O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de granito Laxedo, situada nos lugares de San Cosme de Cusaca e outros, no termo municipal do Irixo, provincia de Ourense.
2.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Secretaría xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.
* Concello do Irixo.
3.-As alegacións formularanse durante o dito proxecto de quince días.
4.-Unha vez rematado o mencionado prazo remitirase o expediente, coas correspondentes alegacións, á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1994.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega do Medio
Ambiente

