Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dun C.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.
Lugar no que vai establece-la instalación: en Ribadetea-Urbanización A Freixa, concello de Ponteareas.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15/20 kV/380-220 V.
Orzamento: 3.298.624 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 14 de novembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

