O presidente da Xunta participou hoxe na XII Feira do Viño da D.O. Monterrei
Feijóo destaca o camiño trazado polo viño galego baseado na calidade, a innovación e a tradición como clave para que o sector siga avanzado

Lembra que a conxugación destes tres elementos permitiron a modernización do sector vitivinícola, capear o vendaval económico e saír reforzado da crise

Gaba o labor, a dedicación e os esforzo desenvolvidos polas 25 adegas da D.O. Monterrei para, cada ano, ir obtendo uns resultados excelentes en todas as variedades que se cultivan
 

Verín (Ourense), 11 de agosto de 2017
  • whatsapp

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o camiño trazado polo viño galego, baseado na combinación da calidade, a innovación e a tradición, como clave para que o sector agroalimentario galego siga avanzando.

Durante a celebración da XII Feira do Viño da D.O. Monterrei, Feijóo lembrou que a conxugación destes tres elementos permitiron a modernización do sector vitivinícola, capear o vendaval económico e saír reforzado da crise.

Neste sentido, gabou o labor, a dedicación e os esforzo desenvolvidos polas 25 adegas da Denominación de Orixe Monterrei para, cada ano, ir obtendo uns resultados excelentes en todas as variedades que se cultivan. Un traballo que, segundo salientou, cada vez é coñecido en máis lugares do mundo, grazas á aposta decida do sector pola internacionalización.

O presidente do Goberno galego aproveitou a súa intervención para dar a benvida á nova presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara da Silva, e desexarlle a mellor das sortes durante o seu mandato.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/08/2017