De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no marco do procedemento administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada ou o seu representante dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Vigo, 11 de outubro de 2018
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº expediente: 2017/18-36.
Interesado: Hugo Norbey Cartagena Cantero.
NIE: *****657W.
Acto que se notifica: resolución administrativa do 3 de agosto de 2018.
Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa e recurso.