.

– Actividades referidas aos ámbitos do plan de orientación: plan de acción titorial, plan de atención á diversidade, plan de orientación académica e profesional.

– Recursos: humanos, materiais e organizativos (internos e externos).

– Temporalización das actuacións planificadas.

– Programas preventivos e/ou específicos de intervención ben fundamentados e desenvolvidos.

– A planificación xeral é pouco coherente coas necesidades e cos obxectivos.

– Escasa vinculación cos protocolos, proxectos ou programas do centro.

– Escasa concordancia dos contidos coa planificación xeral e as actuacións prioritarias.

– Actividades pouco relacionadas cos ámbitos do plan de orientación.

– Escasa referencia aos recursos e á temporalización.

– Escasa referencia a programas preventivos e aos programas específicos de intervención.

– Falta de planificación xeral ou de coherencia coas necesidades e cos obxectivos.

– Falta de vinculación cos plans, protocolos e proxectos do centro.

– Falta de contidos ou de concordancia destes cos obxectivos propostos, coa planificación xeral e coas actuacións prioritarias.

– Ausencia de actividades ou falta de relación destas cos ámbitos do plan de orientación.

– Falta de referencia aos recursos empregados e á temporalización das actuacións.

– Ausencia de referencias a programas preventivos e/ou específicos de intervención.

Total

E. Estratexias de intervención.

– Estratexias de intervención coherentes coa planificación xeral e coas liñas de actuación prioritarias:

• Como xefe/a do DO.

• Co profesorado, equipo directivo, órganos de goberno e de coordinación docente, persoal non docente …

• Co alumnado e coas familias.

• Cos centros adscritos.

• Cos servizos externos: EOE, servizos sanitarios, servizos sociais e outros

• Con outros recursos da contorna.

– Estratexias de intervención pouco coherentes coa planificación xeral e coas liñas de actuación prioritarias.

– Nomea as estratexias de intervención de forma incompleta e sen clasificación destas.

– Ausencia de estratexias de intervención ou sen coherencia coa planificación xeral e coas liñas de actuación prioritarias.

Total

F. Avaliación e propostas de mellora.

– Criterios de avaliación coherentes cos obxectivos e coas actuacións planificadas.

– Inclúe o seguimento e avaliación das actuacións planificadas.

– Inclúe as propostas de mellora das actuacións desenvolvidas.

– Os criterios de avaliación son pouco coherentes cos obxectivos e coas actuacións planificadas.

– Non inclúe ou están escasamente desenvolvidos o seguimento e avaliación das actuacións planificadas, así como as propostas de mellora.

– Os criterios de avaliación non existen ou non son coherentes cos obxectivos e coas actuacións planificadas.

– Non se inclúe o seguimento e avaliación, así como as propostas de mellora, ou son incoherentes cos obxectivos e coas liñas de actuación.

Total

G. Fundamentación teórica e científica.

– Fundamentación teórica e achegas da comunidade científica adecuadas e actualizadas.

– Bibliografía e webgrafía adecuadas e actualizadas.

– Escasa fundamentación teórica e achegas pouco actualizadas da comunidade científica.

– Escasa bibliografía e webgrafía ou pouco actualizada.

– Ausencia de fundamentación teórica actualizada.

– Ausencia de bibliografía e webgrafía actualizadas.

Total

H. Fundamentación legal.

– Fundamentación normativa abundante, actualizada e axeitada ao plan de orientación e aos programas de intervención.

– Fundamentación normativa escasa, pouco actualizada e pouco axeitada ao plan de orientación e aos programas de intervención.

– Fundamentación normativa moi escasa ou nula, obsoleta ou non axeitada ao plan de orientación e aos programas de intervención.

Total

I. Aspectos formais.

– O plan de orientación axústase ao establecido na convocatoria: extensión, tamaño, tipo de letra, espaciado ...

– Contén as diferentes epígrafes referidos na convocatoria.

– Presentación do documento: claridade, orde, limpeza ...

Total:

J. Exposición e defensa.

Estrutura da defensa e control do tempo. Visión clara e completa do plan de orientación. Toca todas as epígrafes.

Total

Selecciona contidos relevantes para a exposición.

Grao de interiorización do plan. Dominio e credibilidade transmitida. Personalización e concreción do plan na realidade concreta do propio centro.

Claridade expositiva (linguaxe xestual incluída). Fluidez. Contacto visual

Resposta apropiada no debate ás cuestións formuladas polo tribunal. Capacidade de dar resposta ás situacións que poidan xurdir.

Carácter innovador.

PUNTUACIÓN TOTAL DA PARTE A DA SEGUNDA PROBA

RÚBRICA DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN – B (PROGRAMA DE INTERVENCIÓN)

Corpo:

590

Especialidade:

Orientación educativa (018)

Data:

Hora:

Tribunal nº:

Nome:

Membro:

P

V1

V2

V3

V4

A. Xustificación baseada no contexto.

– O programa de intervención está ben contextualizado e é coherente co plan de orientación.

– Inclúe unha completa análise do centro, do contexto e dos recursos existentes (internos e externos).

– O programa de intervención está escasamente contextualizado.

– É pouco coherente co plan de orientación, co centro e co contexto.

– O programa de intervención non está contextualizado ou non é coherente co plan de orientación e cos recursos do centro e do contexto.

Total:

B. Identificación de necesidades.

– Identifica e determina adecuadamente as necesidades relacionadas co alumnado, profesorado, familias, centros adscritos e contexto.

– Identifica e determina de maneira incompleta ou pouco adecuada as necesidades do alumnado, do centro e do contexto.

– Non identifica nin determina minimamente as necesidades do alumnado, do centro e do contexto.

Total:

C. Obxectivos xerais e específicos.

– Os obxectivos do programa de intervención son coherentes coas necesidades detectadas, co centro e co contexto.

– Os obxectivos fan referencia ao alumnado, profesorado, centro e contexto.

– Os obxectivos están ben formulados e son realizables.

– Os obxectivos son pouco coherentes coas necesidades detectadas, co centro e co contexto.

– Os obxectivos non fan referencia a todos os membros da comunidade educativa e ao contexto.

– Os obxectivos non están ben formulados e son pouco realizables.

– Os obxectivos non son coherentes coas necesidades detectadas, co centro e co contexto.

– Os obxectivos non fan referencia aos membros da comunidade educativa e do contexto.

– Os obxectivos están mal formulados e non son realizables.

Total:

D. Contidos.

– Os contidos son acordes cos obxectivos e coas necesidades detectadas.

– Enmárcanse na normativa vixente e son apropiados para as actuacións, plans, protocolos, proxectos e programas planificados para o curso escolar.

– Son variados e responden a criterios epistemolóxicos, contextualizados e funcionais.

– O programa de intervención desenvolve contidos de forma global e están pouco relacionados cos obxectivos e coas necesidades detectadas.

– Só enumera contidos a nivel de alumnado, sen referencia ao resto da comunidade educativa e da contorna.

– Os contidos están escasamente desenvolvidos e sen estrutura clara.

Total:

E. Actividades, organización, coordinación e temporalización.

– As actividades son variadas, innovadoras e coherentes coas necesidades do alumnado, centro e contexto.

– Contribúen ao logro dos obxectivos e ao desenvolvemento das actuacións, plans, protocolos, proxectos e programas.

– Presentan unha adecuada secuenciación.

– Recolle a organización do horario/espazos de intervención.

– Formulan posibles agrupamentos.

– Incorporan a coordinación coa familia e cos servizos externos.

– A temporalización é axeitada ao programa de intervención.

– As actividades son variadas, pero están pouco axustadas ás necesidades do alumnado e ao programa de intervención.

– Non presenta unha secuenciación adecuada.

– A organización de horario e espazos é global.

– Non incorpora a coordinación coa familia e os servizos externos

– A temporalización está pouco axustada ao programa de intervención.

– As actividades son escasas e/ou xerais e non se axustan ao plan de intervención exposto.

– Non especifica a organización de horario nin de espazos

– Non fai referencia á participación dos servizos externos.

– Non especifica a temporalización ou esta é inapropiada.

Total:

F. Metodoloxía.

– Prevé estratexias e principios metodolóxicos axeitados ao programa.

– Expón algunha metodoloxía específica para o programa de intervención.

– Trátase dunha metodoloxía innovadora.

– A metodoloxía utilizada é inclusiva, colaborativa, competencial, normalizadora e atendendo á diversidade.

– Nomea estratexias metodolóxicas xerais, pouco adaptadas ás necesidades do alumnado, centro e contexto.

– As estratexias metodolóxicas empregadas son pouco innovadoras e non fomentan a inclusión e a aprendizaxe colaborativa.

– Nomea estratexias metodolóxicas descontextualizadas e sen concretar o seu desenvolvemento.

Total:

G. Recursos.

– Recursos humanos (internos e externos ao centro).

– Recursos materiais e tecnolóxicos.

– Recursos organizativos e funcionais (incluirase a coordinación entre profesionais).

– Nomea e concreta escasamente as funcións dos recursos humanos, materiais e organizativos.

– As referencias aos recursos son moi globais, sen establecer ningunha clasificación.

Total:

H. Avaliación e propostas de mellora.

– Os criterios de avaliación recollen axeitadamente o grao de cumprimento das actuacións, plans, protocolos, proxectos e programas desenvolvidos e a súa funcionalidade.

– Recolle procedementos e instrumentos de avaliación variados e adecuados ao programa.

– Recolle propostas de mellora axeitadas, coherentes e realistas.

– Só avalía o alumnado e/ou programa de intervención.

– Os procedementos/ instrumentos de avaliación son escasos e pouco desenvolvidos.

– Non recolle propostas de mellora do programa de intervención.

– Só fai referencia á avaliación do alumnado.

– Non fai referencia aos procedementos/instrumentos de avaliación

– Non inclúe propostas de mellora.

I. Outros.

Elementos achegados polo opositor non predicibles por parte do tribunal.

Total:

Claridade expositiva. Fluidez.

Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

Estrutura e control do tempo.

Personalización do programa de intervención enmarcándoo no plan de orientación e xustificándoo na realidade do centro e do contexto

Utilización do esquema/guión como soporte.

Ilustración con material, especialmente de elaboración propia.

PUNTUACIÓN TOTAL DA PARTE B DA SEGUNDA PROBA

OBSERVACIÓNS

CUALIFICACIÓN TOTAL DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN

PARTE

Cualificacións

Ponderación

Resultado

GLOBAL

A – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

X 0,4

B – PROGRAMA DE INTERVENCIÓN

X 0,6

ANEXO XIII
RÚBRICA DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN – A (PLAN DE APOIO)

Corpo:

597

Especialidade:

Data:

Hora:

Tribunal nº:

Nome:

Membro:

P

V1

V2

V3

V4

A. Contextualización/marco legal.

Definición do plan de apoio.

Definición NEAE (LOE/LOMCE).

Definición e clasificación de atención á diversidade (Decreto 229/2011).

Identifícanse as caractecterísticas do contexto, centro, alumnado e familias.

Nomea só algunhas das definicións e clasificacións anteriores.

As características do contexto/centro/alumnado/familia son moi globais e/ou escasas.

Os termos definidos e as características son imprecisas e globais.

Total:

Nomea as referencias normativas.

Incorpora protocolos e convenios facendo referencia ao seu contido.

Relaciona o plan de apoio cos documentos do centro (PE, PXAD, POE, PAT ...).

As referencias lexislativas son imprecisas ou escasas.

Non relaciona o plan de apoio cos documentos/plans do centro.

As referencias normativas son incorrectas e /ou escasas.

As referencias aos documentos/plans do centro son escasas ou inexistentes.

Total:

B. Identificación de necesidades.

Determina as necesidades relacionadas co contexto, centro, alumnado e familias.

Identifica as necesidades específicas do alumnado con NEAE.

Só determina as necesidades de forma global e non atendendo aos ámbitos.

Non establece as necesidades.

Total:

C. Obxectivos.

Establece os obxectivos xerais do plan de apoio con respecto ás necesidades detectadas (contexto/centro/alumnado).

Obxectivos xerais e específicos ben formulados e coherentes.

Os obxectivos xerais e específicos non os relaciona nin concreta para o contexto/centro/alumnado

Non establece os obxectivos nin a concreción para o centro/ alumnado/contexto.

Total:

D. Contidos.

Identifica e desenvolve os contidos, incidindo especialmente nas funcións e ámbitos de traballo do profesorado de PT/AL.

Están relacionados cos obxectivos e coas necesidades detectadas.

Os contidos son xerais e non os relaciona cos obxectivos, coas necesidades nin coas funcións do PT/AL.

As referencias aos contidos son escasas ou inexistentes.

Total:

E. Competencias clave.

Nomea as competencias clave e relaciónaas cos obxectivos/contidos do plan.

Só nomea as competencias clave

Non fai referencia ás competencias clave.

Total:

F. Recursos.

Inclúe:

– Funcións do PT/AL.

– Recursos humanos (internos/externos).

– Recursos materiais xenéricos e específicos.

– Recursos organizativos.

– Recursos externos ao centro.

– Organización da aula de PT/AL.

Nomea os recursos pero non os clasifica.

Os recursos son escasos.

Recolle brevemente as funcións do profesorado de PT/AL.

Os recursos son moi escasos e sen clasificar.

Non recolle as funcións do profesorado de PT/AL.

Total:

G. Metodoloxía e actividades.

Fai referencias aos principios metodolóxicos xerais.

Define unha metodoloxía específica concretando estratexias de ensino-aprendizaxe.

Establece medidas de atención á diversidade (ordinarias e extraordinarias).

Determina tipos de agrupamentos e contornas de traballo.

Describe actividades tipo.

Establece mecanismos de coordinación cos profesionais e servizos internos/externos.

Desenvolve esta epígrafe brevemente.

Os principios metodolóxicos son moi globais.

Fai referencias escasas á coordinación.

As actividades tipo son moi globais e breves.

Non fai referencia a principios metodolóxicos xerais

A metodoloxía é global.

As actividades son inexistentes.

Total:

H. Temporalización.

O plan de apoio concreta a temporalización.

Secuenciación de tarefas que se desenvolverán ao longo do curso escolar.

Deseño de programas, implementación, avaliacións, informes…

As mencións á temporalización no plan de apoio son escasas.

A secuenciación é imprecisa.

Non establece a temporalización nin a secuencia das tarefas dunha forma estruturada.

Total:

I. Avaliación.

Axeitada normativa de avaliación.

Avaliación do plan de apoio, a práctica docente e o proceso de ensino– aprendizaxe.

Criterios, instrumentos e procedementos de avaliación.

Propostas de mellora.

Memoria final de curso.

Nomea escasamente a normativa de avaliación.

Os criterios, procedementos e instrumentos de avaliación son escasos.

Non inclúe propostas de mellora na memoria final.

Non nomea a normativa de avaliacion

Os criterios, procedementos e instrumentos de avaliación son escasos.

Non existen propostas de mellora nin memoria final.

Total:

J. Programas de intervención.

Fai referencia ás características de cada programa e presenta programas variados de aplicabilidade na aula ordinaria, centro, aula de PT/AL ou unidade de educación especial, de ser o caso.

Resalta de cada programa os elementos esenciais.

Só describe programas dun só ámbito

Non fai referencia aos programas de intervención ou só os cita.

Total:

K. Bibliografía/webgrafía/conclusión.

Presenta unha bibliografía actualizada e acorde co plan de apoio.

Presenta unha webgrafía axeitada ao desenvolvemento do plan.

Presenta anexos claros, orixinais e adaptados ao desenvolvemento do plan.

Conclusión do plan

Total:

L. Exposición e defensa.

Estrutura da defensa e control do tempo. Visión clara e completa do que é un plan de apoio. Toca todas as epígrafes.

Total:

Selecciona contidos relevantes para a exposición.

Grao de interiorización do plan. Dominio e credibilidade transmitida. Personalización e concreción deste xustificado na realidade concreta do propio centro.

Claridade expositiva (linguaxe xestual incluída). Fluidez. Contacto visual

PUNTUACIÓN TOTAL DA PARTE A DA SEGUNDA PROBA:

RÚBRICA DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN – B (PROGRAMA DE INTERVENCIÓN)

Corpo:

Especialidade:

Data:

Hora:

Tribunal nº:

Nome:

Membro:

P

V1

V2

V3

V4

A. Contextualización.

Contextualiza a NEAE sobre informes iniciais, describe correctamente a alteración, relaciona co programa de intervención, resalta aspectos da súa situación persoal...

Contextualiza a NEAE con informes pero a súa descrición é incompleta.

Non fai referencia ao ámbito familiar nin ao contexto.

A contextualización non ten fundamentación en informes.

Non realiza a descrición da NEAE.

Total:

B. Identificación de necesidades.

Establece as necesidades en referencia a todas as dimensións relacionadas coa NEAE (perceptivo-motriz, comunicativo-lingüístico, cognitivo, socioafectivo).

Resalta a importancia da avaliación inicial de necesidades só en dúas dimensións.

As referencias á avaliación inicial e de necesidades da NEAE son incompletas e imprecisas.

Total

C. Obxectivos.

Formula obxectivos xerais e específicos a nivel de centro, aula e alumno/a en función das necesidades educativas detectadas.

Son coherentes e ben redactados.

Formula obxectivos xerais ou específicos só a nivel de alumno/a.

Formula obxectivos escasamente relacionados ou non relacionados directamente coa NEAE.

Total:

D. Contidos.

Desenvolve os contidos en relación directa cos obxectivos e cos ámbitos das necesidades educativas detectadas (contexto/centro/alumno)

Desenvolve contidos de forma moi global e non relacionados cos obxectivos e coas necesidades educativas detectadas.

Só nomea contidos a nivel de alumno/a.

Os contidos están escasamente desenvolvidos e sen unha estrutura clara.

Total:

E. Competencias clave.

Relaciona e argumenta as competencias clave que vaia desenvolver como eixe central da intervención co alumnado.

Só nomea as competencias clave.

Non fai referencia ás competencias clave.

Total:

F. Actividades.

Son variadas, innovadoras, específicas e axustadas á consecución dos obxectivos/contidos/competencias clave na intervención contexto/centro/alumno.

Presentan unha secuenciación clara e coherente.

Son variadas, globais e non se axustan ao plan de intervención do alumnado. Non fan referencia aos tres ámbitos de intervención (alumnado, centro, contexto).

Teñen unha secuenciación pouco coherente.

As actividades son escasas e/ou xerais e non se axustan ao plan de intervención exposto.

Total:

G. Metodoloxía.

Desenvolve aspectos xerais, principios e estratexias metodolóxicas.

Expón algunha metodoloxía específica axeitada para o caso de intervención.

Nomea estratexias metodolóxicas xerais-globais, pouco adaptadas ás necesidades do alumnado e ao programa de intervención.

Nomea algunha estratexia metodolóxica sen explicar o seu desenvolvemento.

Total:

H. Recursos.

Nomea, clasifica e exemplifica os recursos :

– Humanos (internos/externos).

– Materiais (funxibles, TIC, axudas técnicas,...).

– Organizativos.

Nomea e desenvolve dous tipos de recursos anteriores

(con exemplos).

A referencia aos recursos son moi globais, sen establecer ningunha clasificación.

Total:

I. Organización, coordinación e temporalización.

Expón e explica a resposta educativa/medidas de atención á diversidade fundamentadas.

Organización do horario/espazos de intervención.

Formula posibles agrupamentos.

Incorpora a coordinación coa familia e os servizos e recursos externos.

Nomea as medidas de atención á diversidade.

A organización de horario e espazos é global.

Incorpora de modo xeral a coordinación coa familia e os servizos e recursos externos.

Non establece as medidas de atención á diversidade ou faino de forma moi xeral e incompleta.

Non especifica horario nin espazos.

Non fai alusión á participación de servizos e recursos externos.

Total:

J. Avaliación.

Fai referencia á avaliación do alumnado, ao programa de intervención e á práctica docente.

Establece criterios de avaliación concretos e medibles facendo referencia aos estándares de aprendizaxe avaliables.

Establece os procedementos e instrumentos de avaliación axeitados (protocolos, rúbricas…).

Inclúe propostas de mellora.

Só avalía o alumnado e/ou programa de intervención.

Non fai referencia, ou faino escasamente, aos criterios de avaliación e aos estándares de aprendizaxe avaliables.

Os procedementos/ instrumentos de avaliación son escasos e pouco desenvolvidos.

Non fai referencia ás propostas de mellora.

Só avalía o alumnado.

Non fai referencia aos instrumentos/procedementos de avaliación.

Non fai referencia aos criterios de avaliación e aos estándares de aprendizaxe avaliables.

Non nomea propostas de mellora.

Total:

K. Outros.

Elementos achegados polo opositor.

Total:

Claridade expositiva. Fluidez.

Intensidade e prosodia utilizada no discurso.

Estrutura e control do tempo.

Personalización do programa de intervención enmarcándoo no plan de apoio e xustificándoo na realidade do centro e do contexto.

Utilización do documento/guión como soporte.

Ilustración con material, especialmente de elaboración propia.

PUNTUACIÓN TOTAL DA PARTE B DA SEGUNDA PROBA

OBSERVACIÓNS:

CUALIFICACIÓN TOTAL DA SEGUNDA PROBA DA FASE OPOSICIÓN

PARTE

Cualificacións

Ponderación

Resultado

GLOBAL

A – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

X 0,4

B – PROGRAMA DE INTERVENCIÓN

X 0,6