Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.644 novas:

22/07/2026 | 11:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta alerta dun novo intento do Goberno Central de limitar os usos no litoral cunha reforma unilateral dos criterios para establecer a liña de deslinde

Advirte de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico pretende substituír a esixencia de que as ondas alcancen unha determinada cota de forma recorrente por un novo criterio baseado no rexistro dunha máxima onda nun momento concreto

22/07/2026 | 10:43 | C. de Sanidade

Allariz súmase hoxe á campaña de doazón de sangue “Un alento de vida”

O municipio ourensán acadou no 2025 un dos índices de participación máis elevados da provincia, obtendo unha taxa de 50 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

22/07/2026 | 10:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca máis de 9,4 M€ en axudas para o fomento do emprego mediante programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a edición de 2026 destes programas, que elevan o seu orzamento con respecto á convocatoria pasada para reforzar os servizos sociais

21/07/2026 | 19:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda pon a prolongación da autovía AG-59 como exemplo da aposta da Xunta na vertebración dunha Galicia con estradas máis seguras, cómodas e sostibles

Destaca que mañá abriranse ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo, tras un investimento de máis de 32 millóns de euros

21/07/2026 | 18:30 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta renova o seu apoio ao Mercado Medieval de Mondoñedo, que celebra a súa 34ª edición do 7 ao 9 de agosto

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destaca o papel deste festexo como reclamo turístico do verán no municipio

21/07/2026 | 16:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a Artesanía Alimentaria como unha das claves da estratexia galega de calidade diferenciada

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á primeira xornada Aula Aberta no Centro Tecnolóxico da Carne, centrada nos derivados cárnicos e dirixida recoñecer os produtos elaborados baixo este selo

21/07/2026 | 16:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima ao alumnado de Galemundo a “aproveitar ao máximo” a estadía este verán no estranxeiro para mellorar o seu nivel en idiomas

O conselleiro de Educación saúda no aeroporto Rosalía de Castro a un grupo dos 647 alumnos de Bacharelato que participan neste programa, a través do cal viaxan fóra de Galicia máis de 1.600 estudantes e docentes para ampliar a súa formación