Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.
Lugar no que vai establece-la instalación: en Freixa-Ribadetea, concello de Ponteareas.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: R.B.T. aérea, de 3.500 m de lonxitude, con conductores R.Z. e apoios de formigón.
Orzamento: 13.448.394 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na
Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 14 de novembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

