En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, a declaración da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento, transcríbese de seguido a relación concreta e individualizada dos interesados cos que se considera cómpre a expropiación para a execución dos seguintes proxectos.
Liña eléctrica a 15/20 kV ó C.T. de Mosteiro, no concello de Vigo, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial de Industria, do 16 de outubro de 1993 (expediente nº 134/1991 A.T.).
Liña eléctrica a 15/20 kV, a subestación de Vilalonga derivación ó C.T. da Revolta, no concello de Sanxenxo, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial de Industria, do 24 de novembro de 1993 (expediente nº 62/1993 A.T.).
Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio, que terá lugar no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e nun diario local dos de maior circulación, así como ós interesados en igual prazo, ós que se lles efectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento. Para este efecto estará exposto o expediente, con proxecto da instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, Gran Vía, 76, en horas de oficina.
En todo caso os propietarios afectados poderán instar, a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.
Vigo, 15 de novembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

