Actualidade
Buscador de novas
López Campos destaca o Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires “como un punto clave para reforzar a proxección exterior da lingua e cultura galegas”
Anima ao estudantado do centro arxentino “a aproveitar esta oportunidade de coñecer os valores que forman parte da nosa identidade”
A Xunta lanza a iniciativa ‘Circularidade do téxtil galego’ da man do sector para incidir na prevención en orixe destes residuos e mellorar a súa xestión
Ángeles Vázquez incide en que non se trata só de reciclar máis senón de adaptar tamén a produción e a forma de consumir produtos como a roupa e o calzado
A Xunta destinará 3,7 M€ a unha decena de propostas de concellos da provincia da Coruña para levar a cabo actuacións municipais de carácter estratéxico
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe as obras que se están a levar a cabo para reformar a Casa do Concello da Laracha e a súa contorna, ás que o Goberno galego destinou unha achega de máis de 556.300 euros na orde do ano pasado
A Xunta instala 34 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos ríos no concello de Redondela
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta defende a formación flexible e adaptada ás necesidades empresariais como un valor engadido a prol da inserción laboral dos colectivos prioritarios
José González subliña a traxectoria do Grupo Cuevas, que ten as súas orixes en 1867, a súa capacidade de adaptación aos cambios do mercado sen perder a súa esencia e a súa capacidade de xeración de emprego ligado ao territorio
A Xunta apoia con 60.000 € o desenvolvemento de seis novos proxectos en residencia artística no Gaiás
O director xeral de Cultura salienta a importancia da Cidade da Cultura como viveiro creativo polo que pasaron este ano máis de 100 artistas e 40 técnicos
A Xunta apoia a estrea de ‘O sangue das promesas: Incendios’, que abre a nova programación da Rede Galega De Teatros e Auditorios en Ourense
A coprodución de Sarabela Teatro e a compañía portuguesa A Escola da Noite ofrecerá tres funcións os días 17, 18 e 19 de setembro no Teatro Principal
Belén do Campo supervisa as obras de mellora do pavimento no pavillón municipal de Curtis que contaron cun apoio da Xunta de 35.000€ e a actuación de renovación do ximnasio que tamén se está acometendo co apoio do Goberno galego
A delegada da Xunta destacou que esta orde permite impulsar, este ano, actuacións en 32 concellos da provincia por un importe de máis de 1,1 millóns. Concretamente, na comarca de Betanzos a Xunta apoia 6 actuacións nos concellos de Curtis, Oza-Cesuras, Abegondo, Betanzos, Irixoa e Vilarmaior por un importe de case 192.000 euros
López Campos salienta o impulso da Xunta á arte contemporánea galega cunha nova programación de ‘Aberto26’ en galerías das catro provincias
O representante do Goberno galego destaca o “apoio clave” que supón a iniciativa de cara aos e ás creadoras e tamén para a actividade destas entidades de Galicia
A Xunta contribúe a situar o Festival Maré como punto de encontro en Santiago de Compostela de culturas e linguas
O comisario do Xacobeo 2027 presentou hoxe a cita que se celebra do 23 ao 27 de setembro e reúne artistas de máis de 16 países e representación de 12 linguas