A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle das parcelas B4B01D e B4B01E do parque empresarial da Sionlla, segundo o proxecto reformado presentado o 5.2.2019 por Financiera Maderera, S.A., asinado polo equipo técnico IDOM Consulting.
Como condición para a aprobación definitiva engadirase un punto no cal se resuman as determinacións resultantes da ordenación proposta no estudo de detalle e incluirase a seguinte:
A edificación das parcelas haberá de cumprir os recuamentos que estableza a normativa aplicable do proxecto sectorial, de conformidade coa estrutura parcelaria existente no momento de solicitarse a correspondente licenza.
As parcelas localízanse nas rúas de Castela e León (número 63) e de Murcia (número 2), figurando no catastro coas referencias catastrais 1112802NH4511A0000IF e 1112801NH4511A0000XF, respectivamente.
b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu Regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.
Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do Patrimonio Cultural, en cumprimento do exixido polo artigo 34.2 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, así como o do organismo autónomo Augas de Galicia.
O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-das-parcelas-B4B01D-e-B4B01E-do-parque-empresarial-da-Sionlla/gl
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019
O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais