Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación LAT 220 kV subestación Serra das Penas/subestación Chantada (expediente 001/2007 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV subestación Serra das Penas-subestación Chantada, nos concellos de Chantada, Paradela e O Saviñao, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 10 de setembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 001/2007 AT (LAT 220 kV subestación Serra das Penas-subestación Chantada).

Entidade beneficiaria: Enel Green Power España, S.L.U.

Denominación da instalación: AT (LAT 220 kV subestación Serra das Penas-subestación Chantada).

Concello: O Saviñao.

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto

Incidencia

169

34

68

Ramiro López Juiz

Ausente na repartición

292

86

226

Herminia Quiroga Rodríguez

Ausente na repartición

350

87

391

Dolores Rodríguez González

Ausente na repartición