Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 16994

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2018 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala administrativa, subgrupo C1, en virtude de probas selectivas pola quenda de promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución reitoral do 5 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio), para ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, da USC, pola quenda de promoción interna, e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de acordo co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,

resolvo:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala administrativa da USC as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o antedito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela
Quenda de promoción interna

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

35474357P

González Porrúa, José Luis

2

44817587V

Vázquez Salgueiros, Álvaro

3

33262539P

Mato Cariño, María José

4

33343981F

Castro Pena, Isabel

5

33350862B

Rovira Casal, Bárbara

6

44834522R

González Fernández, Jacobo Manuel

7

44078090Q

Balea Cotos, Marta María

8

33272677A

Requeijo Rey, Mónica

9

33296836N

Domínguez González, Virginia

10

33275667A

Varela Señarís, Mercedes

11

33291552H

Regos Casal, María Mónica

12

33275040C

Otero Parga, María José

13

52934689M

Figueirido Rivas, Patricia

14

77595168E

Pernas Abad, Alejandra

15

33330843W

Iglesias Maseda, José Manuel

16

33280143V

Calvo Mata, María Teresa

17

52456285R

Fernández Boo, María Natividad

18

33290052J

Barcia Requeijo, Mónica

19

33294559N

Abelenda Pensado, María Sonia

20

33284318Y

García Ferreiro, María José

21

33558634R

Provost Arias, Sigrid Katia

22

33298961K

Salteiro Leis, Fátima

23

44822001S

Pazo Olivares, David