Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 11 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no marco do procedemento administrativo tramitado por esta entidade (expediente número 2017/291-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no marco do procedemento administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada ou o seu representante legal dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous anos, desde o seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 11 de outubro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2017/291-36.

Interesada: Cristina Casim.

NIE: *****587T.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 27 de xullo de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: deixar sen efecto a medida administrativa e o recurso.