Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36828

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2019 pola que se amplía o crédito dispoñible para os exercicios 2019 e 2020 das bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 7 de xaneiro de 2019, publicouse a Resolución do 10 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No punto cuarto da resolución establécense os créditos dispoñibles, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta o elevado número de solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria, cun notable incremento na base subvencionable solicitada e de proxectos que resultaron favorables tras o informe de todas as solicitudes, precísase un incremento de crédito para atender todas as que contan con informe favorable.

Permite o incremento de crédito a existencia de créditos incluídos no mesmo programa (Galicia Exporta Organismos Intermedios, Galicia Exporta Empresas e Foexga), de exercicio corrente e futuros, circunstancia recollida no artigo 30.2.b) do Decreto 11/2009.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliar en 651.695,27 €, para o exercicio 2019, e en 910.986,43 €, para o exercicio 2020, o crédito establecido na partida orzamentaria 09.A1.741A.7708, das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que queda establecido do seguinte xeito:

Partida orzamentaria

Orzamento 2019

Orzamento 2020

Total

09.A1.741A.7708

1.451.695,27 €

6.110.986,43 €

7.562.681,70 €

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica