Xunta de Galicia

A Xunta reforza a atención ás emerxencias no Deza coa entrega dun novo vehículo contra incendios na Estrada

O vicepresidente, Alfonso Rueda, fixo entrega dun vehículo de primeira saída aos servizos de emerxencia e GES estradenses

Está valorado en 250.000 euros e permite atender de xeito áxil e eficaz pequenos e medianos incendios tanto no contorno urbano como no periurbano ou rural
 

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta semana dun vehículo autobomba urbano lixeiro (BUL) aos servizos de emerxencia e GES da Estrada
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta semana dun vehículo autobomba urbano lixeiro (BUL) aos servizos de emerxencia e GES da Estrada

A Estrada (Pontevedra), 2 de abril de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta semana dun vehículo autobomba urbano lixeiro (BUL) aos servizos de emerxencia e GES da Estrada.

Na entrega estiveron tamén presentes o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz Iglesias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Por parte do Concello, estiveron o alcalde, José López Campos, e o coordinador xefe do Servizo de emerxencias e protección civil municipal, Carlos Failde.

A través da entrega deste tipo de materiais e equipamento específicos, a Xunta continúa a reforzar a capacidade de resposta dos servizos de emerxencia municipais e supramunicipais tanto na intervención como na xestión das situacións de risco.

Valorado en 250.000 euros
Neste caso, a través de Fondos FEDER, investíronse preto de 250.000 euros para a adquisición deste BUL, que é o tipo de vehículo que máis saídas realiza debido a que é un dos de maior polivalencia á hora de atender as emerxencias.

O BUL permite atender de xeito áxil e eficaz pequenos e medianos incendios tanto no entorno urbano como no periurbano ou rural, que é o que predomina no ámbito de actuacións dos servizos de emerxencias da Estrada, segundo indican as estatísticas do CAE 112 Galicia. Ademais, a súa polivalencia lle permite complementar con éxito a actuación dos servizos operativos na loita contra o lume no caso de incendios forestais.

O vehículo entregado conta con cabina dobre, equipo de excarceración completo e dúas cisternas de fibra con capacidade para 2.000 litros de auga e 150 litros de escumóxeno.

  • whatsapp