Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Xoves, 21 de marzo de 2019 Páx. 15336

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo polo que se modifica o convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos.

Visto o acordo polo que se modifica o convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos (código 82000782012004), subscrito na xuntanza que tivo lugar o 7.2.2019, entre a dirección da empresa e a representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, esta Secretaría Xeral de Emprego,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta de modificación do convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial
da empresa Fundación Valdegodos

I

Reunidos

En Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense, sendo as doce horas do día sete de febreiro de dous mil dezanove, na sede social da empresa Fundación Valdegodos, rúa Manuel Pérez Barreiro 52, reúnense os membros da comisión negociadora do convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa (código do convenio 82000782012004), subscrito o 27 de decembro de 2010, entre a representación empresarial e a central sindical UGT (publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 31 de marzo de 2011).

Por parte dos representantes dos traballadores das seguintes residencias:

Residencia Virgen Milagros, Residencia de Ramirás, Residencia Os Pinos, Residencia La Natividad de María, Residencia de Quiroga, Residencia de Viana do Bolo e por outra banda, a representación da dirección da empresa

II

Manifestan

Que a representación da empresa Fundación Valdegodos reuniuse, o día 7 de febreiro de 2019, cos representantes dos traballadores de todos os centros, co compromiso das partes de modificar o convenio colectivo vixente no seguinte aspecto:

• Modificación das táboas salariais (anexo I) para trasladar o importe que consta nelas como complemento de transporte (11 mensualidades de 49,10 que totalizan un importe de 540,10 €/anuais) para engadilo ao importe actual de salario base, a razón de 38,58 € en cada unha das 14 mensualidades (que totalizan o mesmo importe de 540,10 €/anuais).

Os representantes dos traballadores, tras informar ao persoal dos respectivos centros, aceptan, por unanimidade a modificación do convenio colectivo proposta e no día de hoxe ambas as partes alcanzaron os seguintes acordos:

III

Acordo

Primeiro. Modificar as táboas salariais (anexo I) para trasladar o importe que consta nelas como plus de transporte (11 mensualidades de 49,10 que totalizan un importe de 540,10 €/anuais) para engadilo ao importe actual de salario base, a razón de 38,58 € en cada unha das 14 mensualidades (que totalizan o mesmo importe de 540,10 €/anuais).

Esta modificación salarial servirá para atender á mellora da competitividade e á vontade de ambas as partes de mellorar a empregabilidade dos traballadores e o mantemento de emprego.

Segundo. As partes autorizan expresamente ao comparecente Miguel Blanco Álvarez, para proceder a rexistrar o presente acordo no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lido o acordo e conforme co seu contido, estendéndose a presente acta, que asinan todos os intervenientes en Vilamartín de Valdeorras (Ourense) no lugar e na data ao principio indicados.