Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2019 Páx. 7825

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de aprobación inicial de modificación do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana, solo urbanizable industrial do Concello de Ribeira, por acordo do Pleno en sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 14 de decembro de 2018, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (www.riveira.es).

Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada pola presente modificación do Plan xeral de ordenación urbana.

A duración da suspensión é de dous (2) anos, aínda que se extinguirá de maneira automática cando se aprobe de maneira definitiva a modificación do plan xeral.

Ribeira, 17 de xaneiro de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde