Actualidade
Buscador de novas
A Xunta mobiliza medios e recursos anticontaminación nos tramos fluviais afectados polo vertido de puríns dunha explotación en Tordoia
Tras recibir o aviso da rotura dunha balsa de xurros a pasada noite a través do 112, Augas de Galicia enviou ao persoal do Programa de control de vertidos para inspeccionar a zona e facer un seguimento que continúa hoxe coa toma de mostras e a realización de analíticas para detectar posibles afeccións
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética en instalacións municipais de Chantada
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que se concederon senllas axudas para instalacións de xeotermia na Biblioteca Municipal e no edificio da Policía Local
A Xunta lamenta que non houbese avances na xuntanza técnica de hoxe para axilizar o traspaso das competencias sobre as autorizacións iniciais de traballo e agarda que se resolva na próxima reunión
A transferencia sofre unha nova demora ao recoñecer o Goberno central que cometeu un erro na proposta presentada á comunidade autónoma
Villaverde defenderá ante o Goberno central unha PPC que permita renovar a frota e garanta un financiamento pesqueiro xusto para o sector
A Xunta apoia a referencia de, cando menos, 7.290 M€ para pesca e acuicultura no marco financeiro 2028-2034 e reclama que estes recursos sexan visibles, plurianuais e non poidan desviarse cara a outras políticas
Martina Aneiros destaca o apoio da Xunta á sostibilidade turística cunha nova convocatoria de 9 M€
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o restaurante Las Olas By Pantín ao que se lle concedeu unha achega autonómica de máis de 48.000 euros na última convocatoria
Máis de 40 investigadores participan na sesión formativa para optar ás axudas do Consello Europeo de Investigación
A Xunta e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) celebraron hoxe en Santiago o ERC Proposal Reading Day para orientar ao persoal investigador sobre as candidaturas ás axudas europeas máis prestixiosas