Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15342

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2019, polo que se declara municipio turístico galego o concello de Pantón, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 19 do Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, polo que se regula a declaración de municipio turístico, a Dirección da Axencia Turismo de Galicia dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de febreiro de 2019, que a seguir se transcribe:

«Declarar municipio turístico, de conformidade co establecido no Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, polo que se regula a declaración de municipio turístico ao concello de Pantón (Lugo)».

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia