Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2019 Páx. 7824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionario de carreira dun intendente e dun policía da Policía Local.

A concellería de goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante resolucións do 10 de decembro de 2018 e do 21 de decembro de 2018, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– José Manuel González Abal, DNI núm. 5247*****, para ocupar unha praza de intendente da Policía Local, da subescala de servizos especiais, escala executiva da Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

– Rodrigo Justel Iglesias, con DNI núm. *****493P, para ocupar unha praza de policía da Policía Local, da subescala de servizos especiais, escala básica da Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal