Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.
Lugar no que vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. Ponteareas-Xinzo ata o C.T. que se proxecta en Outeiriño-Arnoso, concello de Ponteareas.
Características principais: L.M.T. aérea, de 330 m de lonxitude, a 15/20 kV, con conductores LA-30 e apoios de formigón.
C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV/380-220 V.
R.B.T. aérea, de 1.500 m de lonxitude, con conductores RZ e apoios de formigón.
Orzamento: 9.949.870 pesetas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 14 de novembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

