Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.677 novas:

22/07/2026 | 16:19 | C. do Mar

Villaverde asiste á poxa de bonito e pescada na lonxa de Burela e destaca a importancia de promocionar o consumo de peixe e a cultura mariñeira

A conselleira tamén asistiu á presentación da 40° edición da Feira do Bonito e á 24ª edición de Produart

22/07/2026 | 15:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia o XVII obradoiro dual de emprego da Mancomunidade do Salnés

Esta iniciativa formará a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de cociña e servizos de restaurante

22/07/2026 | 15:22 | C. de Sanidade

A Xunta dará por finalizada mañá a alerta por posibles efectos da calor na zona de Valdeorras

Nos vindeiros días espérase que a masa de aire cálido se vaia desprazando cara ao leste, sendo substituída por aire atlántico, máis fresco e húmido

22/07/2026 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta acompaña á mocidade galega do exterior no inicio da nova edición do programa ‘Conecta con Galicia no Camiño’

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata

22/07/2026 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 43.000 euros á modernización, dixitalización e mellora da seguridade da área de servizo de Ponte Ulla en Vedra

A delegada visitou unha das beneficiarias desta liña de axudas que serviu para a instalación de melloras asociadas ao pagamento e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo

22/07/2026 | 14:58 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta incrementa a capacidade aloxativa do turismo de interior coa apertura da Casa do Baño en Bande mentres Ourense medra un 7,9% en viaxeiros

O director de Turismo de Galicia inaugurou o novo establecemento, unha pensión de tres estrelas de titularidade municipal, con seis habitacións dobres e capacidade para 12 persoas

22/07/2026 | 14:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca a perspectiva “lúdica, social e educativa” duns campamentos que contan con 2.820 prazas na provincia da Coruña

Trátase dunha modalidade que ten capacidade para 8.050 nenos e nenas este verán en toda Galicia, 173 máis que o ano pasado

22/07/2026 | 14:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o investimento de máis de 42 M€ na mellora do saneamento e da depuración de Vilagarcía de Arousa que reforzará a protección ambiental da ría

Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é dotar o concello dun sistema máis moderno, eficiente e preparado para responder ás necesidades actuais e futuras de poboación