Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 16997

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de febreiro de 2018 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, na categoría de técnico especialista de servizos xerais, grupo III.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 38, do 22 de febreiro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección.

A base 8.1 queda redactada:

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel en que se faga pública a relación definitiva coas persoas que superen o proceso selectivo, deberán presentar no rexistro xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada ou cotexada do título académico ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que capacitan para a obtención do título, xuntando o resgardo xustificativo de ter aboado os dereitos para a expedición do título; no caso de titulación obtida no estranxeiro, presentarase credencial da súa homologación ou equivalencia.

b) Informe médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectada/o por limitación física ou psíquica que sexa incompatible coas funcións da categoría, no caso de ter alegado unha discapacidade para os efectos previstos nestas bases.

Esta corrección de erros non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.