Por medio da presente cédula, que se expide en méritos do acordado en resolución desta data, dictada nos autos de xuízo executivo número 393/1994, seguidos por instancia de Financiera Seat, S.A., representada polo procurador García Piccoli Atanes, contra María Luisa Costoya Castro, que tivo o seu domicilio na rúa República Argentina, nº 43, 5º B, desta cidade, e actualmente en paradoiro descoñecido para a parte demandante, cítase de remate a dita demandada, co fin de que dentro do termo de nove días compareza nos expresados autos por medio de avogado e procurador e se opoña á execución, se lle conviñer, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e segui-lo xuízo o seu curso sen a volver citar nin lle facer outras notificacións cás que determine a lei. Fáiselle saber que se procedeu á traba de embargo dos seus bens, sinalados pola parte actora, sen o previo requirimento de pagamento, por se descoñecer o seu paradoiro.
Dada en Santiago de Compostela, trinta de novembro de mil novecentos noventa e catro.
A secretaria
Rubricado

