Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Telefónica de España, S.A., rúa Rafael de Vega, 11-13, Lugo.
Finalidade: subministración eléctrica para reemisor, no concello de Palas de Rei.
Orixe da liña: L.M.T. a C.T. de Cuíña.
Final: C.T. de Ladeira de Castro.
Situación do transformador: Monte Ladeira de Castro.
Características: liña de media tensión, 20 kV, cunha lonxitude de 2.403 metros, conductores LA-56/54,6 mmAl, apoios de formigón e metálicos. Centro de transformación intemperie, apoio metálico, cunha potencia subterránea de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 30 metros de lonxitude, con conductores RV-95/50 mm Al.
Orzamento: 8.900.415 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.
Lugo, 22 de novembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

