Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 42

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1994 pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de diverso material didáctico con destino á Facultade de Belas Artes de Pontevedra. (Expediente 39/1994).

Por unha Resolución do 20 de outubro de 1994 aprobouse un gasto de 139.262.125 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de diverso material didáctico con destino á Facultade de Belas Artes de Pontevedra (expediente 39/1994).

Anunciouse a concurso público a licitación do mencionado contrato no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado, no das Comunidades Europeas e máis na prensa rexional.

Cumpridos os trámites que en materia de concurso prevé a vixente Lei de contratos do Estado e o seu regulamento, así como os requisitos establecidos no prego das bases do concurso e demais lexislación vixente. Reunida a mesa de contratación na data 14 de decembro de 1994 e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e da valoración da comisión cualificadora,

Esta consellería resolveu:

Primeiro.-Adxudica-lo material antes mencionado da seguinte forma:

Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material rematará ó mes da comunicación.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas nas cláusulas 15 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Quinto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1994.

Juan Luis Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria