Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 16998

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (708/2016).

Procedemento ordinario 708/2016-M

Procedemento orixe: xuízo verbal 708/2016

Sobre patria potestade

Demandante: Carolina de Antonio Vila

Procuradora: María Dolores Corredoira Lidor

Avogada: Almudena Blanco Loures

Demandado: Anderson de Oliveira Galchin

«Sentenza

Xuíza que a dita: Ana Freire Calvo.

Lugar: Lugo.

Data: trinta de outubro de dous mil dezasete.

Procedemento: procedemento ordinario 708/2016.

Resolución

Estímase a demanda interposta por Carolina de Antonio Vila, representada pola procuradora María Dolores Corredoira Lidor contra Anderson de Oliveira Galchin, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal en defensa dos menores, realízanse os seguintes pronunciamentos:

Declara/acorda a privación da patria potestade a Anderson de Oliveira Galchin respecto dos seus fillos: Kalani, Pualani e Keoni de Oliveira de Antonio, e acórdase o outorgamento exclusivo do dereito ao exercicio da patria potestade á nai, Carolina de Antonio Vila, así como a inscrición da sentenza nos rexistros civís de nacemento dos fillos.

Sen imposición de custas.

Líbrese testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón, quedando o orixinal arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíquese esta ás partes e ao Ministerio Fiscal, coa advertencia de que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza no día da data pola xuíza en funcións de substitución que a subscribe en audiencia pública da que eu, secretario, dou fe.