Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16624

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2018 do nomeamento para a provisión por promoción interna dun posto de administrativo.

No uso das facultades que me confire o Estatuto do persoal do Parlamento de Galicia, o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia e as bases da convocatoria para a provisión por promoción interna dun posto de administrativo do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Nomear o funcionario do Parlamento de Galicia Manuel Fernández Andrade, co DNI número 76507419N, titular do posto de administrativo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición, ante a Presidencia do Parlamento de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente