Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15638

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (14/2019).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 14/2019

Sobre outras materias

Demandante: Francisco Jiménez Jiménez

Procuradora: María Luisa Pérez Ucha

Avogado: Francisco Perea Fernández

Demandada: María de los Ángeles Giménez Giménez

Eu, José Antonio Romasanta Ageitos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC mediante este edicto emprázase a María de los Ángeles Giménez Giménez co fin de que compareza no xuízo expresado para contestar, no prazo de vinte días, por escrito a demanda promovida pola procuradora María Luisa Pérez Ucha, en nome e representación de Francisco Jiménez Jiménez, baixo apercibimento de ser declarada en situación de rebeldía procesual e notificada esta non levará a cabo ningunha outra, excepto a da resolución que poña fin ao proceso.

A comparecencia en xuízo debe realizarse por medio de procurador, coa asistencia de avogada.

A copia da demanda e documentos presentados atópanse nesta secretaría á súa disposición.

O Carballiño, 26 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza