Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 36

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (159/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo de desafiuzamento número 159/1994, notifícaselle á demandada María del Carmen Andújar, a sentencia dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva-seguintes:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de desafiuzamento, seguidos neste xulgado, baixo o número 159/1994, entre partes, dunha como demandante, Antonio Asorey Salgueiro, maior de idade, casado, veciño desta cidade, con domicilio na Choupana nº 21, representado pola procuradora Esperanza Álvarez, e doutra, como demandados, María del Carmen Fernández Andújar e Antonio Varela Torrado, maiores de idade, veciños de Ames, con domicilio no Milladoiro, rúa Rosalía de Castro nº 78-1-F, sobre falta de pagamento da renda da vivenda.

Decido que, estimando a demanda formulada por Antonio Asorey Salgueiro, máis tarde representado pola procuradora Esperanza Álvarez, contra María del Carmen Fernández Andújar e Antonio Varela Torrado, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que, sobre a vivenda sita no piso 1º F do inmoble nº 78 da rúa Rosalía de Castro (O Milladoiro), concello de Ames, existe entre as partes, e consecuentemente debo declarar e declaro haber lugar ó desafiuzamento dos demandados da expresada vivenda, apercibíndoos de que se non a desaloxan dentro de termo legal serán lanzados dela e á súa custa, con expresa imposición das custas causadas ós ditos demandados.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendo saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de tres días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación á demandada María del Carmen Fernández Andújar, declarada en rebeldía, expido a presente para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o dous de setembro de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado